viernes, 19 de febrero de 2021

EXERCICIOS PARA A LECTOESCRITURA: FONEMAS (N, D, Z)

 


Exercicios fonema /n/, /d/, /z/

Competencia en Comunicación Lingüística:

A competencia en comunicación lingüística é o resultado da acción comunicativa  dentro de prácticas sociais determinadas, nas cales o individuo actúa con outros  interlocutores e a través de textos en múltiples modalidades, formatos e soportes. Estas  situacións e prácticas poden implicar o uso dunha ou de varias linguas, en diversos  ámbitos e de maneira individual ou colectiva. Para isto o individuo dispón do seu repertorio  plurilingüe, parcial, pero axustado ás experiencias comunicativas que experimenta ao  longo da vida. As linguas que utiliza puideron ter vías e tempos distintos de adquisición e  constituír, por tanto, experiencias de aprendizaxe de lingua materna ou de linguas  estranxeiras ou adicionais.

Esta visión da competencia en comunicación lingüística vinculada con prácticas sociais  determinadas ofrece unha imaxe do individuo como axente comunicativo que produce, e non  só recibe, mensaxes a través das linguas con distintas finalidades. Valorar a relevancia desta  afirmación na toma de decisións educativas supón optar por metodoloxías activas de  aprendizaxe (aprendizaxe baseada en tarefas e proxectos, en problemas, en retos, etcétera),  fronte a opcións metodolóxicas máis tradicionais.

Esta competencia precisa da interacción de distintas destrezas, xa que se produce en  múltiples modalidades de comunicación e en diferentes soportes. Desde a oralidade e a escritura até as formas máis sofisticadas de comunicación audiovisual ou mediada pola  tecnoloxía, o individuo participa dun complexo entramado de posibilidades comunicativas.

 

En resumo, para o adecuado desenvolvemento desta competencia resulta necesario  abordar a análise e a consideración dos distintos aspectos que interveñen nela, debido á  súa complexidade. Para isto, débese atender aos cinco compoñentes que a constitúen e  ás dimensións en que se concretan:

– O compoñente lingüístico comprende diversas dimensións: a léxica, a gramatical, a  semántica, a fonolóxica, a ortográfica e a ortoépica, entendida esta como a articulación  correcta do son a partir da representación gráfica da lingua.

– O compoñente pragmático-discursivo comprende tres dimensións: a sociolingüística  (vinculada coa adecuada produción e recepción de mensaxes en diferentes contextos  sociais); a pragmática (que inclúe as microfuncións comunicativas e os esquemas de  interacción), e a discursiva (que inclúe as macrofuncións textuais e as cuestións  relacionadas cos xéneros discursivos).

– O compoñente sociocultural inclúe dúas dimensións: a que se refire ao coñecemento  do mundo e a dimensión intercultural.

– O compoñente estratéxico permite ao individuo superar as dificultades e resolver  os problemas que xorden no acto comunicativo. Inclúe tanto destrezas e estratexias  comunicativas para a lectura, a escritura, a fala, a escoita e a conversa, como destrezas  vinculadas co tratamento da información, a lectura multimodal e a produción de textos  electrónicos en diferentes formatos; así mesmo, tamén forman parte deste compoñente  as estratexias xerais de carácter cognitivo, metacognitivo e socioafectivas que o individuo  utiliza para comunicarse eficazmente, aspectos fundamentais na aprendizaxe das linguas  estranxeiras.

O desenvolvemento desta competencia fai referencia ao emprego da linguaxe como instrumento de  comunicación oral e escrita, de representación, interpretación e comprensión da realidade, de construcción e comunicación do coñecemento e de organización  e autorregulación do pensamento, das emocións, e da conduta. Para acadar o desenvolvemento desta competencia fomentaremos e dinamizaremos a participación do alumnado, a toma de decisións empregando o consenso e o diálogo, respectando a diversidade de respostas, ofrecendo un clima que anime a ler, escribir e conversar.

PROCESOS QUE INTERVEÑEN NO PROCESO LECTO-ESCRITOR

De forma cotiá expoñemos que para ler e escribir o alumnado ten que estar ben lateralizado e co esquema corporal adquirido. Pero hoxe sábese que son moitas as capacidades e habilidades que inflúen no proceso.

·         Procesamento perceptivo

·         Procesamento léxico

·         Procesamiento semántico

·         Procesamento do texto

·         Elaboración da mensaxe

·         Textualización

·         Revisión

·         Percepción e discriminación visual e auditiva

·         Memoria visual

·         Esquema corporal

·         Orientación espacial e temporal

·         Lateralidade

·         Coordinación visual e motriz

·         Coordinación óculo-motriz

·         Ritmo

·         Análise e síntese visual e auditiva

·         Habilidades auditivas e visuais

·         Memoria cinestésica

·         Adquisición da linguaxe oral

·         Habilidade grafomotriz

·         Habilidade analítico-sintética

·         Capacidade de atención

·         Capacidade de establecer relacións espacio-temporais

·         Simbolismos e aptitudes psicolingüísticas.

·         Resistencia á fatiga.

·         Facultade de memorización e de evocación inmediata.

É necesario abordar a lectura e a escritura de forma global, integral, lúdica, significativo, multisensorial, fomentando aprender a conocer, aprender a hacer, aprender a estar y convivir y aprender a ser.

Os métodos e enfoques deben ser integrados para crear un método "personalizado" para o grupo de alumnado pois a rixidez metodolóxica nunca leva a dar resposta á diversidade do alumnado en canto a intereses, capacidades, competencias, estilos e ritmos de aprendizaxe, realidades culturais, sociais e familiares.

Sempre debemos ter presente que somos CEREBRO E CORAZÓN.