Páginas

viernes, 2 de octubre de 2015

CALENDARIO COMPETENCIAL DE OUTUBRO

Xa estamos en outubro!
Un mes de outono para aprender en familia competencias para a vida.

Neste mes ofrecemos propostas de lectura infantil, de lectura de adultos, estratexias para a mellora da fala,...

As competencias clave que se deselvolven a través das propostas son diversas:


1.º COMUNICACIÓN LINGÜÍSTICA (CCL). 2.º COMPETENCIA MATEMÁTICA E COMPETENCIAS BÁSICAS EN CIENCIA E TECNOLOXÍA (CMCT). 3.º COMPETENCIA DIXITAL (CD). 4.º APRENDER A APRENDER (CAA). 5.º COMPETENCIAS SOCIAIS E CÍVICAS (CSC). 6.º SENTIDO DE INICIATIVA E ESPÍRITO EMPRENDEDOR (CSIEE). 7.º CONCIENCIA E EXPRESIÓNS CULTURAIS (CCEC).

https://drive.google.com/file/d/0B6M4YMc0cwJBeEtmN2ctXzdNblU/view?usp=sharing

Debemos acadar un sistema educativo de calidade, inclusivo, que garanta a igualdade de oportunidades e faga efectiva a posibilidade de que cada alumno e alumna desenvolva ao máximo as súas potencialidades.

Debemos promover a potenciación da aprendizaxe por competencias, integradas nos elementos curriculares para propiciar unha renovación na práctica docente e no proce­so de ensino e aprendizaxe.

En Primaria e en Infantil propóñense novos enfoques na aprendizaxe e na avaliación, que van supoñer un importante cambio nas tarefas que teñen que resolver os alumnos e as alumnas, e propostas metodolóxicas innovadoras. Unha competencia supón a combi­nación de habilidades prácticas, coñecementos, motivación, valores éticos, actitudes, emo­cións e outros compoñentes sociais e de comportamento que se mobilizan conxuntamente para lograr unha acción eficaz. Xa que logo, as competencias considéranse como coñece­mento na práctica, un coñecemento adquirido a través da participación activa en prácticas sociais que, como tales, se poden desenvolver tanto no contexto educativo formal, a través do currículo, coma nos contextos educativos non formais e informais; conceptualízanse como «un saber facer» que se aplica a unha diversidade de contextos académicos, sociais e profesionais.
A aprendizaxe baseada en competencias caracterízase pola súa transversalidade, o seu dinamismo e o seu carácter integral. O proceso de ensino e aprendizaxe competencial debe abordarse desde todas as áreas de coñecemento e por parte das diversas instancias que conforman a comunidade educativa, tanto nos ámbitos formais coma nos non formais e informais; o seu dinamismo reflíctese en que as competencias non se adquirennun de­terminado momento e permanecen inalterables, senón que implican un proceso de desen­volvemento mediante o cal os individuos van adquirindomaioresniveis de desempeño no seu uso.

Para lograr este proceso de cambio curricular é preciso favorecer unha visión interdis­ciplinaria e, de xeito especial, posibilitarlle unha maior autonomía á función docente, de forma que permita satisfacer as demandas dunha maior personalización da educación. O rol do persoal docente é fundamental, pois debe ser quen de deseñar tarefas ou situacións de aprendizaxe que posibiliten a resolución de problemas e a aplicación dos coñecementos aprendidos, xa que os contidos están subordinados á acción.