Xa chegamos ao mes de xuño e seguimos ofertando estratexias para desenvolver as competencias na contorna social e familiar.
As familias son as primeiras educadoras, as promotoras do saber, as
sustentadoras do pensar ou do sentir, as dinamizadoras do facer e do
convivir e, por ese motivo, debemos ofrecer múltiples accións para que
iso sexa posible.
Neste mes de xuño teremos propostas de cine dirixido por mulleres ou con
historias de mulleres, de literatura infantil, xuvenil ou de adultos
escritas por mulleres, de roteiros para descubrir en Forcarei o mosteiro de ACIVEIRO, o encoro de Eiras en Fornelos de montes, as festas do Corpus en Ponteareas ou o regato de Peitieiros en Gondomar.
Tamén mulleres piragüistas como a tudense Lara Feijoo, a atleta Leticia Fernández, a bióloga mariña Aida Fernánez ou a astrónoma Josefina Ling.
Non tedes máis que premer nos seguintes enlace para entrar nun mundo de posibilidades.