A integración das CCCC e as IIMM no currículo fai
repensar a educación, os deseños das experiencias de aprendizaxe deben ser máis
motivadoras, máis creativas, máis activas, máis sorprendentes e,  por este motivo, débense elexir ferramentas
metodolóxicas que integren a comprensión, o emprego de símbolos, de imaxes, que
favorezan o interese, que integren diferentes espazos, ambientes ou circuitos
de aprendizaxe.  A
organización espacial debe ser tida en conta para que os procesos de
ensinanza-aprendizaxe sexan máis existosos e dinámicos.
Pero antes é
preciso clarificar certos termos que ás veces son empregados como sinónimos e
non o son.
| 
RINCÓNS/RECANTOS | 
ALGÚNS REFERENTES TEÓRICOS | 
ESPAZOS | 
| 
Montessori,
  Dewey 
Claparede | 
Aula | |
| 
CARACTERÍSTICAS RELEVANTES | ||
| 
Deben dar resposta ás
  características e diversidade do alumnado e poden ser rincóns ou recantos de
  de xogo ou relacionados co desenvolvemento do currículo. Favorecerán a
  posibilidade de traballo-xogo grupal ou individual. Se circunscriben á aula. 
Aspectos relevantes:  
Favorece a autonomía, a
  construcción do coñecemento, favorece o ritmo de execución e  de resolución de cada alumno-a,
  manipulación, creatividade, toma de decisións, iniciativa, interacción entre
  iguais, RR Sociais, aprendizaxe entre iguais, manipulación, investigación, razonamento
  lóxico, sentido da responsabilidade, aprendizaxe significativo, desexos de
  aprender, … 
Exemplos: construcción, xogo
  simbólico, plástica, experiencias, natureza, lóxica-matemática, música,
  expresión lingüística, TIC-BIBLIOTECA- faladoiro-parladoiro-asemblea,
  alimentación, hixiene, descanso,… 
Ventaxas: 
 
Potencian
  a necesidade e os desexos de aprender. | ||
| 
TALLERES/OBRADOIROS | 
ALGÚNS REFERENTES TEÓRICOS | 
ESPAZOS | 
| 
Freinet,
  Malaguzzi | 
Aula | |
| 
CARACTERÍSTICAS RELEVANTES | ||
| 
Alumnado como actor activo da
  súa aprendizaxe. Baseados na necesidade de experimentación, da acción no  desenvolvemento do currículo. 
Algún talleres/obradoiros
  son: 
Imprenta, biblioteca para
  ficheiros escolares, libros de vida, correspondencia interescolar, asamblea,
  conferencias, periódico mural | ||
| 
CIRCUITOS DE APRENDIZAXE POR
  ESTACIÓNS | 
ALGÚNS REFERENTES TEÓRICOS | 
ESPAZOS | 
| 
Vygotsky, Freinet, Morgan, Adamson, Parkhurst, 
Faust-Stiehl,  
IMPULSOSR: BAUER, | 
Diferentes
  espazos da aula ou do centro | |
| 
CARACTERÍSTICAS RELEVANTES | ||
| 
Basease na perspectiva
  constructivista. Esta ferramenta metodolóxica naceu para o desenvolvemento de
  circuitos de E. Física e traspasou esta área e vese que é recomendable para
  todo tipo de áreas ou materias.As actividades o tarefas deseñadas para o
  desenvolvemento dunha UD, UDI, TAREFA INTEGRADA, PROXECTO,…realizanse en
  diferentes estacións de traballo configurando un circuito de aprendizaxe. É
  dicir, reparten os contidos a desenvolver en fragmentos que quedan a
  disposición do alumnado en diferentes estacións. Estas estacións non teñen
  que corresponder cos rincóns ou recantos (pois poden ser mesas, mesas e
  sillas, alfombra,…) Estes son os chamados centros de aprendizaxe (Learning
  centers). Non debemos confundir cos RINCÓNS. As diferentes actividades son
  presentadas á vez conformando un todo. As actividades poden realizarse
  individual ou grupalmente. O nome do circuito de aprendizaxe realizado a
  través de diferentes estacións levará o nome que reflicta a paisaxe. Estas
  estacións deben dar resposta aos intereses, capacidades, competencias, estilo
  ou ritmo de aprendizaxe polo que unas serán máis complexas que outras. As
  estacións poden ser de paso obrigado ou libre, o que constitúen circuitos
  pechado ou abertos respectivamente. 
