Páginas

miércoles, 1 de abril de 2020

CALENDARIO COMPETENCIAL MES DE MAIO 2020




Xa estamos en maio!
E seguimos apostando polas aprendizaxes funcionais para a vida e pola integración de OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE, ODS, na vida cotiá.
Exemplos: separar os residuos, axudar a levar o lixo ao ocontenedor, deseñar actividades de lecer, realizar roteiros de senderismo pola zona, seleccionar libros para doalos a un mercadillo solidario, deseñar actividades corresponsabeis no fogar, identificar mulleres da familia, xogar a xogos populares, escoitar a radio e identificar cancións en inglés, facer rexistro de almorzos, crear cuñas publicitarias sobre un libro, unha película,...
Para o alumnado de E. Primaria algunhas propostas que fortalecen as aprendizaxes funcionais, esenciais e, sobre todo, nestes momentos en que o alumnado debe aprender no contexto familiar.:
-Facer unha colaxe coas fotos da familia en formato dixital e en papel.
-Pescudar sobre os seres vivos da zona agrupándoos en animais, fungos, plantas e facer un mapa mental ou titorial
-Crear un trivial coa aplicación Kahoot
-Indagar sobre paises de Europa
-Crear historias orais (sobre o que está acontecedendo)
-Buscar en rede experimentos sinxelos
-Crear Podcast sobre o patrimonio natural, cultural, un libro ou alimentación saudable
-Crear problemas da vida cotiá empregando operacións matemáticas,...
Ao mesmo tempo, ofertamos propostas de cine e de literatura para adultos e fillos-fillas.
E como cada mes visibilizamos unha MESTRA DE SEMPRE: MARGARITA SÁNCHEZ REBOREDO (Ponte Caldelas)