Páginas

jueves, 2 de abril de 2020

RACHEMOS XUNTOS AS BARREIRAS POLO AUTISMO!

Xuntos podemos! Xuntos rachamos cada día as barreiras polo autismo!
Se queremos colaborar e facer visible esta diversidade aí vai a proposta, unha proposta SOSTIBLE que se relaciona cos ODS:

Rachemos barreiras organizativas, curriculares, sociais, comunicativas, físicas, sensoriais, cognitivas e as barreiras emocionais.
Precisamos continuar avanzando cara a  unha escola inclusiva, que integre a  convicción de que todos  e todas somos diferentes, diversos e podemos aprender  cando se artellan oportunidades e condicións axeitadas preñadas de igualdade, empatía, solidariedade, respecto, compromiso, implicación,...
Todo o alumnado ten dereito a unha educación inclusiva, equitativa e de calidade que promova as súas oportunidades de desenvolvemento persoal, social e laboral ao longo da vida. Para poder  facer frente a este desafío debe existir unha escola aberta, flexible e sen perxuicios,...  unha escola  onde sexa posible aprender a vivir e  convivir coa  igualdade  de oportunidades. 
Deixemos que sexan, deixemos que estean, deixemos que convivan!