Hai que reseñar que nesta
  metodoloxía de traballo interveñen a dimensión afectiva, emocional e sensorial.
   
Os circuitos de
  aprendizaxe por estacións favorece tamén a integración de outros niveis ou
  cursos. 
As diferentes actividades
  son presentadas á vez conformando un todo. As actividades poden realizarse
  individual ou grupalmente. O nome do circuito de aprendizaxe realizado a
  través de diferentes estacións levará o nome que reflicta a paisaxe. Estas
  estacións deben dar resposta aos intereses, capacidades, competencias, estilo
  ou ritmo de aprendizaxe polo que unas serán máis complexas que outras. As
  estacións poden ser de paso obrigado ou libre o que constitúe circuitos
  pechado ou abertos respectivamente. 
Os circuitos de
  aprendizaxe por estacións favorecen tamén a integración de outros niveis ou
  cursos e da gamificación, se fose necesario. 
Desenvólvense os contidos dunha UD/UDI/PROYECTO. Poden ser desenvolvidos
  nalgún recanto e as actividades relaciónanse cun ámbito (lingüístico, experimentación,
  plástica, música, lóxica-matemática,…) ou varios. 
Desenvólvense pequenos
  fragmentos dun contido ou de varios contidos. Tamén poden ser actividades
  integradas ou globalizadas. 
Aspectos-ámbitos importantes
  que favorece: 
A adaptación aos diferentes
  ritmos e estilos de aprendizaxe, as diferentes capacidades e habilidades, favorecedor
  da entrada de información multisensorial, de aprender facendo, da acción,
  autonomía, interaccións, aprendizaxe colaborativo,  motivación, emprego de diferentes
  estructuras de pensamento-modos de pensamento, uso dos diferentes canais de
  entrada de información: visual, auditivo, kinestésico e aos funcionamentos
  dos hemisferios cerebrais, control da hipercinesia e impulsividade, responde
  ao alumnado proactivo e reactivo. 
 Con este circuitos o alumnado é responsable
  activo do seu aprendizaxe e, ao mesmo tempo, o alumnado pode recibir atención
  individualizada e personalizada. Naquelas estación con actividades máis
  complexas con alto índice de dificultade estará a persoa docente para
  atención individualizada. 
As diferentes estacións
  poden combinar tarefas de comprensión, elaboración ou creación (seguindo as
  dimensións de Bloom) e favorecen o proceso de autoavaliación e coavaliación
  con diferentes instrumentos. As persoas docentes trocan o seu rol polo de ser
  un recurso máis. Existen tarefas que teñen diferentes graos de copmplexidade
  e de logro. Favorecen tamén a toma de decisións, a reflexión sobre as
  aprendizaxes (metacognición). 
Recursos. Folla de ruta,
  mapa da ruta ou circuito, folla de instruccións, rexistro ou folla de
  participantes, folla de solución, rexistro autoavaliación. | ||
| 
AMBIENTES DE APRENDIZAXE  
(learning landscape) | 
ALGÚNS REFERENTES TEÓRICOS | 
ESPAZOS | 
| 
VAYER, Duval, Roncin 
Tamén poderiamos falar de LAVE E WENGER que falan de
  “aprendizaxe situado” 
Antecedentes:
  Frabboni, Galletti, Savorelli, | 
Aula, outras
  aulas, corredores, biblioteca, pavillón, salón de actos,… | |
| 
CARACTERÍSTICAS RELEVANTES | ||
| 
Similar aos rincóns pero
  traspasa a limitación da aula e das idades. 
Recomendable para
  desenvolver PDI, Actividades multinivel-interniveis. 
