Páginas

viernes, 26 de febrero de 2021

EXERCICIOS PARA A LECTOESCRITURA: FONEMAS /R/ /B/ /C/

 

Exercicios lectoescritura fonenas /R/, /B/, /C/

RECOMENDACIÓNS METODOLÓXICAS

·         Promover a creación dun banco temático de palabras, de vocabulario relacionado cos proxectos ou UDIS empregando os útiles de escritura e o ordenador.

·         Empregar a escritura para aprendizaxes funcionais  como enviar e-mail, cuñas, lemas, inventar títulos ou novas, recetas,...

·         Traballar de forma contextualizada e funcional propiedades cuantitativas e cualitativas

·         Propiciar a identificación da separación entre palabras

·         Visibilizar a direccionalidade do sistema de escritura e de lectura cando escribimos ou lemos contos.

·         Dinamizar o coñecemento da ortografía comparando, analizando.

       Propiciar a participación do alumnado para que sexa o protagonista da súa aprendizaxe pero sempre ofrecendo modelos creativos e funcionais.

       Facilitar a opcionalidade da elección, a diversificación curricular e a axuda pedagóxica

       Partir dos coñecementos previos.

       Comunicar e consensuar obxectivos e criterios de avaliación.

       Ter en conta intereses e motivacións do alumnado.

       Dinamizar aprendizaxes funcionais, contextualizados e significativos.

       Favorecer as interaccións e as aprendizaxes cooperativas.

       Facilitar intercambios de alumnado que estean situados nunha mesma zona de desenvolvemento próximo (ZDP)

       Avaliar tendo en conta os seus esforzos.

       Provocar o conflicto cognitivo e o desquilibrio para que poida existir aprendizaxe.

       Crear espazos e tempos de síntese, para a corrección  individual e colectiva e que se realice no momento.

       Aproveitar os erros ofrecendo modelos e, ante as preguntas do alumnado, as dúbidas,... non debemos dar directamente respostas senón poñer ao alumnado en conflicto. Por ex. ti que porías?, onde podes buscar?, a quen podemos preguntar? falta algo?, comprobamos se está ben escrito asi?...pero NUNCA deixalo sen a posibilidade do desequilibrio, do conflicto cognitivo.

       Propiciar a autoestima

       Favorecer o clima da clase

       Todo o que se escriba e se lea debe ser funcional, contextualizado: listas de nomes da clase, de obxectos, de receitas, ingredientes, notas informativas, carteis, cartas, mensaxes,  ...

       Indicar gráficamente por onde debemos iniciar a escritura e a lectura (direccionalidade de esquerda a dereita) como por exemplo debuxar unha flecha no inicio da ficha ou do folio ir marcando co dedo a direccionalidade do que se está a ler