A atención é un proceso de certa
complexidade par definir. é unha función cerebral superior, responsable de
preparar o sistema cognitivo para percibir, dirixir a intención e actuar. en
todo este proceso, a atención cumpre funcións diversas:
·        
manter un
estado de alerta
·        
atender a
estímulos relevantes e ignorar os que non cumpren con esa regla
·        
concentrarse
nas tarefas
·        
ter en conta
as instruccións recibidas para exercutar tarefas
·        
preparar
respostas axeitadas
·        
manter a
concentración por un periodo de tempo axustado
No contexto escolar, a  ATENCIÓN é un requisito necesario para que
o proceso de aprendizaxe sexa exitoso. 
Algunha das CARACTERÍSTICAS MÁIS
RELEVANTES do alumnado con dificultades para unha atención sostida son:
·        
Non atenden
en situacións de escoita e/ou asembleas
·        
Non reciben a
información relevante
·        
Non reteñen
as instruccións das tarefas ainda secuenciadas
·        
cometen erros
na realización das tarefas ainda que as comprendan
·        
situacións de
non escoita e distraccións continuas
·        
centran a súa
atención en estímulos non relevantes e ignoran os que sí son
·        
cústalles
atender a varios estímulos á vez
·        
teñen
dificultades para manter a atención durante un tempo prolongado
Pero o máis importante é que a atención pode desenvolverse e estimularse e
as súas dificultades non son permanentes.
Para a estimulación da atención podemos desenvolver actividades, tarefas e
exercicios, ...que que teñan en conta o spam
atencional (amplitude de estímulos aos que se poden atender), atención selectiva ou focal (atendese a
un estímulo e ignórase outro) e atención
serial (buscar estímulos repetidos entre outros que fan de distractores) e
se traballarían a partir de estímulos visuais.
Algúnha exemplificación de tipos de exerciciós serían:
·        
Emparellar
imaxes iguais
·        
Sinalar as
imaxes iguais á primeira
·        
Identificar
parellas iguais
·        
Discriminar
as imaxes que son iguais ao modelo
·        
Sinalar
imaxes diferentes nunha fila ou columna
·        
Discriminar sons
de instrumentos ou da vida cotiá
·        
Identificar determinado
son entre moitos 
PAUTAS PARA MELLORAR A ATENCIÓN
 

