A integración das CCCC e as IIMM no currículo fai
repensar a educación, os deseños das experiencias de aprendizaxe deben ser máis
motivadoras, máis creativas, máis activas, máis sorprendentes e, por este motivo, débense elexir ferramentas
metodolóxicas que integren a comprensión, o emprego de símbolos, de imaxes, que
favorezan o interese, que integren diferentes espazos, ambientes ou circuitos
de aprendizaxe. A
organización espacial debe ser tida en conta para que os procesos de
ensinanza-aprendizaxe sexan máis existosos e dinámicos.
Pero antes é
preciso clarificar certos termos que ás veces son empregados como sinónimos e
non o son.
RINCÓNS/RECANTOS
|
ALGÚNS REFERENTES TEÓRICOS
|
ESPAZOS
|
Montessori,
Dewey
Claparede
|
Aula
|
|
CARACTERÍSTICAS RELEVANTES
|
||
Deben dar resposta ás
características e diversidade do alumnado e poden ser rincóns ou recantos de
de xogo ou relacionados co desenvolvemento do currículo. Favorecerán a
posibilidade de traballo-xogo grupal ou individual. Se circunscriben á aula.
Aspectos relevantes:
Favorece a autonomía, a
construcción do coñecemento, favorece o ritmo de execución e de resolución de cada alumno-a,
manipulación, creatividade, toma de decisións, iniciativa, interacción entre
iguais, RR Sociais, aprendizaxe entre iguais, manipulación, investigación, razonamento
lóxico, sentido da responsabilidade, aprendizaxe significativo, desexos de
aprender, …
Exemplos: construcción, xogo
simbólico, plástica, experiencias, natureza, lóxica-matemática, música,
expresión lingüística, TIC-BIBLIOTECA- faladoiro-parladoiro-asemblea,
alimentación, hixiene, descanso,…
Ventaxas:
Potencian
a necesidade e os desexos de aprender.
|
TALLERES/OBRADOIROS
|
ALGÚNS REFERENTES TEÓRICOS
|
ESPAZOS
|
Freinet,
Malaguzzi
|
Aula
|
|
CARACTERÍSTICAS RELEVANTES
|
||
Alumnado como actor activo da
súa aprendizaxe. Baseados na necesidade de experimentación, da acción no desenvolvemento do currículo.
Algún talleres/obradoiros
son:
Imprenta, biblioteca para
ficheiros escolares, libros de vida, correspondencia interescolar, asamblea,
conferencias, periódico mural
|
CIRCUITOS DE APRENDIZAXE POR
ESTACIÓNS
|
ALGÚNS REFERENTES TEÓRICOS
|
ESPAZOS
|
Vygotsky, Freinet, Morgan, Adamson, Parkhurst,
Faust-Stiehl,
IMPULSOSR: BAUER,
|
Diferentes
espazos da aula ou do centro
|
|
CARACTERÍSTICAS RELEVANTES
|
||
Basease na perspectiva
constructivista. Esta ferramenta metodolóxica naceu para o desenvolvemento de
circuitos de E. Física e traspasou esta área e vese que é recomendable para
todo tipo de áreas ou materias.As actividades o tarefas deseñadas para o
desenvolvemento dunha UD, UDI, TAREFA INTEGRADA, PROXECTO,…realizanse en
diferentes estacións de traballo configurando un circuito de aprendizaxe. É
dicir, reparten os contidos a desenvolver en fragmentos que quedan a
disposición do alumnado en diferentes estacións. Estas estacións non teñen
que corresponder cos rincóns ou recantos (pois poden ser mesas, mesas e
sillas, alfombra,…) Estes son os chamados centros de aprendizaxe (Learning
centers). Non debemos confundir cos RINCÓNS. As diferentes actividades son
presentadas á vez conformando un todo. As actividades poden realizarse
individual ou grupalmente. O nome do circuito de aprendizaxe realizado a
través de diferentes estacións levará o nome que reflicta a paisaxe. Estas
estacións deben dar resposta aos intereses, capacidades, competencias, estilo
ou ritmo de aprendizaxe polo que unas serán máis complexas que outras. As
estacións poden ser de paso obrigado ou libre, o que constitúen circuitos
pechado ou abertos respectivamente.
Hai que reseñar que nesta
metodoloxía de traballo interveñen a dimensión afectiva, emocional e sensorial.
Os circuitos de
aprendizaxe por estacións favorece tamén a integración de outros niveis ou
cursos.
As diferentes actividades
son presentadas á vez conformando un todo. As actividades poden realizarse
individual ou grupalmente. O nome do circuito de aprendizaxe realizado a
través de diferentes estacións levará o nome que reflicta a paisaxe. Estas
estacións deben dar resposta aos intereses, capacidades, competencias, estilo
ou ritmo de aprendizaxe polo que unas serán máis complexas que outras. As
estacións poden ser de paso obrigado ou libre o que constitúe circuitos
pechado ou abertos respectivamente.
Os circuitos de
aprendizaxe por estacións favorecen tamén a integración de outros niveis ou
cursos e da gamificación, se fose necesario.