Conciben o espazo como creador
  de vínculos, conexións, como territorio de exploración,  
promotor do
  desenvolvemento das CCCC, habilidades, valores, interaccións. 
O espazo é un ambiente de
  aprendizaxe, é o mellor recurso xerando, polo tanto, experiencias de
  aprendizaxe significativas. 
Lembremos que o espazo ten
  4 dimensións: física (que hai e como se organiza), temporal (cando e como se
  utiliza), funcional (para que se utiliza), relacional (que ou quenes o
  empregan e en qué circunstancias)  
É importante que o
  alumnado teña a capacidade de facer seu o ambiente, o seu ambiente (aula,
  patio, corredores, barrio, rúas, …) . 
O espazo de aprendizaxe é
  entendido como unha paisaxe en constante cambio, estimulante e, ao mesmo
  tempo, familiar, con identidade. Os ambientes de aprendizaxe deben invitar a
  percorrer, descubrir, aprender, observar, coñecerse, encontrarse a sí mesmo e
  aos demáis,... 
Algunhas características:  
-que axuden a crear
  conexións entre experiencias e coñecementos 
-que conviden a facer, a
  actuar 
-que o alumnado poida ser
  autónomo  
-que sexan estructurados e
  estimulantes, dinámicos 
-que favorezan a
  construcción de coñecementos e novos retos 
-que teñan diferentes
  valores comunicativos, funcionais ou semánticos 
-que teñan diferentes escenarios 
-que xeren relacións  
-que faciliten a
  construcción conxunta e colaborativa de coñecementos 
-favorecen  que cada alumnno-a se sinta a gusto 
-posibilidade de acceder
  visualmente ao resto dos espazos para estimular a curiosidade e o intercambio | ||
| 
PAISAXES DE APRENDIZAXE | 
ALGÚNS REFERENTES TEÓRICOS | 
ESPAZOS | 
| 
Alfredo Hernando | 
Aula | |
| 
CARACTERÍSTICAS RELEVANTES | ||
| 
A personalización das
  aprendizaxes debe ser o eixo vertebrador da educación. A resposta á
  diversidade debe ser a finalidade. O deseño da programación de aula atenderá
  a esa diversidade a través dunha metodoloxía preñada de experiencias de
  aprendizaxe ricas, dinámicas, motivadoras,... 
É unha ferramenta
  pedagóxica ou de programación. Permite a integración da gamificación, da
  Visual Thinking, Design Thinking 
As micropaisaxes poden
  combinar tarefas de comprensión, elaboración ou creación (seguindo as
  dimensións de Bloom) e as IIMM  e
  favorecen o proceso de autoavaliación e coavaliación con diferentes
  instrumentos. As persoas docentes trocan o seu rol polo de ser un recurso máis.
  Existen tarefas que teñen diferentes graos de copmplexidade e de logro.
  Favorecen tamén a toma de decisións, a reflexión sobre as aprendizaxes
  (metacognición). 
Como podemos facelo ? a
  través dunha matriz integradora que poña en relación as IIMM e os procesos
  cognitivos de Bloom.   
Tal como establece
  Hernando nunha paisaxe de aprendizaxe todos os elementos curriculares están
  relacionados e converxen nun contexto onde estes elementos atopan o seu
  sentido e se poñen a disposición da aprendizaxe a través do pensamento e da
  intelixencia. 
