UN CALENDARIO “COMPETENTE”
Ás vosas mans chega un
calendario un tanto especial.
Este calendario tamén fai
unha “ponte de unión” con VALENÇA e dende alí posibilidades de lectura en portugués e lugares fermosos
para descubrir e disfrutar.
É un calendario “COMPETENTE” para facer posible o
principio da EDUCACIÓN COMO TAREFA COMPARTIDA, EDUCACIÓN COMO COMPROMISO.
Non é novo que a educación
debe sustentarse en tres piares fundamentais: A FAMILIA, A ESCOLA e a SOCIEDADE.
Coas transformacións
sociais actuais urxe dotar ás familias de estratexias para o desenvolvemento de
competencias básicas na contorna social, cultural e familiar.
Deste xeito as familias
serán co-partícipes activas do proceso educativo
dos fillos e das fillas.
E o esforzo compartido
que se preconiza dende a LOE 2/2006 e a LOMCE 8/2013 será unha realidade
A finalidade será dinamizar
aprendizaxes básicas para a vida dende enfoques
competenciais.
Por outra parte, o medio social, natural, cultural é o mellor recurso curricular para aprender, para pensar, para pescudar, …
Dende hai uns anos resulta prescriptivo integrar no currículo 8 COMPETENCIAS
BÁSICAS, como COMPETENCIAS CLAVE para poder desenvolverse de forma eficaz, exitosa
na sociedade actual e futura.
O seu desenvolvemento debe
iniciarse dende o comezo da escolarización para que a súa adquisición se
realice de forma progresiva e coherente.
Serán o referente para a práctica educativa e o paradigma
educacional debe ser o de aprender a aprender e aprender
facendo.
No calendario aparecen propostas de
aprendizaxe colaborativo lecer con andainas, buscas do tesouro , de educación
ambiental con reciclado, consumo responsable de luz e auga,
suxerencias de lectura e cine,
pautas para o desenvolvemento exitoso da fala e da
linguaxe, a atención,
a percepción, educación para
a saúde con creación de menús saudables,
corresponsabilidade no fogar, valores, percepción e discriminación visual e auditiva,...
Estas 8 Competencias deben ser integradas e
desenvolvidas en tódalas áreas curriculares.
Trataremos de facer unha reseña
das 8 Competencias Básicas (8
CB):
1.-Competencia en Comunicación Lingüística:
a través da consecución de obxectivos,
contidos educativos e tarefas –actividades-exercicios de aprendizaxe posibilitaremos
que o noso alumnado sexa competente no ámbito linguístico se utiliza a linguaxe
como instrumento de comunicación oral e
escrita, de representación, interpretación e comprensión da realidade, de
construcción e comunicación do coñecemento e de organización e autorregulación do pensamento, das
emocións, e da conduta. Para acadar o desenvolvemneto desta competencia
fomentaremos e dinamizaremos a participación do alumnado, a toma de decisións
empregando o consenso e o diálogo, respectando a diversidade de respostas,
ofrecendo un clima que anime a ler, escribir e conversar.
2.-Competencia
Matemática: o noso alumnado terá a competencia matemática desenvolvida
se promovemos que empregue e relacione os números, as súas operacións básicas,
os símbolos e as formas de expresión, razonamento matemático, tanto para
producir como para interpretar distintos tipos de información. Tamén se fai un
uso funcional de aspectos cuantitativos e espaciais da realidade que lle
permitan resolver problemas relacionados
coa vida cotiá. Así mesmo manexará
elementos básicos matemáticos coma números de diferentes tipos: Medidas,
símbolos,... en situacións reais e da
vida cotiá ao mesmo tempo que realiza razoamentos matemáticos. Para acadar o desenvolvemneto desta
competencia fomentaremos e dinamizaremos a aplicación e utilización de
elementos e razonamentos matemáticos para enfrontarse ás situacións cotiás e
reais.
3.-Competencia
no Coñecemento e Interacción co mundo físico: o noso alumnado terá
competencia no coñecemento e interacción co mundo físico se favorecemos a
habilidade e autonomía para interactuar co mundo físico comprendendo sucesos e
feitos e previndo posibles consecuencias. Tamén se é quen de coidar do medio
ambiente e de protexer a saúde individual e a colectiva. Para a adquisición
desta competencia os docentes deberemos dinamizar e promover as habilidades
de investigación como formular
hipóteses, observar, recoñecer evidencias, formular interrogantes, verificar,
predecir, xerar solucións e novas ideas, descubrir alternativas.
4.-Tratamento
da Información e Competencia dixital: o noso alumnado terá desenvolvida
esta competencia se ten habilidade para buscar, obter, procesar e comunicar
información pero tamén se esa información é quen de transformala en coñecemento
e botando man das das TIC como elemento esencial para informarse, aprender e
comunicarse en soportes orais, impresos, audiovisuais, dixitais ou multimedias.
Para acadar o desenvolvemento desta competencia fomentaremos e dinamizaremos
situacións nas cales sexa necesario resolver problemas reais, para a cal se
recorrerá ao tratamento da información e ao uso dos recursos tic como blog,
internet, teléfono, resolución de enigmas, busquedas do tesouro,....
