miércoles, 30 de junio de 2021

FILA CERO EN XUÑO: ESE CINE QUE NOS MIRA

 

Sempre existe un cine que nos mira.

Disfrutemos das historias de cine de Educación Infantil e Educación Primaria



Educación Secundaria e Cine para adultos



Agora solo temos que poñernos en situación e a vivir ou revivir as historias.

lunes, 14 de junio de 2021

ADULTOS LENDO, LENDO !

 



E as familias teñen que ler, deben ler pois as nenas e nenos serán grandes lectoras e lectores se teñen modelos adultos para imitar.

Propostas lectoras para adultos:



A ler! A disfrutar lendo! A imaxinar lendo! A vivir lendo! A crear lendo!

lunes, 7 de junio de 2021

LENDO, LENDO!

 

Sempre ler para soñar, para imaxinar, para rir, para lembrar, para aprender, para crear ...

As propostas lectoras para Educación Infantil van de ratos que viaxan, de mariposas e dragóns ou historias diferentes.




En Educación Primaria as propostas lectoras escritas por MULLERES viaxan a Malasia, cos unicornios, polas estrelas ou mesmamente aparecen uns peisadelos e SEMPRE historias para imaxinar.





Agora deberedes atopar ese recanto especial para ler, para ler en familia.

jueves, 3 de junio de 2021

COMPETENCIAS NA LOMLOE

 


Os contidos escolares de cada etapa educativa deben responder ás necesidades derivadas dun novo modo sostible promovido polas Nacións Unidas a través dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), Axenda 2030. Sendo máis precisos, necesitamos definir unha nova visión tanto dos contidos escolares como das competencias esenciais que nos permitan superar con garantías de éxito os retos e as esixencias propias dos novos modos de vida sostibles.

Non estamos a falar de simplificación do currículo senón de que os novos contidos dean resposta a unha sociedade do s. XXI e que teña en conta os profundos cambios culturais.

Debemos ter claro que tampouco se está a falar de incrementar contidos ao ter que integar os ODS senón de satisfacer as novas demandas culturais ou de cambios metodolóxicos para o logro dos aprendizaxes desexados.

Todo é máis complexo e de natureza diferente: Necesitamos avanzar na construcción dunhna nova síntese entre contidos escolares e competencias que poida contar coa estreita colaboración dos centros educativos. Esta nova síntese requerirá un traballo moi serio de integración curricular, pero, sobre todo, requerirá dun traballo moi serio e moi cuidadoso de todos os axentes educativos para alinear axeitadamente as súas decisións e as súas accións. Neste sentido, debemos ter moi presente que é a través do currículo como as sociedades identifican e agrupan as competencias requeridas en significativas experiencias de aprendizaxe, pertinentes e satisfactorias para todo o alumnado.

Por todo o anterior, a maioría de países emprenderon ou están no proceso de emprender reformas curriculares cara a enfoques basados nas competencias, que permiten a todos desenvolver  competencias para facer fronte aos desafíos actuais e futuros, o que -paralelamente- esixe que os currículos sexan sistemas de aprendizaxe permanente, capaces de renovarse e innovar constantemente.

As competencias son un novo tipo de aprendizaxe e este termo asociado de “competencias chave” utilízase como soporte para a resolución dun problema social recurrente: a selección dos aprendizaxes básicos que toda sociedade realiza, para que calquer persoa poida ser considerada unha persona educada.

Todos os cambios que se aveciñan e que aparecen reflectidos na LOMLOE (2020) están baseados no que o IBE (International Bureau of Education) da UNESCO. O IBE, con ubicación en Xenebra é a rama académica da UNESCO que promove que os sistemas educativos adopten currículos competenciais transformando a experiencia de aprendizaxe dos nenos e nenas para dar resposta aos grandes retos globais. A finalidade última do cambio curricular que se propón non é outra que transformar as experiencias de aprendizaxe nas aulas para que poidan contribuir a desenvolver modos de vida sostibles.

A paradoxa de toda educación é que tratamos de educar ás persoas para un futuro que en boa medida non coñecemos, de aí a dificultad de saber que tipo de experiencias merece a pena vivir na escola e fóra dela. Sabemos, eso sí, que a educación será sempre a ponte entre o presente e o futuro e que desempeñará un papel decisivo no logro  dun futuro mellor.

 Non sabemos con certeza como será o mundo en que vivirá o noso alumnado actual, pero si sabemos moi ben como nos gustaría que fose  e, en consonancia, temos o deber de preparalos para ese mundo, unha preparación que mire tanto ao presente como ao futuro, respondendo asi a dúas das metas dos ODS:

 

Meta 4.3. De aquí a 2030, asegurar el acceso igualitario de todos los hombres y las mujeres a una formación técnica, profesional y superior de calidad, incluida la enseñanza universitaria.

