Os peisadelos e os terrores nocturnos son frecuentes na infancia.
Non debemos dramatizar nen alarmarnos en exceso. A continuación, deixo unha pautas e orientación para saber abordalos.
PEISADELOS E TERRORES NOCTURNOS
sábado, 2 de marzo de 2019
viernes, 1 de marzo de 2019
CALENDARIO COMPETENCIAL MES DE MARZO 2019
Xa estamos en marzo e as familias teñen mil e unha posibilidades de aprender cos seus fillos e fillas, de pensar, de imaxinar, de ler, de ter sesións de cine en familia, de resolver enigmas en contos, de conversar dos momentos felices da xornada, de escoitar música ou de practicar inglés, de planificar menús saudables, realizar algunha visita a recantos con encanto da provincia (Caldas de Reis, Cambados, Campo Lameiro, Cangas), indagar sobre mulleres e argumentar os seus papeis na historia, crear unha historia de teatro,...
As nosas heroinas deste mes: BEGOÑA VILA (astrofísica), NEREA BARROS (actriz), ISABEL BARRETO (almirante)
A educación compartida é máis sensata, máis coherente, máis motivadora, máis ilusionante,...A través das propostas do calendario educamos na realidade, no asombro e para a vida dende a propia vida.As nosas heroinas deste mes: BEGOÑA VILA (astrofísica), NEREA BARROS (actriz), ISABEL BARRETO (almirante)
CALENDARIO MES DE MARZO INFANTIL
CALENDARIO MES DE MARZO INFANTIL 2
CALENDARIO MES DE MARZO PRIMARIA
CALENDARIO MES DE MARZO PRIMARIA 2
jueves, 28 de febrero de 2019
TIC-TAC-TEP-TRIC CON APLICACIÓNS
O uso das TIC de forma creativa para transformar as aprendizaxes en coñecemento, para empoderar ao profesorado e ao alumnado, para comunicar e para comunicarse,...
As TIC favorecen a organización da aula, a organización de contidos, a información, a avaliación do alumnado, a motivación, a creación de avatares ou de presentación atractiva de contidos ou información, dinamiza as aprendizaxes a través do xogo (gamificación),...
Para saber máis premede no seguinte enlace onde aparecerá unha escola de aplicacións TIC ou ben descargades o código QR da parte inicial da páxina
miércoles, 27 de febrero de 2019
RADIOBLOG: JOSÉ MOYA COMPETENCIAS PROFESIONALES DOCENTES
Determinar ou visibilizar as competencias profesionais docentes son necesarias para que a educación do século XXI dea unha resposta ao alumnado, ás súas necesidades.
Moya establece 4 grandes bloques nos que integrar as diferentes competencias docentes:
- COMPETENCIAS CIENTÍFICAS-TECNOLÓXICAS (ser competente no coñecemento que vai ensinar)
- COMPETENCIAS PSICOPEDAGÓXICAS E METODOLÓXICAS (saber ensinar, que o coñecemento poida chegar ao alumnado, a todos os alumnos e alumnas nas mellores condicións)
- COMPETENCIAS PERSONAIS (habilidades sociais, comunicativas, empatía,...)
- COMPETENCIAS EN TRABALLO COOPERATIVO, COLABORATIVO EN INSTITUCIÓNS-ORGANIZACIÓNS EDUCATIVAS.
martes, 26 de febrero de 2019
METODOLOXÍAS SENSORIAIS
As metodoloxías en educación son diversas e o noso alumnado tamén. Polo tanto os enfoques metodolóxicos deben ser variados.
A continuación algunha das múltiples posibilidades:Montessori, Waldorf, Reggio Emilia, Pikler… Diferencias entre los métodos pedagógicos alternativos
Algunhas das diferenzas entre Montessori e Waldorf son:
Diferenzas
DIFERENCIAS ENTRE LOS MÉTODOS PEDAGÓGICOS ALTERNATIVOS: MONTESSORI, WALDORF, REGGIO EMILIA Y PIKLER
viernes, 22 de febrero de 2019
PROTOCOLO DIVERSIDADE FUNCIONAL SENSORIAL AUDITIVA
Acaba de sair!
Pero se a palabra DISCAPACIDADE debe desaparecer e falar cunha linguaxe inclusiva como por exemplo DE DIVERSIDADE DE CAPACIDADES OU DIVERSIDADE FUNCIONAL neste PROTOCOLO titúlase PROTOCOLO DE ATENCIÓN EDUCATIVA DISCAPACIDADE AUDITIVA.
jueves, 21 de febrero de 2019
A ESCOLA DE NAIS E PAIS EN RADIO BLOG DE FEBREIRO
Xa estamos a finais de febreiro e chega a segunda sesión da ESCOLA DE NAIS E PAIS na RADIO MUNICIPAL DE TUI.
Mércores 27 de febreiro ás 12,30 teremos o privilexio de conversar con D. José Moya, catedrático da Universidade das Palmas, Gran Canaria.
Pepe Moya é un das persoas expertas no panorama educativo nacional e internacional nas COMPETENCIAS PROFESIONAIS DOCENTES.
Cales serán esas competencias necesarias?
É necesario redeseñar as competencias profesionais docentes?
Como deben ser os docentes do s. XXI?
Esta se outras cuestións seran respostadas no programa en directo.
Non esquezades enviar por escrito preguntas ao Whatsapp da RADIO MUNICIPAL tfno.664061200
miércoles, 20 de febrero de 2019
QUE APRENDEMOS DAS NENAS E NENOS?
Sempre pensamos que son os nenos e nenas os que aprenden de nós. É certo! Aprenden! Pero poucas veces os adultos nos paramos a pensar nas múltiples cousas que aprendemos cada día dos nenos e nenas: a sorrir, a non ser rencorosos, a ser transparentes, ....
Deixovos as palabras de FERNÁNDEZ BRAVO para que disfrutedes:
Todo lo que me enseñaron los niños
José Antonio Fernández Bravo
martes, 19 de febrero de 2019
HABILIDADES SOCIAIS
Hoxe comparto con vós un material fantástico para traballar as Habilidades Sociais.
RECURSOS HABILIDADES SOCIAIS
viernes, 15 de febrero de 2019
MÉTODOS EDUCATIVOS: VERDADES E FALACIAS
Estamos na época de decidir en que centro matriculamos aos nosos fillos e fillas.
O seguinte artigo deberá servir para facernos reflexionar e pensar .
Javier Guillenea fai un análise exhaustivo sobre os MÉTODOS EDUCATIVOS valorando o que hai de verdades e o que de falacias ou marketing comercial.
Lembrade que todo se compra e todo se vende.
"Es época de prematriculaciones y los colegios intentan ganar alumnos enseñando sus mejores y más modernos métodos pedagógicos. ¿Tienen todos ellos acreditados su valía?"
ARTIGO METODOS EDUCATIVOS (JAVIER GUILLENEA)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)