Páginas

martes, 5 de marzo de 2019

ATENCIÓN, ATENCIÓN!


A atención é un proceso de certa complexidade par definir. é unha función cerebral superior, responsable de preparar o sistema cognitivo para percibir, dirixir a intención e actuar. en todo este proceso, a atención cumpre funcións diversas:
·         manter un estado de alerta
·         atender a estímulos relevantes e ignorar os que non cumpren con esa regla
·         concentrarse nas tarefas
·         ter en conta as instruccións recibidas para exercutar tarefas
·         preparar respostas axeitadas
·         manter a concentración por un periodo de tempo axustado
No contexto escolar, a  ATENCIÓN é un requisito necesario para que o proceso de aprendizaxe sexa exitoso.
Algunha das CARACTERÍSTICAS MÁIS RELEVANTES do alumnado con dificultades para unha atención sostida son:
·         Non atenden en situacións de escoita e/ou asembleas
·         Non reciben a información relevante
·         Non reteñen as instruccións das tarefas ainda secuenciadas
·         cometen erros na realización das tarefas ainda que as comprendan
·         situacións de non escoita e distraccións continuas
·         centran a súa atención en estímulos non relevantes e ignoran os que sí son
·         cústalles atender a varios estímulos á vez
·         teñen dificultades para manter a atención durante un tempo prolongado
Pero o máis importante é que a atención pode desenvolverse e estimularse e as súas dificultades non son permanentes.
Para a estimulación da atención podemos desenvolver actividades, tarefas e exercicios, ...que que teñan en conta o spam atencional (amplitude de estímulos aos que se poden atender), atención selectiva ou focal (atendese a un estímulo e ignórase outro) e atención serial (buscar estímulos repetidos entre outros que fan de distractores) e se traballarían a partir de estímulos visuais.
Algúnha exemplificación de tipos de exerciciós serían:
·         Emparellar imaxes iguais
·         Sinalar as imaxes iguais á primeira
·         Identificar parellas iguais
·         Discriminar as imaxes que son iguais ao modelo
·         Sinalar imaxes diferentes nunha fila ou columna
·         Discriminar sons de instrumentos ou da vida cotiá
·         Identificar determinado son entre moitos
PAUTAS PARA MELLORAR A ATENCIÓN