O Autismo é un trastorno xeralizado no desenvolvemento.
En Tui existe unha Asociación que se chama UN MÁIS
http://unmais.wordpress.com/
Algunhas das características máis significativas e diferenciais son:
- Trastorno nas capacidades de recoñecemento e interacción social
- Trastorno nas capacidades de comunicación social
- Patróns repetitivos de actividade, tendencia a desenvolver rutinas e dificultades na imaxinación social
- Conductas e movimentos estereotipadose repetitivos
En educación o "café para todos" non serve xa que os tempos de atención sostida son diferentes, as capacidades de escoita son diferentes, os procesos de razonamento son diferentes, a percepción e a memoria son diferentes,....en cada ser humano.
Ás veces pretendemos uniformar e o que estamos a facer é non tendo en conta as necesidades de cadaquén.
Por que non aprender tamén do alumnado que ten un diagnóstico de TXD?
O alumnado do centro diagnósticado de TXD ensinounos a ver o mundo baixo outros prismas diferentes: os prismas da tranquilidade, do sosego, da paciencia, do esforzo, do valor da diferencia, da afectividade, da comunicación non verbal, ...
Sempre debemos visibilizar e loubar o traballo, búsqueda incesante, entusiasmo e implicación das familias e a súa búsqueda incesante de respostas ás necesidades dos seus fillos e fillas.
Para saber máis abride os seguintes enlaces de interese:
https://www.youtube.com/watch?v=eX3v3kRgVCY
http://afrontandoelautismoconsensibilidad.wordpress.com/2014/03/31/a-cancion-de-manuel-iii-o-oito/
http://armandonuestropuzzle.blogspot.com.es/
http://www.autismo.org.es/AE/default.htm
http://www.nlm.nih.gov/medlineplus/spanish/ency/article/001526.htm