A integración das Competencias Clave no currículo fai necesario un cambio metodolóxico que conleve un tratamento transversal, dinámico e integral.
O proceso de ensino e aprendizaxe competencial débese abordar desde todas as áreas de coñecemento
tanto
nos ámbitos formais como nos non formais
e informais; o seu dinamismo reflíctese en que as competencias non se adquiren
nun determinado momento e permanecen inalterables, senón que implican un
proceso de desenvolvemento mediante o cal os individuos van adquirindo maiores
niveis de desempeño no seu uso.
Para lograr este proceso de cambio curricular
cómpre favorecer unha visión
interdisciplinar O
papel do persoal docente é fundamental, pois debe ser quen de deseñar tarefas ou situacións de
aprendizaxe que posibiliten a resolución de problemas e a aplicación dos
coñecementos aprendidos, xa que os contidos están subordinados á acción.Algunha das estratexias metodolóxicas para un deseño competencial é o aprendizaxe servizo (ApS) na que as accións comunitarias de servizo integradas no currículo precisan do partenariado, do traballo conxunto coas institucións que reciben a axuda.
Para saber máis: