A escola ten ante si diferentes retos: incrementar a calidade, xestionar conflictos, previr a violencia, facer seres humanos competentes, desenvolver habilidades sociais,motivar,…
Algunha das cuestións anteriores están íntimamente relacionadas coa INTELIXENCIA EMOCIONAL (Gardner), coa INTELIXENCIA INTRAPERSOAL (Goleman).
A pregunta que nos podemos facer é: que é iso de intelixencia emocional?, temos máis dunha intelixencia?
Para ter certos criterios fiables e coherentes debemos botar man das achegas que, dende o campo das ciencias, nos ofrece Howard Gardner (1995) que establece a existencia de intelixencias multiples: lingüística, ecolóxica-interaccional, verbal, lingüística intrapersoal, espacial, quinestésica, musical, lóxica e matemática e das referencias de intelixencia interpersonal e intrapersonal de Goleman (1996).
Polo anterior, vemos que a visión dunha intelixencia única e constreñida parece algo non realista e non baseado nas novas investigación no eido da psicoloxía ou neuroloxía e estase a abrir paso un concepto de intelixencia amplo, diverso e onde emocións e relacións interpersonais están reclamando o seu lugar.
Os seres humanos somos o resultado dun cerebro cognitivo e dun cerebro emocional que se complementan e se condicionan, que se acoplan armónicamente e esto é unha cuestión irrefutable actualmente.
Con esta perspectiva cando realizamos intervención educativa o aspecto emocional debe ser considerado pois:
¿como podemos demandar a un alumno ou alumna que se esforce, que se motive, que preste atención, …se a súa AUTOIMAXE non é positiva, se o seu AUTOCONCEPTO non é axustado ou a valoración que fai de sí mesmo ( AUTOESTIMA) non se axusta á realidade?
A Educación Emocional contribúe a un desenvolvemento integral das persoas a través de dimensións como a AUTOCONCIENCIA, AUTORREGULACIÓN, AUTOMOTIVACIÓN, EMPATÍA E DESTREZA SOCIAL.
Estas dimensións relaciónanse cos pilares da educación dos que falaba DELORS (1992):
-aprender a coñecer que consiste en aprender a aprender desenvolvendo a concentración, a atención, a memoria e o pensamento.
-aprender a facer para capacitar aos seres humanos para os hábitos de traballo que favorezan a competencia persoal.
-aprender a vivir xuntos significa coñecerse e coñecer aos demais, descubrir aos outros.
-aprender a ser que conleva resolver problemas, tomar decisión e asumir responsabilidades.
Un desenvolvemento emocional permitirá que o éxito educativo se vaia artellando dunha forma pensada e consciente a través da estabilidade e control emocional, do incremento da tolerancia á fustración, aumento do esforzo, autoestima, motivación, de axustes persoais,… Por outra parte, as emocións desempeñan un papel importante no éxito persoal pois a intelixencia emocional implica habilidades para coñecer e comprender as emocións propias e alleas (alegría, enfado, tristeza, …), capacidade para regulalas e xestionalas.
Como conclusión dicir que o coeficiente ou COCIENTE EMOCIONAL debe converterse nun obxectivo a lograr e punto de partida no camiño de procesos educativos exitosos onde se poidan “imbricar” atención, memoria, pensamento, linguaxe,… e onde a capacidade de esforzo e perseverancia teña o seu espazo e sempre coa IMPLICACIÓN E COMPROMISO das FAMILIAS. Non esquezamos que un piar fundamental no éxito educativo é a familia que nunca debe ser substituido polo profesorado.
Algunhas referencias documentais (web, bibliográficas) importantes sobre esta temática son:
ARMSTRONG, T. (2006): Inteligencias múltiples en el aula: guía práctica para educadores. Barcelona, Paidós Ibérica.
BISQUERRA, R. (2006): Educación emocional y bienestar. Madrid, Wolters Kluwer.
BISQUERRA, R. (2013): Educación emocional: propuestas para educadores y familias. Bilbao, Desclée.
DELORS, J. (1992): La educación encierra un tesoro. Madrid. Santilana.edición UNESCO.
GARDNER, H. (2005): Inteligencias múltiples: la teoría en la práctica. Barcelona, Paidós Ibérica.
GARDNER, H. (2010): La inteligencia reformulada: las inteligencias múltiples del siglo XX. Barcelona, Paidós Ibérica.
GOLEMAN, D. (1999): La práctica de la inteligencia emocional. Barcelona, Kairós.
ELIAS, M.; TOBÍAS, S.; FRIEDLANDER, B. (2011): Educar con inteligencia emocional. Barcelona, Debolsillo.
TORO, J.M. (2012): Educar con co-razón. Bilbao, Desclée.
http://lyubomirsky.socialpsychology.org (red psicología social)
http://www.inteligencia-emocional.org (portal inteligencia emocional)