FALADOIRO: venres 25 de abril, aula de BALDRÁNS
Atopeime con esta cita e desexo compatila con todos vós:
Atopeime con esta cita e desexo compatila con todos vós:
"Enseñar es aprender dos veces" (Joseph Joubert)
Cando un docente está ensinando prodúcese un proceso de construcción e reconstrucción, de asimilacións, de interrelacións e interconexións, de retroalimentación sistemática y continua que favorece a creación de aprendizaxes de forma continuada y ademáis posibilita que se produzan aprendizaxes no alumnado.
Pero, solo ensina o profesorado? pois non. O alumnado tamén pode ter un papel activo e ensina aos iguais.
Por ese motivo o proceso de ensinanza e de aprendizaxe é un proceso relevante para os seres humanos que favorece dar respostas exitosas aos cambios permanentes da sociedade.
Por iso resulta enriquecedor artellar situacións de ensinanza entre iguais e, deste xeito, as aprendizaxes cooperativas son a mellor ferramenta para que todos e todas aprendan xuntos e onde todos e todas toman decisións, buscan solucións, ...para acadar un OBXECTIVO, unha META.
As aprendizaxes en equipos cooperativos son máis enriquecedores pois os integrantes do grupo están fortemente vinculados de tal maneira que cada un deles acadará os seus obxectivos si, e solo si, os demáis acadan os seus. Existe unha corriente de influencias recíprocas que resultan positivas e gratificantes.
Para saber máis:
Bibliografía: P. PUJOLAS MASET, Cuadernos de Pedagogía, 2005, ABRIL, (345)
Tentemos rachar coas inercias e as rutinas!
As novas estratexias metodolóxicas favorecen o interese, a motivación, a atención,...
A experimentar!