O CALENDARIO COMPETENCIAL DE XUÑO 2018
 pretende axudar a desenvolver a competencia lingüística e tamén a 
intelixencia Lingüística verbal, a competencia matemática e competencia 
en ciencias e tecnoloxía xunto coa intelixencia lóxica-matemática,  
dinamiza o aprender a aprender, estimula habilidades para ter 
iniciativa, etc. 
Amáis visibiliza a necesidade de conversar, argumentar, reflexionar, valorar, interpretar, estimar,...
Coas propostas farase posible que existan situacións de aprendizaxes 
ricas, dinámicas, creativas, contextualizadas a modo de paisaxes de 
aprendizaxe.
Ten como temática de igualdade a visibilización das MULLERES no eido da LITERATURA.
Existen propostas de lectura e de cine para nenas e nenos de E. Infantil e de E. PRIMARIA e para as familias.
Ten como temática de igualdade a visibilización das MULLERES no eido da LITERATURA.
Existen propostas de lectura e de cine para nenas e nenos de E. Infantil e de E. PRIMARIA e para as familias.
Neste mes de xuño poderase pescudar nos dicionarios, buscar personaxes de contos, memorizar cancións da infancia dos avós e avoas, crear debuxos, ouvir pezas musicais, varrer, limpar e ordear o cuarto,   observar obxectos e aprender a súa utilidade, crear problemas matemáticos, indagar sobre cancións en inglés preferidas da familia,escribir cartas, crear sudokus, crucigramas,...
Os recantos con encanto da provincia propostos son: Mosteiro de Aciveiro, Encoro de Eiras, Festas de Ponteareas e alfombras, regato de Peitieiros.
 







