Tui é un dos mellores escenario para aprender. Tui ten recantos fermosos que o alumnado debe coñecer. Por outro lado o lema de Bibliotecas Escolares 2018-19 é: POÉTICAS DIVERSAS!
Unha andaina por Tui é poesía en sí mesma pero ademáis integramos a búsqueda de versos que perdera unha peregrina, unha peregrina que se engaiolaba cos versos, por diferentes recantos con encanto de Tui.
O noso alumnado tiña que atopalos e asemade
descubrir que levan as persoas peregrinas nas mochilas, que beberaxes
máxicos hai para ter forzas para o camiño, etc.
Ao chegar a cada lugar atopaban caixas con códigos QR que tiñan información básica do lugar onde estaban.
Parque do Penedo
Palco da Música
Escultura dos Cabalos de Oliveira
Conxunto Escultórico homenaxe á familia
Cruceiro de San Bartolomé
Ponte das febres
1ª Misión: descubrir os ingredientes da beberaxe que nos daría forzas
para iniciar este camiño (estaban agochados en códigos secretos) e beber
da beberaxe: Emoción, aventura, imaxinación, cóxegas, sorrisos e
fantasía.
2ª Misión: Localizar os 9 lugares máxicos de Tui polos que pasou a
peregrina e polos que nós tamén iamos pasar. As fotografías destes
lugares andaban espalladas polo parque do Penedo agochadas nos bancos,
nos tobogáns,...
3ª Misión: Atopar versos agochados de 4 poemas en caixas en diferentes
lugares. Para acceder ás caixas debían resolver probas: bailar, carreira
de relevos, realizar composición crebacabezas, atopar obxectos e
documentos perdidos da mochila da peregrina,...Tódolos versos atopados
durante o camiño deberían ser colocados nun taboleiro xigante que estaba
na Ponte da Veiga. Neses taboleiros había códigos QR coa declamación
dos poemas realizados pola presentadora da Radio Municipal de Tui, Beti
Rey.
Misión 4: Selar a Credencial do camiño
Sabedes cantos obxectos atoparon para a mochila?
Desenvolvemento da actividade
Estades listos!!!
Estades listos!!!
Atentos!!! Buscade os catro carteis para descifrar a fórmula
máxica, debedes recollelos e traballar en equipo. Cada cor levará o seu cartel
a zona asignada polos mestres, unha vez todos os equipos a atopen porémola en
común e cada equipo poderá descifrar a FÓRMULA
POÉTICA.
Agora que xa todos temos “superpoderes”,
xa estamos listos para que de comezo a nosa “Aventura” no parque do Penedo.
Selamos na Credencial a Parada da Ponte Internacional, que podedes
observar dende a zona de saída.
Dende este
Parque do Penedo pódese observar Portugal e a Ponte Internacional
PARADA 1:
RECANTO PARQUE DO PENEDO.
MISIÓN
2.- Este foi o
primeiro sitio no que nosa peregrina, ensimesmada
ca paisaxe perdeu os primeiros versos, se a misión queredes pasar e os versos
atopar a seguinte proba tedes que superar.
Polo parque atópanse escondidos as paradas que fixo a peregrina o
longo do camiño e polo tanto os posibles sitios onde perdeu os versos, cada
grupo deberá atopar as cartolinas cas fotos dos diferentes lugares que nos
servirá para coñecer cal será o noso itinerario. Lembrade que só podedes coller
as cartolinas da cor do voso equipo e que unha vez as teñades as debedes
colocar no voso caderno do xogo.
Cando os catro equipos completen a proba só tedes que darlle a
volta as cartolinas e colocalas na orde marcada para descubrir onde se agochan
os versos.
Estades listos piratas!!!
(Antes de
abrir as caixas na parte superior haberá un código QR que escoitaremos antes de recoller os versos e que
nos explicará brevemente as características do lugar, acontecerá por igual en
tódalas paradas e dirixiranos a seguinte).
E como diría o poeta, nós para todo viaxe
sempre sobre a madeira,
No noso vagón de terceira…
Iremos cantando, viaxeiros, o longo do sendeiro
“O tren que me leva pola veira do Miño, me leva e me leva polo meu
camiño…”
PARADA 2: RECANTO
PALCO DA MÚSICA (Iremos en
tren dende A Marina)
Chicos!! Onde estamos?
Onde todos nos baixamos!
MISIÓN 3 e 4.
