Exercicios lectoescritura fonenas /R/, /B/, /C/
RECOMENDACIÓNS
METODOLÓXICAS
·
Promover a creación dun banco temático
de palabras, de vocabulario relacionado cos proxectos ou UDIS empregando os
útiles de escritura e o ordenador.
·
Empregar a escritura para aprendizaxes
funcionais como enviar e-mail, cuñas,
lemas, inventar títulos ou novas, recetas,...
·
Traballar de forma contextualizada e
funcional propiedades cuantitativas e cualitativas
·
Propiciar a identificación da
separación entre palabras
·
Visibilizar a direccionalidade do
sistema de escritura e de lectura cando escribimos ou lemos contos.
·
Dinamizar o coñecemento da ortografía
comparando, analizando.
•
Propiciar a participación do alumnado para
que sexa o protagonista da súa aprendizaxe pero sempre ofrecendo modelos
creativos e funcionais.
•
Facilitar a opcionalidade da elección, a
diversificación curricular e a axuda pedagóxica
•
Partir dos coñecementos previos.
•
Comunicar e consensuar obxectivos e criterios
de avaliación.
•
Ter en conta intereses e motivacións do
alumnado.
•
Dinamizar aprendizaxes funcionais,
contextualizados e significativos.
•
Favorecer as interaccións e as aprendizaxes
cooperativas.
•
Facilitar intercambios de alumnado que estean
situados nunha mesma zona de desenvolvemento próximo (ZDP)
•
Avaliar tendo en conta os seus esforzos.
•
Provocar o conflicto cognitivo e o
desquilibrio para que poida existir aprendizaxe.
•
Crear espazos e tempos de síntese, para a
corrección individual e colectiva e que
se realice no momento.
•
Aproveitar os erros ofrecendo modelos e, ante
as preguntas do alumnado, as dúbidas,... non debemos dar directamente respostas
senón poñer ao alumnado en conflicto. Por ex. ti que porías?, onde podes
buscar?, a quen podemos preguntar? falta algo?, comprobamos se está ben escrito
asi?...pero NUNCA deixalo sen a posibilidade do desequilibrio, do conflicto
cognitivo.
•
Propiciar a autoestima
•
Favorecer o clima da clase
•
Todo o que se escriba e se lea debe ser
funcional, contextualizado: listas de nomes da clase, de obxectos, de receitas,
ingredientes, notas informativas, carteis, cartas, mensaxes, ...
•
Indicar gráficamente por onde debemos iniciar
a escritura e a lectura (direccionalidade de esquerda a dereita) como por
exemplo debuxar unha flecha no inicio da ficha ou do folio ir marcando co dedo
a direccionalidade do que se está a ler