Desenvólvense os contidos dunha UD/UDI/PROYECTO. Poden ser desenvolvidos
nalgún recanto e as actividades relaciónanse cun ámbito (lingüístico, experimentación,
plástica, música, lóxica-matemática,…) ou varios.
Desenvólvense pequenos
fragmentos dun contido ou de varios contidos. Tamén poden ser actividades
integradas ou globalizadas.
Aspectos-ámbitos importantes
que favorece:
A adaptación aos diferentes
ritmos e estilos de aprendizaxe, as diferentes capacidades e habilidades, favorecedor
da entrada de información multisensorial, de aprender facendo, da acción,
autonomía, interaccións, aprendizaxe colaborativo, motivación, emprego de diferentes
estructuras de pensamento-modos de pensamento, uso dos diferentes canais de
entrada de información: visual, auditivo, kinestésico e aos funcionamentos
dos hemisferios cerebrais, control da hipercinesia e impulsividade, responde
ao alumnado proactivo e reactivo.
Con este circuitos o alumnado é responsable
activo do seu aprendizaxe e, ao mesmo tempo, o alumnado pode recibir atención
individualizada e personalizada. Naquelas estación con actividades máis
complexas con alto índice de dificultade estará a persoa docente para
atención individualizada.
As diferentes estacións
poden combinar tarefas de comprensión, elaboración ou creación (seguindo as
dimensións de Bloom) e favorecen o proceso de autoavaliación e coavaliación
con diferentes instrumentos. As persoas docentes trocan o seu rol polo de ser
un recurso máis. Existen tarefas que teñen diferentes graos de copmplexidade
e de logro. Favorecen tamén a toma de decisións, a reflexión sobre as
aprendizaxes (metacognición).
Recursos. Folla de ruta,
mapa da ruta ou circuito, folla de instruccións, rexistro ou folla de
participantes, folla de solución, rexistro autoavaliación.
|
AMBIENTES DE APRENDIZAXE
(learning landscape)
|
ALGÚNS REFERENTES TEÓRICOS
|
ESPAZOS
|
VAYER, Duval, Roncin
Tamén poderiamos falar de LAVE E WENGER que falan de
“aprendizaxe situado”
Antecedentes:
Frabboni, Galletti, Savorelli,
|
Aula, outras
aulas, corredores, biblioteca, pavillón, salón de actos,…
|
|
CARACTERÍSTICAS RELEVANTES
|
||
Similar aos rincóns pero
traspasa a limitación da aula e das idades.
Recomendable para
desenvolver PDI, Actividades multinivel-interniveis.
Conciben o espazo como creador
de vínculos, conexións, como territorio de exploración,
promotor do
desenvolvemento das CCCC, habilidades, valores, interaccións.
O espazo é un ambiente de
aprendizaxe, é o mellor recurso xerando, polo tanto, experiencias de
aprendizaxe significativas.
Lembremos que o espazo ten
4 dimensións: física (que hai e como se organiza), temporal (cando e como se
utiliza), funcional (para que se utiliza), relacional (que ou quenes o
empregan e en qué circunstancias)
É importante que o
alumnado teña a capacidade de facer seu o ambiente, o seu ambiente (aula,
patio, corredores, barrio, rúas, …) .
O espazo de aprendizaxe é
entendido como unha paisaxe en constante cambio, estimulante e, ao mesmo
tempo, familiar, con identidade. Os ambientes de aprendizaxe deben invitar a
percorrer, descubrir, aprender, observar, coñecerse, encontrarse a sí mesmo e
aos demáis,...
Algunhas características:
-que axuden a crear
conexións entre experiencias e coñecementos
-que conviden a facer, a
actuar
-que o alumnado poida ser
autónomo
-que sexan estructurados e
estimulantes, dinámicos
-que favorezan a
construcción de coñecementos e novos retos
-que teñan diferentes
valores comunicativos, funcionais ou semánticos
-que teñan diferentes escenarios
-que xeren relacións
-que faciliten a
construcción conxunta e colaborativa de coñecementos
-favorecen que cada alumnno-a se sinta a gusto
-posibilidade de acceder
visualmente ao resto dos espazos para estimular a curiosidade e o intercambio
|
PAISAXES DE APRENDIZAXE
|
ALGÚNS REFERENTES TEÓRICOS
|
ESPAZOS
|
Alfredo Hernando
|
Aula
|
|
CARACTERÍSTICAS RELEVANTES
|
||
A personalización das
aprendizaxes debe ser o eixo vertebrador da educación. A resposta á
diversidade debe ser a finalidade. O deseño da programación de aula atenderá
a esa diversidade a través dunha metodoloxía preñada de experiencias de
aprendizaxe ricas, dinámicas, motivadoras,...
É unha ferramenta
pedagóxica ou de programación. Permite a integración da gamificación, da
Visual Thinking, Design Thinking
As micropaisaxes poden
combinar tarefas de comprensión, elaboración ou creación (seguindo as
dimensións de Bloom) e as IIMM e
favorecen o proceso de autoavaliación e coavaliación con diferentes
instrumentos. As persoas docentes trocan o seu rol polo de ser un recurso máis.
Existen tarefas que teñen diferentes graos de copmplexidade e de logro.
