Páginas

miércoles, 2 de abril de 2014

O VALOR POSITIVO DA DIVERSIDADE: O AUTISMO

Hoxe 2 de abril celébrase o Día Mundial da Concienciación do AUTISMO (Trastorno de Espectro Autista)
O Autismo é un trastorno xeralizado no desenvolvemento.
En Tui existe unha Asociación que se chama UN MÁIS
http://unmais.wordpress.com/

Algunhas das características máis significativas e diferenciais son:
  1. Trastorno nas capacidades de recoñecemento e interacción social
  2. Trastorno nas capacidades de comunicación social
  3. Patróns repetitivos de actividade, tendencia a desenvolver rutinas e dificultades na imaxinación social 
  4. Conductas e movimentos estereotipadose repetitivos
 Dende esta páxina establecer que todos e cada un de nós somos diferentes e este feito é un valor engadido. Na contorna escolar debemos adaptarnos a esa diversidade e dar respostas a cada neno e nena e non respostas homoxéneas para todos igual.
En educación  o "café para todos" non serve xa que os tempos de atención sostida son diferentes, as capacidades de escoita son diferentes, os procesos de razonamento son diferentes, a percepción e a memoria son diferentes,....en cada ser humano.
Ás veces pretendemos uniformar e o que estamos a facer é non tendo en conta as necesidades de cadaquén.
Por que non aprender tamén do alumnado que ten un diagnóstico de TXD?
O alumnado do centro diagnósticado  de TXD ensinounos a ver o mundo baixo outros prismas diferentes: os prismas da  tranquilidade, do sosego, da paciencia, do esforzo, do valor da diferencia, da afectividade,  da comunicación non verbal, ...
Sempre debemos visibilizar e loubar o traballo, búsqueda incesante, entusiasmo e implicación das familias e a súa búsqueda incesante de respostas ás necesidades dos seus fillos e fillas.

 Para saber máis abride os seguintes enlaces de interese:

 https://www.youtube.com/watch?v=eX3v3kRgVCY 
 http://afrontandoelautismoconsensibilidad.wordpress.com/2014/03/31/a-cancion-de-manuel-iii-o-oito/
http://armandonuestropuzzle.blogspot.com.es/
http://www.autismo.org.es/AE/default.htm
http://www.nlm.nih.gov/medlineplus/spanish/ency/article/001526.htm