O xoves día 3 de novembro iniciamos as sesións formativas-informativas para familias.
Estas sesións denominaranse FALADOIROS DE EDUCACIÓN.
Deseñáronse en coordinación cos SERVIZOS SOCIAIS do Concello de Tui.
Celebraranse na SALA FÉLIX RODRÍGUEZ da ÁREA PANORÁMICA.
A primeira sesión será UNHA MESA REDONDA que ten a finalidade de
dotar ás familias de estratexias para poder tomar decisións reflexivas e
críticas sobre as PROBAS DE AVALIACIÓN: que valoran, como se elaboran,
que aprendizaxes competenciais se necesitan, ...