A 3 misión
consiste en recoller os versos agochados
nas diferentes paradas e para elo temos que
superar
diferentes probas e selar as diferentes paradas. En cada caderno de viaxe (un
laranxa, un verde, un azul e un vermello) haberán versos de 4 poemas diferentes
(1 por grupo):
-O arco da
vella (M. María)
-Ten trenzas
o mar (A. García Teijeiro)
-Imos brincar
…(X.M. Álvarez Blázquez)
-Abordaxe
poética (Fran alonso)
PROBA: MÚSICA E A BAILAR!!!
Ata aquí chegou a nosa peregrina un día de choiva, onde quedou
marabillada pola beleza deste palco dende o que actuaban as agrupacións de
música ou de danzas os días de festa. E como a nosa parada fai referencia á música
e o baile, atentos!!!
“Se a proba queredes superar e deste xeito os versos atopar, cada
equipo un baile terá que realizar e se o final dos catro bailes as profes a
proba por superada dan, diranvos onde os versos están”.
Preparados, listos, xa!!!
PARADA 3: RECANTO
ESCULTURA DOS CABALOS ( JUAN OLIVEIRA) NA GLORIETA DE VIGO
PROBA 4 e 5.
Dado que o
acceso a estatua do Homenaxe á familia é complicado para realizar a proba
realizaremos as dúas na Rúa Corredera e obterán dous versos por equipo, un por
proba.
PROBA: O XOGO DAS ESTATUAS.
“Cando chegou aquí a nosa peregrina escoitou un relinchar de
cabalos, levou tal susto que saíu correndo deixando atrás outra morea de
versos. Se a queredes axudar e os versos recuperar o Baile das Estatuas debedes
realizar, pero…. Atentos! Cando escoitedes: - Estatua!! Como os cabalos tedes
que quedar.
Estades preparados? Pois atentos que imos comezar e que ningún
despistado quede atascado.
Se a proba logrades superar a profe Tere lle teredes que preguntar
para os versos atopar.
PROBA: PARACAIDAS (XOGOS COOPERATIVOS) 2 PARACAS.
Correndo, correndo tropezouse ca estatua da familia. Como sabedes
a familia é un gran equipo que se apoian e colaboran para acadar obxectivos
xuntos. Se esta proba queredes superar tedes que demostrar que en equipo
sabedes traballar. Entre todos o paracaídas temos que levantar, pero… atentos
temos que colaborar e o paracaídas o mesmo tempo todos soltar e no medio unha
gran aperta hai que dar. Se a estrofa queres atopar á profe Fátima lle tes que
preguntar.
Dividiremos
dous equipos para cada paracaídas.
PARADA 4: RECANTO ESCULTURA HOMENAXE Á FAMILIA.
PARADA 5: RECANTO
O CRUCEIRO DE SAN BARTOLOMÉ:
PROBA: MONTAR
A MOCHILA DA PEREGRINA.
Esta peregrina marchou lixeira de equipaxe, deixando a súa mochila
atrás na que levaba as súas pertenencias e os versos que lle restaban. Temos
que axudar a nosa peregrina a reconstruír a súa mochila. Cada equipo, como
podedes ver, tedes unha mochila baleira e no outro extremo hai cartolinas cos
utensilios; un a un teredes que ir ó outro extremo, recoller unha das
pertenencias e traela para metela na mochila. Se a mochila conseguides facer a
profe Puri lle preguntaredes para saber onde os versos se están a esconder.
Circuíto de relevos.
PARADA 6: RECANTO
PONTE MEDIEVAL DA VEIGA
Chegamos finalmente a última das paradas na que a peregrina perdeu
os seus últimos versos. Se a os poemas queredes acabar de formar atentos porque
tedes que atopar as partes de diferentes puzzles dos sitios polos que acabades
de pasar. Lembrade que tan só debedes recoller as cartolinas da cor do voso
equipo. Entre todos debemos formar os puzzles dos diferentes lugares que xa
están marcados na vosa credencial. Cada equipo deberá facer dous puzzles. Se
todos logramos a proba superar, a profe Tere hai que preguntar onde pensa que
os versos poden estar.
Finalmente, se a ledicia a peregrina queremos voltar os seus
poemas xa podemos formar. Fixádevos nos paneis de madeira, cada un
correspondese a unha cor, colocádeos na orde e axeitada e comprobade que todo está
en orden e deleitádevos escoitando os poemas.
PARADA 7:
RECANTO IGREXA DA VIRXE DO CAMIÑO.
PARADA 8: RECANTO
PONTE DAS FEBRES.
O finalizar a actividade repartiráselles a cada alumno a súa
COMPOSTELA.