miércoles, 20 de enero de 2021

LENDO, LENDO EN XANEIRO

 


Seguimos facendo propostas de lecturas que fagan posible imaxinar, recrear ou vivir aventuras engaiolantes.

É importante ofrecer un modelo de linguaxe rico e correcto, xa que a competencia lingüística da nena ou neno depende da calidade e riqueza da linguaxe que escoita ao seu arredor e tamén das ofertas lectoras que se propoñan. 

O profesorado e as familias deben exercer de modelos de lectores competentes, pero non como unha práctica pouco programada senón de maneira sistemática. A lectura periódica de contos de historias polo seu valor literario e interese das criaturas, é unha boa oportunidade para coñecer, escoitar con atención, comentar e promover o interese pola lectura.

Para nenos-nenas de Educación Infantil as propostas levarán as aventuras de crear unha sopa nunha noite de inverno na casa de Tartaruga e que serve para remexer o corazón cos ingredientes da axuda e a amizade a xenerosidade ou aceptación da diferenza e para rematar  ao igual que na cea da ovelliña e para rematar a importancia da vida no mar limpa de especies invasoras como os plásticos.




As historias para nenos e nenas de Educación Primaria farán posible unha viaxe por un bosque prohibido ou as vivencias dunha realidade persoal, real, dura ...que fai que os cementos da vida se cuestionen pero a vida é superación e búsqueda.


Para que fillos e fillas/alumnas e alumnos teñan bós modelos lectores propoñemos para as persoas adultas das familias  unha historia apaixoante dunha muller e dun home que resistiron en tempos difíciles: