Un mes de outono para aprender en familia competencias para a vida.
Neste mes ofrecemos propostas de lectura infantil, de lectura de adultos, estratexias para a mellora da fala,...
As competencias clave que se deselvolven a través das propostas son diversas:
1.º COMUNICACIÓN LINGÜÍSTICA (CCL). 2.º COMPETENCIA
MATEMÁTICA E COMPETENCIAS BÁSICAS EN CIENCIA E TECNOLOXÍA (CMCT). 3.º
COMPETENCIA DIXITAL (CD). 4.º APRENDER A APRENDER (CAA). 5.º COMPETENCIAS
SOCIAIS E CÍVICAS (CSC). 6.º SENTIDO DE INICIATIVA E ESPÍRITO EMPRENDEDOR
(CSIEE). 7.º CONCIENCIA E EXPRESIÓNS CULTURAIS (CCEC).
Debemos acadar un sistema educativo de calidade,
inclusivo, que garanta a igualdade de oportunidades e faga efectiva a
posibilidade de que cada alumno e alumna desenvolva ao máximo as súas
potencialidades.
Debemos
promover a potenciación da aprendizaxe
por competencias, integradas nos
elementos curriculares para propiciar unha renovación na práctica docente e
no proceso de ensino e aprendizaxe.
En
Primaria e en Infantil propóñense novos enfoques na aprendizaxe e na
avaliación, que van supoñer un importante cambio nas tarefas que teñen que
resolver os alumnos e as alumnas, e propostas metodolóxicas innovadoras. Unha
competencia supón a combinación de habilidades prácticas, coñecementos,
motivación, valores éticos, actitudes, emocións e outros compoñentes sociais e
de comportamento que se mobilizan conxuntamente para lograr unha acción eficaz.
Xa que logo, as competencias considéranse como coñecemento na práctica, un
coñecemento adquirido a través da participación activa en prácticas sociais
que, como tales, se poden desenvolver tanto no contexto educativo formal, a
través do currículo, coma nos contextos educativos non formais e informais;
conceptualízanse como «un saber facer» que se aplica a unha diversidade de
contextos académicos, sociais e profesionais.
A aprendizaxe baseada en competencias caracterízase pola
súa transversalidade, o seu dinamismo e o seu carácter integral. O proceso de
ensino e aprendizaxe competencial debe abordarse desde todas as áreas de
coñecemento e por parte das diversas instancias que conforman a comunidade
educativa, tanto nos ámbitos formais coma nos non formais e informais; o seu dinamismo reflíctese en que as competencias non se
adquirennun determinado momento e permanecen inalterables, senón que implican
un proceso de desenvolvemento mediante o cal os individuos van
adquirindomaioresniveis de desempeño no seu uso.
Para
lograr este proceso de cambio curricular é preciso favorecer unha visión
interdisciplinaria e, de xeito especial, posibilitarlle unha maior autonomía á
función docente, de forma que permita satisfacer as demandas dunha maior
personalización da educación. O rol do persoal docente é fundamental, pois debe
ser quen de deseñar tarefas ou situacións de aprendizaxe que posibiliten a
resolución de problemas e a aplicación dos coñecementos aprendidos, xa que os
contidos están subordinados á acción.