Os ESCORNABOTS son un recurso educativo e, ao mesmo tempo, supón un cambio na metodoloxía.
As actividades deseñadas para o emprego do ESCORNABOT promoven:
-APRENDER -CREAR -COMPARTIR -OBSERVAR
-PENSAR -FACER -ACTUAR
-PROCESAR -VALORAR -DECIDIR -APLICAR
-INDAGAR -COMPARAR - REFLEXIONAR
A través do emprego da ROBÓTICA a atención á diversidade de intereses, motivacións, capacidades, estilos e ritmos de aprendizaxe,...é unha realidade nas secuencias didácticas e favorece o desenvolvemento de procesos cognitivos diversos.
Amáis o alumnado debe favorece o desenvolvemento da toma de decisións, o traballo en equipo, capacidade de espera, de atención sostida,...
A profesora de PT no OBRADOIRO DA BIBLIOTECA realizou cos nenos e nenas laberintos con serpes e escaleiras onde o alumnado deberá achegarse á nosa mascota FINKY valendose da sescaleiras pero nunca pasando polas serpes.
Tamén cada neno-nena debía compoñer o seu nome "pescando" os fonemas a través dos códigos introducidos no ESCORNABOT.