Meta 4.4. De aquí a 2030, aumentar considerablemente el número de jóvenes y adultos que tienen las competencias necesarias, en particular técnicas y profesionales, para acceder al empleo, el trabajo decente y el emprendimiento.

As competencias: algunhas propostas para a selección

A incorporación das competencias aos sistemas educativos dos países membros da Unión Europea, seguindo a recomendación do Parlamento Europeo e do Consello, de 18 de decembre de 2006, sobre as competencias clave para a aprendizaxe permanente [Diario Oficial L 394 de 30.12.2006]  é un gran reto, para os países europeos e para as Ciencias da Educación, que deben contribuir a xerar base de coñecemento que permita aos sistemas educativos resolver os problemas de entropía xerados polos cambios nos sistemas sociais.

No noso país, as competencias clave permaneceron como unha referencia constante nas dúas derradeiras leis educativas, ainda que con lixeiras modificacións na súa formulación do modelo curricular que lle proporcionaba o seu marco xeral. fan a súa aparición na Lei Orgánica de Educación (LOE, 2006) e se manteñen na Lei Orgánica 8/2013, de 9 de decembro, para a mellora da calidade (LOMCE).

Na nova Lei orgánica (LOMLOE 3/2020) non aparecen o nome das competencias clave, pero é moi probable que na elaboración dos novos Reais Decretos de ensinanzas mínimas se incorpore unha actualización do perfil competencial realizado pola Unión Europea no ano 2018:

 

Un camiño preñado de oportunidades e de novos retos se sitúan ante nós.

miércoles, 2 de junio de 2021

LENDO EN SECUNDARIA!

 

Para as propostas lectoras para o alumnado de Secundaria son historias escritas por mulleres que teñen premio e segredos sen esquecer un escarabello.





CALENDARIO COMPETENCIAL XUÑO 21

 





Chega o mes de xuño e mes de vacacións de verán.  
E, neste mes, máis que nunca é necesario que os fillos e fillas teñan momentos para seguir aprendendo en familia a través de propostas divertidas, insertadas no contexto, situadas no medio. Promoverán o saber facer tan reclamado na LOMLOE 3/2020.
En E. Infantil terán que realizar actividades relacionadas coa orde e recollida de roupa no tendal, describir obxectos que se empreguen na cociña e que teñan tres sílabas, identificar accións para poder axudar as demais persoas, planificar actividades corresponsables, identificar vogais e consoantes, cuñas publicitarias,  tempo pàra ler e familia ou para cociñar alimentos saudables.
En E.Primaria  as propostas xirarán en torno á creación de Podcast, Gravación de cancións tradicionais, creación de pósters dixitais con recomendacións de coidado do medio ambiente para colagar nas redes sociais,, recoller a mesar e axudar a lavar a louza, crear unha grella con tarefas corresponsables para cada membro da familia, deseñar menús saudables, buscar rutas en google e facer un plano, crear sudokus-crucigramas ...
Non podemos deixar pasar que este mes está adicado a unha sanitaria de O Rosal, XULIA SUÁREZ MARTÍNEZ.
A maiores teremos propostas de literatura Infantil e de adultos e, como non, propostas de cine.



jueves, 13 de mayo de 2021

ESTRATEXIAS PARA APRENDIZAXES EXISTOSOS

 


ESTRATEXIAS PARA APRENDER A TER MELLORES RESULTADOS ACADÉMICOS E/OU MELLORES APRENDIZAXES

Rematamos o segundo trimestre e para moitas familias as preguntas agólpanse:

-Como podo axudar para que teña mellores resultados?

-Se pasa tantas horas estudando e suspende, que facer?

-Como planificar exitosamente o tempo de estudio?

-Ainda hai tempo para remontar?

Os anteriores interrogantes  non teñen unha resposta única xa que debemos partir das seguintes premisas:

-Cada alumno-alumna é diferente

-Os resultados non óptimos son multicausais

-Non existen receitas de éxito  iguais para todos-todas

-Que sexan estudiantes non quere dicir que saiban estudiar

Fase inicial

Esta travesía debe iniciarse por coñecer o que pensan e senten os fillos e fillas sobre  os motivos polos que non obtiveron os resultados agardados e por establecer diálogos frecuentes co profesorado que aportará datos significativos (non sempre ofrecen un coñecemento exhaustivo do proceso de aprendizaxe realizado polo alumnado e establecen datos de examen e moitas conxeturas) sobre o que demanda do alumnado, os contidos desenvolvidos, as actividades requeridas ...

