viernes, 12 de febrero de 2021

EXERCICIOS PARA A LECTOESCRITURA: FONEMAS (T, Ñ)

 

EXERCICIOS FONEMA /T/, /Ñ/

A lectura e a escritura son dúas actividades complexas pero necesarias para acceder aos saberes e son procesos interpretativos a través dos cales constrúense significados; é dicir, ler e escribir son basicamente actividades coas que construímos e ampliamos o nosos coñecemento do mundo que nos arrodea.

A escritura pasa por diferentes etapas e momentos que dependen máis da tipoloxía de secuencias didácticas e de aprendizaxes que ofrezamos que do estadio evolutivo do alumnado e asi aparecerán grafismos primitivos e pseudoletras, diferencias cualitativas e cuantitativas entre letras e números, escrituras sen control de cantidade, escrituras fixas, escrituras diferenciadas na cantidade, orden, e variedade de letras, escrituras silábicas, escrituras silábico -alfabéticas, escrituras alfabéticas y ortográficas.

O mundo que rodea a nenos e nenas é un mundo gráfico onde ven obxectos reais, e representacións e signos diversos. A primeira diferenciación que establecerán refírese a distinguir entre os debuxos, por unha parte, e outros signos gráficos como letras, números, grafías diversas. En xeral, o alumnado de 4º de E.I. xa estableceu a diferencia entre debuxar e escribir.

Esixen un proceso cognitivo de elaboración de hipóteses, de mantemento e de resolución de inferencias. A lectoescritura ten un carácter marcadamente social e interactivo e constitúe un proceso global de construcción e interpretación de significados.

Debemos ter en conta que ler é comprender textos e escribir producir linguaxe escrita. Provocar aprendizaxes é ampliar as fronteiras do pensamento e a nosa ensinanza non será solo transmitir informacións senón axudar aos alumnos e alumnas a transformar as súas ideas pois unha aprendizaxe significativa é aquela que se incorpora a un pensamento e modifícao para melloralo.

Comprender e producir é pensar (saber, coñecer), realizar (saber facer), e facelo o mellor posible (saber ser). Ou, o que é o mesmo, desenvolver competencias en canto son coñecementos, valores-actitudes e habilidades e destrezas.

Escribir e ler son actividades para comunicarse. Para expresar ideas, sentimentos, opinións, sentimentos, fantasías, realidades.

Ambos procesos, a lectura e a escritura, deben abordarse de maneira global para garantizar o significado.

Ao alumnado debemos provocarlle as ganas de ler e de escribir e tendo como referente que tarefas fáciles fanse monótonas e aburridas e excesivamente complexas asustan e inhiben. Nenos e nenas deben sentirse capaces de abordar con éxito a tarefa proposta. A medida do éxito a da, especialmente, a resposta dos adultos ante o resultado do esforzo do neno-a. A motivación require de valoracións positivas e de estratexias para facelo mellor, para lograr novos retos, provocando o pracer de pensar, de pescudar, de comparar, de buscar solucións a problemas atopados, etc. O alumnado precisa modelos a imitar polo que debemos asulagar a aula con palabras, con frases e as diferentes secuencias didácticas relacionadas coa lectoescritura deben ter en conta os diferentes tipos de texto  que se establecen no currículo (enumerativos, informativos, literarios, expositivos, prescritivos) e sempre tendo a posibilidade de comparalos entre sí. Os nomes do alumnado, os nomes dos obxectos da aula, dos alimentos, dos animais, dos planetas,...deben estar integrados en listas (textos enumerativos), en receitas (textos prescritivos-instructivos), en notas,... As nenas e nenos de E.I. non poderán identificar as características e propiedades dun texto literario dialogado se non o compara cun texto literario poético ou cun texto informativo.

Cando deseñen menús ou recetas deberán anteriormente ter a posibilidade de pescudar na biblioteca, en diferentes restaurantes,...sobre estes tipos de textos para que poidan deseñar os seus propios menús ou recetas sabendo a súa estructura, a súa disposición, a súa funcionalidade. Pola contra,  se desexamos que o cartel  ou xornal sexan un recurso informativo deberemos poñer ao alumnado en disposición de poder analizar este tipo de textos para descubrir a súa funcionalidade e propiedades para logo deixar que os deseñen e creen. O mesmo acontece co proceso de creación de notas informativas, carteis, cartas,... que precisan da valoración, descubrimento da súa utilidade, do encabezamento, dos datos relevantes, da lonxitude axeitada,...

As intervencións dos docentes son necesarias para contribuir ao avance da aprendizaxe do sistema de escritura e da lectura. (Myriam Nemirovsky)