5.-Competencia
Social e Cidadá: favoreceremos o
desenvolvemento desta competencia se pomos ao alumnado en situación de ter
habilidade para comprender a realidade social na que vive ao mesmo tempo que
coopera, interacciona, resolve conflictos, toma decisións, elixe, se
responsabiliza, ten consciencia das emocións e as autorregula, se coñece, se
valora, se expresa en diferentes situacións, valora a vida comunitaria e
comprende o seu funcionamento, valora as diferencias das persoas como algo
enriquecedor, recoñece a igualdade de nenos e nenas , homes e mulleres, emprega
a negociación e o consenso para chegar a acordos como forma de solucionar
conflictos tanto no ámbito individual como no social. Ademais fomentaremos e
dinamizaremos situacións nas cales sexa necesario resolver conflictos, dialogar,
negociar, coñecer diferentes costumes, culturas, linguas, etnias, razas,....e
tamén promovendo unha educación emocional enxerida no currículo e na vida da
aula.
6.-Competencia
Cultural e Artística: o noso
alumnado estará en proceso de adquirir e/ou adquirida esta competencia se ten habilidade para
comprender, coñecer, apreciar e valorar diferentes manifestacións culturais e
artísticas, utilizándoas como fonte de enriquecemento e de gozo e
considerándoas como parte do patrimonio dos pobos. Tamén serán competentes se
son quen de apreciar o feito cultural en xeral, e o feito artístico en
particular para o que deberán botar man de habilidades de pensamento,
perceptivas e comunicativas, sensibilidade e sentido estético para poder
comprendelas, valoralas, emocionarse e gozalas. Na educación infantil
contribuiremos ao desenvolvemento desta competencia cando o centro e as aulas
estean abertos ás diferentes
manifestacións culturais e artísticas, converténdose nuns espazos en que
se aprecie e goce coa arte e coas manifestacións culturais, onde se potencie o
emprego dalgúns recursos da expresión artística para realizar creacións
propias; onde se manteña unha actitude aberta, respectuosa e crítica cara á
diversidade de expresións artísticas e culturais e onde se impulse cultivar a
capacidade estética e creadora de cada criatura e o interese por participar na
vida cultural e por contribuír á conservación do patrimonio.
7.-Competencia para aprender a aprender: o
noso alumnado terá desenvolvida esta competencia se ten habilidade para
iniciarse na aprendizaxe autónoma, de saber buscar información e ser capaz de
continuar aprendendo de maneira cada vez máis eficaz e autónoma de acordo cos
propios obxectivos e necesidades. Tamén deberá ir tomando conciencia das súas capacidades
-intelectuais, emocionais, físicas- así como coñecer o proceso e as estratexias
necesarias para desenvolvelas; deberá ser quen de interiorizar do que se pode
facer por un mesmo e do que se pode facer con axuda doutras persoas ou
recursos. Significa tamén que debe ser consciente do que se sabe e do que é
necesario aprender, de cómo se aprende e de como se xestionan e controlan de
forma eficaz os procesos de aprendizaxe, optimizándoos e orientándoos a
satisfacer obxectivos persoais.
Contribuirase á mellora desta
competencia dende o proceso de e-a deseñando unha práctica educativa que incida
na potenciación da comprensión e da expresión lingüística, da memoria, da
motivación, da observación, dos rexistros das aprendizaxes, do traballo
cooperativo e por proxectos, da resolución de problemas, posibilitando por
parte dos nenos e nenas a planificación e organización da tarefa que se vai
realizar, a selección e o tratamento da información a través dos diferentes
recursos tecnolóxicos.
8.-Autonomía
e iniciativa persoal: o noso alumnado terá desenvolvida esta competencia
se ten adquirida a conciencia e aplicación dun conxunto de valores e actitudes
persoais interrelacionadas como a responsabilidade, a perseveranza, o
autocoñecemento e a autoestima, a creatividade, a autocrítica, o control
emocional, a capacidade de elixir, de calcular riscos e de afrontar os
problemas, así como a capacidade de demorar a necesidade de satisfacción
inmediata, de aprender dos erros e de asumir riscos. Por outra parte deberá ser
quen de elixir con criterio propio, de propoñer proxectos e de levar adiante as
accións necesarias para desenvolver as opcións e plans persoais -no marco de
proxectos individuais ou colectivos- responsabilizándose deles tanto no ámbito
persoal, como no social e no laboral.
Dende o proceso de e-a poderase
contribuír a mellorar esta competencia sempre que se permita imaxinar,
emprender accións, desenvolver proxectos individuais ou colectivos con
creatividade, confianza e responsabilidade. O paradigma educacional sobre a forma de aprender e de ensinar non se
debe a acumulación de coñecementos,
senón o desenvolvemento das posibilidades que posúe calquera das nosas alumnas
e alumnos mediante fórmulas «de saber» e «de facer» contextualizadas á vida
cotiá.
O noso desexo é que este calendario
favoreza o desenvolvemento físico, afectivo,
social e intelectual de fillos e fillas, pais e
nais e demáis membros da familia dun xeito divertido, comprometido e en
familia.
DISFRUTADE EN FAMILIA!
RIDE EN FAMILIA!
LEDE EN FAMILIA!
VISIONADE CINE EN FAMILIA!
Para que o mes de xaneiro estea a vosa disposición debedes premer no enlace de abaixo
https://www.dropbox.com/s/0e36v5hfb5p463y/XANEIRO%2014_2.pdf
Para que o mes de xaneiro estea a vosa disposición debedes premer no enlace de abaixohttps://www.dropbox.com/s/un80c3npgl7u6jr/FEBREIRO%2014%20EUROCIDADE_2.pdf