Favorecen tamén a toma de decisións, a reflexión sobre as aprendizaxes
(metacognición).
Como podemos facelo ? a
través dunha matriz integradora que poña en relación as IIMM e os procesos
cognitivos de Bloom.
Tal como establece
Hernando nunha paisaxe de aprendizaxe todos os elementos curriculares están
relacionados e converxen nun contexto onde estes elementos atopan o seu
sentido e se poñen a disposición da aprendizaxe a través do pensamento e da
intelixencia.
Esta metodoloxía precisa
da planificación das actividades e métodos variados e onde o alumnado teña a
oportunidade de traballar cooperativamente e á vez favorecedor da autonomía. Según
Hernando son “son
una herramienta poderosa, práctica, útil y eficiente, que requiere un
profesor activo y preparado que disfrute del movimiento”
Nas paisaxes de
aprendizaxe deben contemplarse actividades relacionadas coa fase Preparación
do proceso de aprendizaxe (PREPÁRATE), coa fase para búsqueda da
información (INVESTIGA), coa fase SOLUCIONA, COMUNICA E REFLEXIONA
(metacognición, autoavaliación)
Algún exemplos son:
|
Modelo Frabboni
|
ALGÚNS REFERENTES TEÓRICOS
|
ESPAZOS
|
Existen 8 centros de interese:
gráfico-pictórico,teatral-musical, plástico manipulativo e dos oficios, o familiar,
o lúdico, o das linguaxes e o lóxico-matemático.
|
Aula e espazos escolares
|
|
CARACTERÍSTICAS RELEVANTES
|
||
Modelo High-Scope
|
ALGÚNS REFERENTES TEÓRICOS
|
ESPAZOS
|
Piaget
|
Aula, aire libre
|
|
CARACTERÍSTICAS RELEVANTES
|
||
O modelo High-Scope:
basado na teoría cognitivista do desenvolvemento de Piaget consiste en dividir a aula en sete áreas:
casa, bloques, construccións, descanso, recreo, da expresión artística e da
expresión musical.
|
RINCÓNS/RECANTOS
|
ALGÚNS REFERENTES TEÓRICOS
|
ESPAZOS
|
Aula
|
||
CARACTERÍSTICAS RELEVANTES
|
||
La casa
dei Bambini” de María Montessori: esta autora sostiña que a preparación do
ambiente educativo é moi importante. Todo debe estar organizado,
reflectíndose nesta orde o tempo e o
espazo para que as criaturas interioricen e respecten o lugar onde se atopen
os materiais e a distribución temporal da xornada. O material e o mobiliario
deben despertar o interese por
observar, manipular, indagar.
-“Escuela
materna” de Rosa y Carolina Agazzi: ambas estableceron que tanto o espazo
como o horario debían distribuirse tomando como referencia o fogar materno e as
actividades debían ser planificadas para que non interferisen no ritmo
natural da familia.
-“L’ecole d’Ermitage” de Decroly: esta organización baséase en
proporcionar ao neno un ambiente
axeitado e ofrecer as actividades na orden que permitan ao neno-a adaptarse
aos ambientes aos que deberán facer frente fóra da aula e do centro educativo”.
|
Aportacións de Zabalza Beraza
|
ALGÚNS REFERENTES TEÓRICOS
|
ESPAZOS
|
Zabalza
|
Aula
|
|
CARACTERÍSTICAS RELEVANTES
|
||
Existen espazos que son máis
ou menos imprescindibles na etapa de
E. I. dentro da aula:
En
cuanto a los espacios exteriores, también se consideran espacios educativos y
deben cumplir con una serie de requisitos que hagan que posibiliten la
actividad y el juego:
Y, por último, se deben aprovechar los recursos naturales como las
zonas verdes.
|
Outra
pregunta para facerse é: pódense mesturar varios modelos ou enfoques
ferramentas metodolóxicas? Evidentemente si, xa que non son excluintes e, para
dar resposta á diversidade de alumnado, ás veces é recomendable. Existirán secuencias
didácticas que se desenvolven a través de paisaxes e, dentro destas, unha
micropaisaxe pode ser deseñada a través dun circuito de aprendizaxe por
estacións.
Cando
temos na aula alumnado TDAH as aprendizaxes realizadas a través dun circuito de
aprendizaxe por estacións son moi recomendables xa que as secuencias están
estructuradas, son curtas, son de diferente complexidade, supón movimiento entre
actividades, son claras, hai un mapa da ruta, existe a posibilidade da
autoavaliación,...
Cando
queremos dinamizar o TEI ou ben unas aprendizaxes internivel e multinivel
integrando diferentes contextos (formal, informal e non formal) é axeitado
recurrir ao emprego dos ambientes de aprendizaxe.
As
paisaxes de aprendizaxe integran perfectamente a gamificación, a toma de
decisións, a iniciativa, a resolución de problemas, etc.
En
definitiva, cada docente debe realizar unha reflexión sobre as características
do seu alumnado e, en función delas, elexir o máis axeitado sabendo que canto
máis variadas, ricas, dinámicas sexan as elexidas máis motivarán ao alumnado.