Seguirase identificando e visibilizando as fortalezas, potencialidades e debilidades dos fillos-fillas así como coñecer os seus intereses, motivacións, estilos de aprendizaxe, tipo de memoria, a capacidade atencional, as habilidades perceptivas, as intelixencias máis representativas (lingüítica-verbal, lóxica-matemática, coroporal-cinestésica, musical, creativa, viso-espacial, naturalista, intrapersoal, interpersoal e espiritual) e mesmo a metacognición (habilidade humana para ser capaces de pensar sobre como pensamos, como recordamos, como percibimos e como comprendemos).

O papel das familias debe ser o de incentivar, acompañar, estimular, guiar, animar e nunca xuzgar, vixiar ou inspeccionar pois a confianza mutua debe ser algo vivido e sentido.

Fase de deseño

-Establecer o lugar de estudio (non sempre o dormitorio é o espazo máis axeitado pois pode sentirse agobiado, aillado, desmotivado ...) atractivo, iluminado, limpo, ordenado, con boa temperatura, libre de distractores como o teléfono, tabletas, ordenadores (agás que se precisen para buscar información). Pero o ordenador pode estar nun lugar común do fogar para ser usado por todas as persoas da familia e con clave de wifi controlada polas persoas proxenitoras. No cuarto do neno-nena-adolescente non debe existir un televisor.

-Disfrutar das necesarias horas de sono xa que favorece a memoria e a concentración e sempre cun horario estable.  

-Ter unha alimentación saudable e variada con proteinas, carbohidratos, antioxidantes, ácidos grasos omega 3 ...

-Ter no espazo de estudio todos os recursos necesarios: folios, libros, libretas, marcadores, goma, afilalápiz, auga ...

-Promover e facer fincapé nunha boa hixiene postural

-Deseño dos tempos de estudio e de traballo regulares cada día e axustados ás idades (empezando por 10 minutos en E.I. , 10-15 minutos en1º de E.P. e incrementando este tempo por cada curso e, polo tanto, 60 minutos ao remate de 6º de E.P.). A concentración decae a partir dos 30-40 minutos cada 25 minutos polo que é necesario realizar un descanso de cinco minutos e retomar se fose necesario)

-Ter un cronograma/calendario/horario para rexistrar as materias e actividades a realizar cada día e o tempo adicado sabendo que as materias/áreas con maior dificultade deben repasarse todos os días.

-Todos os días realizarase un repaso do traballado na aula para ir adquirindo hábitos de traballo e de esforzo. Estes repasos poden gravarse en audio, poden contarse aos proxenitores, poden gravarse realizando un vídeo ... E sempre adicarlle un tempo á lectura

É importante reseñar que na Disposición adicional terceira no Decreto 105/2014 que establece o currículo da E.P. cando aborda as tarefas extraescolares (Deberes) explicita que "Os centros docentes poderán incluír dentro da súa programación xeral anual, segundo o marco de autonomía pedagóxica e organizativa, as pautas e/ou criterios xerais sobre o uso das tarefas extraescolares na etapa de educación primaria, de xeito que entronque co adecuado desenvolvemento das competencias clave do alumnado segundo os seus distintos procesos e ritmos de aprendizaxe, atendendo a un principio de progresividade ao longo da etapa educativa. No caso do seu establecemento, terase en conta un adecuado encaixe na vida das familias, de xeito que se facilite a participación activa das mesmas na aprendizaxe e a adecuada conciliación da vida persoal e familiar, con respecto aos tempos de lecer do alumnado. Ao tempo fomentarase a responsabilidade dos alumnos e alumnas na súa formación e a súa autonomía, en liña cunha cultura do esforzo e do traballo"

Fase de desenvolvemento

-Tomar a axenda do alumno-alumna e ver o que ten que facer, rexistrar no horario ou cronograma poñerse a realizalo

-Descubrir o estilo de aprendizaxe: Cada neno ou nena é diferente e, polo tanto, aprende de forma diversa e deben poñer en acción amáis diferentes modelos de pensamento e procesos cognitivos así como procesos psicolóxicos básicos como memoria, atención ou percepción que levan ao éxito nas asprendizaxes e sen esquecernos da motivación.

Os estilos de aprendizaxe ( Pellicer, 2017) son:

Activo: retén e comprende mellor a información despois de realizar algo no mundo exterior, aplicar esa información. Aprendizaxe por ensaio-erro.

Sensorial: prefire os feitos, datos concretos, específicos, experimentación detallada, métodos estandarizados e regulares pois leva mal as sorpresas que cambian o procedemento normal e asentado.

Visual: recorda mellor o que ve a través de gráficos, imaxes ... pois non lle chega coa información que recibe oralmente.

