A continuación a guía LOMCE do portal da Consellería de Educación para que o profesorado poida atopar información da implantación , dos decretos de currículo asi comoo as áreas desgregadas que permiten copiar a programación por áreas. o profesorado solo debería engadir as rúbricas daqueles estándares de aprendizaxe avaliables que considere oportuno (xa que algún deles son dicotómicos e polo tanto haberá que buscar outro instrumento para avalialos), a temporalización dos mesmos ao longo do curso, deseñar os procedementos, técnicas e instrumentos de avaliación e o peso que se lle otorga.
Nesta páxina tamén atoparedes os apartados da programación que aparecen nas INSTRUCCIÓNS DO 27 DE XULLO DE 2015 para Secundaria e Bacharelato pero que dende os SERVIZOS DE INSPECCIÓN EDUCATIVA se está a demandar para os CEIP xa que non existen estas instruccións para EDUCACIÓN PRIMARIA E EDUCACIÓN INFANTIL.
Pola contra, se o que precisades é coñecer que son as competencias clave e como estas deben "empapar" todo o noso deseño curricular e tamén como precisan para o seu desenvolvemento un cambio metodolóxico debedes coñecer a ORDE ECD/65/2015
Para coñecer un pouco os perfís competenciais e a avaliación de competencias podedes acceder a unha ORDE ECD/711/2015 do Ministerio de Educación Cultura e Deporte para o seu territorio de influencia.