SESIÓN: 7 DE marzo, aula de BALDRÁNS, 18 HORAS
 Presentámosvos  unha nova proposta literaria infantil. Titúlase  AVÓS 
Os datos técnicos son: 
Autor: Chema Heras
Ilustradora: Rosa Osuna
Editorial  KALANDRAKA
Neste fermoso conto trabállase fundamentalmente a emoción do AMOR.
SIPNOSE: 
Nunha tarde de primavera haberá unha festa no campo da feira. O AVÓ convida á AVOA a botar uns bailes. A avoa parece que non ten moitas ganas de "menear o esquelete" pero......... 
Irán á festa? as festas son para os avós e avoas?
Acompáñanos na aula de Baldráns o venres día 7 de marzo ás 18,30 horas onde teremos de contacontos a mamás da aula de CALDELAS.
O proceso empezará por pensar e reflexionar sobre as imaxes da portada e facer fincapé no autor e ilustradora. Tamén nos deteremos na contraportada.  A continuación dialogaremos sobre quen son os nosos avós e avoas, que tipo de parentesco teñen con nós, como nos amosan o seu cariño, que fan por nós,...
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!
Se queredes ler, escoitar ou coñecer a GUÍA DE LECTURA do conto a modo de caza tesouros literarios deberedes premer aquí:
Contos para durmir 2
 