Esta metodoloxía precisa
  da planificación das actividades e métodos variados e onde o alumnado teña a
  oportunidade de traballar cooperativamente e á vez favorecedor da autonomía. Según
  Hernando son “son
  una herramienta poderosa, práctica, útil y eficiente, que requiere un
  profesor activo y preparado que disfrute del movimiento” 
Nas paisaxes de
  aprendizaxe deben contemplarse actividades relacionadas coa fase Preparación
  do proceso de aprendizaxe (PREPÁRATE), coa fase para búsqueda da
  información (INVESTIGA),  coa fase  SOLUCIONA, COMUNICA E REFLEXIONA
  (metacognición, autoavaliación) 
Algún exemplos son: | ||
| 
Modelo Frabboni | 
ALGÚNS REFERENTES TEÓRICOS | 
ESPAZOS | 
| 
 Existen 8 centros de interese:
  gráfico-pictórico,teatral-musical,  plástico manipulativo e dos oficios, o familiar,
  o lúdico, o das linguaxes e o lóxico-matemático. | 
 Aula e espazos escolares | |
| 
CARACTERÍSTICAS RELEVANTES | ||
| 
Modelo High-Scope | 
ALGÚNS REFERENTES TEÓRICOS | 
ESPAZOS | 
| 
Piaget | 
Aula, aire libre | |
| 
CARACTERÍSTICAS RELEVANTES | ||
| 
O modelo High-Scope:
  basado na teoría cognitivista do desenvolvemento de Piaget  consiste en dividir a aula en sete áreas:
  casa, bloques, construccións, descanso, recreo, da expresión artística e da
  expresión musical. | ||
| 
RINCÓNS/RECANTOS | 
ALGÚNS REFERENTES TEÓRICOS | 
ESPAZOS | 
| 
Aula | ||
| 
CARACTERÍSTICAS RELEVANTES | ||
| 
La casa
  dei Bambini” de María Montessori: esta autora sostiña que a preparación do
  ambiente educativo é moi importante. Todo debe estar organizado,
  reflectíndose  nesta orde o tempo e o
  espazo para que as criaturas interioricen e respecten o lugar onde se atopen
  os materiais e a distribución temporal da xornada. O material e o mobiliario
  deben despertar o interese  por
  observar, manipular, indagar. 
-“Escuela
  materna” de Rosa y Carolina Agazzi: ambas estableceron que tanto o espazo
  como o horario debían distribuirse tomando como referencia o fogar materno e as
  actividades debían ser planificadas para que non interferisen no ritmo
  natural da familia. 
-“L’ecole d’Ermitage” de Decroly: esta organización baséase en
  proporcionar ao  neno un ambiente
  axeitado e ofrecer as actividades na orden que permitan ao neno-a adaptarse
  aos ambientes aos que deberán facer frente fóra da aula e do centro educativo”. | ||
| 
Aportacións de Zabalza Beraza | 
ALGÚNS REFERENTES TEÓRICOS | 
ESPAZOS | 
| 
Zabalza | 
Aula | |
| 
CARACTERÍSTICAS RELEVANTES | ||
| 
Existen espazos que son máis
  ou menos imprescindibles na etapa  de
  E. I. dentro da aula: 
 
En
  cuanto a los espacios exteriores, también se consideran espacios educativos y
  deben cumplir con una serie de requisitos que hagan que posibiliten la
  actividad y el juego: 
 
Y, por último, se deben aprovechar los recursos naturales como las
  zonas verdes. | ||
Outra
pregunta para facerse é: pódense mesturar varios modelos ou enfoques
ferramentas metodolóxicas? Evidentemente si, xa que non son excluintes e, para
dar resposta á diversidade de alumnado, ás veces é recomendable. Existirán secuencias
didácticas que se desenvolven a través de paisaxes e, dentro destas, unha
micropaisaxe pode ser deseñada a través dun circuito de aprendizaxe por
estacións.
Cando
temos na aula alumnado TDAH as aprendizaxes realizadas a través dun circuito de
aprendizaxe por estacións son moi recomendables xa que as secuencias están
estructuradas, son curtas, son de diferente complexidade, supón movimiento entre
actividades, son claras, hai un mapa da ruta, existe a posibilidade da
autoavaliación,...
Cando
queremos dinamizar o TEI ou ben unas aprendizaxes internivel e multinivel
integrando diferentes contextos (formal, informal e non formal) é axeitado
recurrir ao emprego dos ambientes de aprendizaxe.
As
paisaxes de aprendizaxe integran perfectamente a gamificación, a toma de
decisións, a iniciativa, a resolución de problemas, etc.
En
definitiva, cada docente debe realizar unha reflexión sobre as características
do seu alumnado e, en función delas, elexir o máis axeitado sabendo que canto
máis variadas, ricas, dinámicas sexan as elexidas máis motivarán ao alumnado.
 