Verbal: Recorda o que escoita, o que repite e lé. Ten capacidade e habilidade para explicar a outras persoas.

Reflexivo: retén e comprende mellor a información despois de tomarse un tempo para pensar nela.

Cinestésico: necesita "facer" para aprender, realizar actividades táctis, producir cousas, moverse ao mesmo tempo que traballa, saír e cambiar de recursos frecuentemente.

Intuitivo: gusta das teorías, capta conceptos novos e os contidos repetitivos baseado en feitos non lle agradan. Relaciona o novo cos coñecementos e experiencias previas.

Dependente de campo: precisa percibir toda a situación antes de emezar a traballar. Gústalle traballar con outras persoas, é intuitivo e precisa de experiencias concretas e tanxibles para involucrase no traballo.

Independente de campo: alta motivación de logro, competitivo, gústalle traballar só-soa, é lóxico-a, analítico-a e manexa ben os conceptos abstractos.

Global: aprende de forma xeral, tarda máis tempo en estudiar e comprender doadamente  pero ao final e con perseverancia e tranquilidade chegará á consecución das aprendizaxes.

Secuencial: aprender cando os contidos se presentan cunha progresión lóxica e as aprendizaxes se van asentando nos xa adquiridos e van do máis sinxelo ao máis complexo.


lunes, 10 de mayo de 2021

O CINE QUE NOS MIRA!

 

En maio tamén temos ese cine que nos mira para facernos pensar e para facernos disfrutar do cine en familia.
As propostas cinéfilas son:
EDUCACIÓN INFANTIL E EDUCACIÓN PRIMARIA



EDUCACIÓN SECUNDARIA E ADULTOS




jueves, 6 de mayo de 2021

ORIENTACIÓNS METODOLÓXICAS PARA APRENDIZAXES COMPETENCIAIS

 



ORIENTACIÓNS PARA FACILITAR O DESENVOLVEMENTO DE ESTRATEXIAS METODOLÓXICAS ACTIVAS, DINÁMICAS, COMPETENCIAIS

Todo proceso de ensino-aprendizaxe debe partir dunha planificación rigorosa do que se pretende conseguir, tendo claro cales son os obxectivos ou metas, que recursos son necesarios, que métodos didácticos son os máis adecuados e como se avalía a aprendizaxe e se retroalimenta o proceso.

Os métodos didácticos débense elixir en función do que se sabe que é óptimo para alcanzar as metas propostas e en función dos condicionantes en que ten lugar o ensino. A natureza da materia, as condicións socioculturais, a dispoñibilidade de recursos e as características dos alumnos e alumnas condicionan o proceso de ensino-aprendizaxe, polo que será necesario que o método seguido polo profesor se axuste a estes condicionantes co fin de propiciar unha aprendizaxe competencial no alumnado. Os métodos deben partir da perspectiva do docente como orientador, promotor e facilitador do desenvolvemento competencial no alumnado; ademais, débense enfocar á realización de tarefas ou situacións-problema, formuladas cun obxectivo concreto, que o alumnado debe resolver facendo un uso adecuado dos distintos tipos de coñecementos, destrezas, actitudes e valores; así mesmo, deben ter en conta a atención á diversidade e o respecto polos distintos ritmos e estilos de aprendizaxe mediante prácticas de traballo individual e cooperativo. Ademais, é necesario secuenciar o ensino de tal modo que se parta de aprendizaxes máis simples para avanzar gradualmente cara a outras máis complexas. Un dos elementos clave no ensino por competencias é espertar e manter a motivación cara á aprendizaxe no alumnado, o que implica unha nova formulación do papel do alumno, activo e autónomo, consciente de ser o responsable da súa aprendizaxe.

 Os métodos docentes deberán favorecer a motivación por aprender nos alumnos e alumnas e, para tal fin, os profesores deben ser quen de xerar neles a curiosidade e a necesidade por adquirir os coñecementos, as destrezas e as actitudes e valores presentes nas competencias. Así mesmo, co propósito de manter a motivación por aprender, é necesario que os profesores procuren todo tipo de axudas para que os estudantes comprendan o que aprenden, saiban para que o aprenden e sexan quen de usar o aprendido en distintos contextos dentro e fóra da aula (...) en situacións reais (...) que xeren aprendizaxes máis transferibles e duradeiras. (Fonte: Orde ECD 65/2015)


lunes, 3 de mayo de 2021

LENDO EN MAIO!

 

O gusto pola lectura nace cando lemos en familia, cando descubrimos aventuras en familia, cando viaxamos a outros lugares en familia...

As propostas lectoras teñen como fío conductor a literatura escrita por mulleres.

Educación Infantil





Educación Primaria






Educación Secundaria




Deixádevos engaiolar polas palabras!