viernes, 1 de enero de 2021

CALENDARIOS COMPETENCIAIS 2021

 

Iniciamos un novo ano con múltiples propostas para realizar unhas aprendizaxes competenciais que permitan aos nenos e nenas medrar nas habilidades, actitudes, coñecementos, no aprender facendo , no aprender convivindo, no aprender sendo ou estando.

A DEPUTACIÓN de PONTEVEDRA segue apostando por este equipo de docentes que deseñan as múltiples propostas para EDUCACIÓN INFANTIL, EDUCACIÓN PRIMARIA e EDUCACIÓN SECUNDARIA.

É tamén aprender en familia pois as aprendizaxes que se realizan no seo da familia e integrando o contexto social, natural ou culturall son máis significativos, máis duradeiros, máis competentes. 

Este ano un dos fíos conductores son AS MULLERES SANITARIAS do pasado e do presente.

Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible van ser o segundo fío a través dos que descubriremos estratexias e accións para facer cidades e pobos máis sostibles, para reducir as desigualdades, para mellorar os ecosistemas terrestres e marinos, para buscar un consumo responsable da auga ou descubrir enerxías non contaminantes ... Múltiples propostas farán reflexionar sobre o fin da pobreza, sobre a necesidade dunha boa saúde e benestar ou unha produción e consumo responsable.

É un dereito das familias ter recursos para educar máis e mellor e tamén é un dereito de fillos e fillas que os proxenitores se impliquen e se comprometann na súa educación.

Xuntos e xuntas poderemos sempre MELLORAR.