Páginas

lunes, 24 de febrero de 2014

AÍ VAI UNHA DE EMOCIÓNS NO FALADOIRO!

O FALADOIRO: Venres 28 de febreiro, aula de BALDRÁNS, 19 horas

A escola ten ante si diferentes retos: incrementar a calidade, xestionar conflictos, previr a violencia, facer seres humanos competentes,  desenvolver habilidades sociais,motivar,…

Algunha das cuestións anteriores están íntimamente relacionadas coa INTELIXENCIA EMOCIONAL (Gardner), coa INTELIXENCIA INTRAPERSOAL (Goleman).

A pregunta que nos podemos facer é:  que é iso de intelixencia emocional?, temos máis dunha intelixencia?

Para ter certos criterios fiables e coherentes  debemos botar man das achegas que, dende o campo das ciencias, nos ofrece  Howard Gardner (1995) que establece a existencia de intelixencias multiples: lingüística, ecolóxica-interaccional, verbal, lingüística intrapersoal, espacial, quinestésica, musical, lóxica e matemática e das referencias de intelixencia interpersonal e intrapersonal de Goleman (1996).


Polo anterior, vemos que a visión dunha intelixencia única e constreñida parece algo non realista e non baseado nas novas investigación no eido da psicoloxía ou neuroloxía e estase a abrir paso un concepto de intelixencia amplo,  diverso e onde emocións e relacións interpersonais están reclamando o seu lugar.


Os seres humanos somos o resultado dun cerebro cognitivo e dun cerebro emocional que se complementan e se condicionan, que se acoplan armónicamente e esto é unha cuestión irrefutable actualmente.


Con esta perspectiva cando realizamos intervención educativa o aspecto emocional debe ser considerado pois:

¿como podemos demandar a un alumno ou alumna que se esforce, que se motive, que preste atención, …se a súa AUTOIMAXE non é positiva, se o seu  AUTOCONCEPTO non é axustado ou a valoración que fai de sí mesmo ( AUTOESTIMA) non se axusta á realidade?  


A Educación Emocional contribúe a un desenvolvemento integral das persoas a través de dimensións  como a AUTOCONCIENCIA, AUTORREGULACIÓN, AUTOMOTIVACIÓN, EMPATÍA E DESTREZA SOCIAL.


Estas dimensións relaciónanse cos pilares da educación dos que falaba DELORS (1992):

-aprender a coñecer  que consiste en aprender a aprender desenvolvendo a concentración, a atención, a memoria e o pensamento.

-aprender a facer  para capacitar aos seres humanos para os hábitos de traballo que favorezan a competencia persoal.

-aprender a vivir xuntos significa coñecerse e coñecer aos demais, descubrir aos outros.

-aprender a ser  que conleva resolver problemas, tomar decisión e asumir responsabilidades.

Un desenvolvemento emocional permitirá que o éxito educativo se vaia artellando dunha forma pensada e consciente a través da estabilidade e control emocional, do incremento da tolerancia á fustración, aumento do esforzo, autoestima, motivación, de axustes persoais,… Por outra parte, as emocións desempeñan un papel importante no éxito persoal  pois a intelixencia  emocional implica habilidades para coñecer e comprender as emocións propias e alleas (alegría, enfado, tristeza, …), capacidade para regulalas e xestionalas.


Como conclusión dicir que o coeficiente ou COCIENTE EMOCIONAL debe converterse nun obxectivo  a lograr e punto de partida no camiño de procesos educativos  exitosos  onde  se poidan “imbricar” atención, memoria, pensamento, linguaxe,… e onde a capacidade de esforzo e perseverancia teña o seu espazo e sempre coa IMPLICACIÓN E COMPROMISO das FAMILIAS. Non esquezamos que un piar fundamental no éxito educativo é a familia que nunca debe ser substituido polo profesorado. 

Algunhas referencias documentais  (web, bibliográficas) importantes sobre esta temática son:

ARMSTRONG, T. (2006): Inteligencias múltiples en el aula: guía práctica para educadores. Barcelona, Paidós Ibérica.

BISQUERRA, R. (2006): Educación emocional y bienestar. Madrid, Wolters Kluwer.

BISQUERRA, R. (2013): Educación emocional: propuestas para educadores y familias. Bilbao, Desclée.

DELORS, J. (1992): La educación encierra un tesoro. Madrid. Santilana.edición UNESCO.

GARDNER, H. (2005): Inteligencias múltiples: la teoría en la práctica. Barcelona, Paidós Ibérica.

GARDNER, H. (2010): La inteligencia reformulada: las inteligencias múltiples del siglo XX. Barcelona, Paidós Ibérica.

GOLEMAN, D. (1999): La práctica de la inteligencia emocional. Barcelona, Kairós.

ELIAS, M.; TOBÍAS, S.; FRIEDLANDER, B. (2011): Educar con inteligencia emocional. Barcelona, Debolsillo.

TORO, J.M. (2012): Educar con co-razón. Bilbao, Desclée.




http://lyubomirsky.socialpsychology.org (red psicología social)


http://www.inteligencia-emocional.org (portal inteligencia emocional)