viernes, 14 de febrero de 2014

CITAS PARA A REFLEXIÓN EDUCATIVA


"Cada persoa busca a felicidade dunha maneira distinta e por diferentes medios e así fabrica distintas formas de vivir". (Aristóteles)

A felicidade acádase cunha forte dose de INTELIXENCIA EMOCIONAL (Goleman, 1995).
Algunhas pistas para a consecución:
  • consciencia emocional para saber o que sentimos, que pensamos, para saber expresar emocións,...
  • A regulación emocional para poder ser conscientes da emoción vivida e de saber e querer controlar a impulsividade.
  • A autoestima que permite querenos a nós mesmos porque somos seres únicos, especiais e irrepetibles.
  • Cultivar o optimismo
  • Expresar a gratitude
  • practicar a amabilidade
  • vivir o respecto
  • crear un clima de afectividade e seguridade

jueves, 13 de febrero de 2014

FERMOSAS E SENSIBLES OLLADAS (DE CINE)

FERMOSAS E SENSIBLES OLLADAS (DE CINE)





Levo tempo, moito tempo agochando para min un “tesouro”.

Hoxe é o día no que descubra que ese tesouro  é aprender de cine a través de outras olladas.

Olladas que me levan e me transmutan a tempos pasados  pero tamén presentes.

Olladas  para o sentimento, para a emoción permanente.

Permitídeme ofrecervos a posibilidade de disfrutar e de deixarvos “engaiolar” cunhas olladas de cine diferentes, pero moi sensibles , fermosas (e profesionais).

A través dos contidos do blog http://www.laescueladelosdomingos.com/ poderemos aprender xuntos de cine: de planos, de encadres, de guións, de historias, de vestiario, de fotografía,…

CALENDARIO COMPETENCIAL: APRENDIZAXES BÁSICAS PARA A VIDA



UN CALENDARIO “COMPETENTE”





Ás vosas mans chega un calendario un tanto especial.

Este calendario tamén fai unha “ponte de unión” con VALENÇA e dende alí posibilidades de lectura en portugués e lugares fermosos para descubrir e disfrutar.

É un calendario “COMPETENTE” para facer posible o principio da EDUCACIÓN COMO TAREFA COMPARTIDA, EDUCACIÓN COMO COMPROMISO.

Non é novo que a educación debe sustentarse en tres piares fundamentais: A FAMILIA, A ESCOLA e a SOCIEDADE.

Coas transformacións sociais actuais urxe dotar ás familias de estratexias para o desenvolvemento de competencias básicas na contorna social, cultural e familiar.

Deste xeito as familias serán co-partícipes activas do proceso educativo dos fillos e das fillas.

E o esforzo compartido que se preconiza dende a LOE 2/2006 e a LOMCE 8/2013 será unha realidade

A finalidade será dinamizar aprendizaxes básicas para a vida dende enfoques competenciais.

Por outra parte, o medio social, natural, cultural é o mellor recurso curricular para aprender, para pensar, para pescudar, …

Dende hai uns anos resulta prescriptivo integrar no currículo 8 COMPETENCIAS BÁSICAS, como COMPETENCIAS CLAVE para poder desenvolverse de forma eficaz, exitosa na sociedade actual e futura.


O seu desenvolvemento debe iniciarse dende o comezo da escolarización para que a súa adquisición se realice de forma progresiva  e coherente. Serán o referente para a práctica educativa e o paradigma educacional debe ser  o de aprender a aprender e aprender facendo.

No calendario aparecen propostas de aprendizaxe colaborativo  lecer con andainas, buscas do tesouro , de educación ambiental con reciclado, consumo responsable de luz e auga, suxerencias de lectura e cine, pautas para o desenvolvemento exitoso da fala e da linguaxe, a atención, a percepción, educación para a saúde  con creación de menús saudables, corresponsabilidade no fogar, valores, percepción e discriminación visual e auditiva,...

 Estas 8 Competencias deben ser integradas e desenvolvidas en tódalas áreas curriculares.

Trataremos de facer unha reseña das 8 Competencias Básicas (8 CB):

 1.-Competencia en Comunicación Lingüística:  a través da consecución de obxectivos, contidos educativos e tarefas –actividades-exercicios de aprendizaxe posibilitaremos que o noso alumnado sexa competente no ámbito linguístico se utiliza a linguaxe como instrumento de  comunicación oral e escrita, de representación, interpretación e comprensión da realidade, de construcción e comunicación do coñecemento e de organización  e autorregulación do pensamento, das emocións, e da conduta. Para acadar o desenvolvemneto desta competencia fomentaremos e dinamizaremos a participación do alumnado, a toma de decisións empregando o consenso e o diálogo, respectando a diversidade de respostas, ofrecendo un clima que anime a ler, escribir e conversar.

2.-Competencia Matemática: o noso alumnado terá a competencia matemática desenvolvida se promovemos que empregue e relacione os números, as súas operacións básicas, os símbolos e as formas de expresión, razonamento matemático, tanto para producir como para interpretar distintos tipos de información. Tamén se fai un uso funcional de aspectos cuantitativos e espaciais da realidade que lle permitan resolver problemas  relacionados coa vida cotiá.  Así mesmo manexará elementos básicos matemáticos coma números de diferentes tipos: Medidas, símbolos,... en situacións reais  e da vida cotiá ao mesmo tempo que realiza razoamentos matemáticos.  Para acadar o desenvolvemneto desta competencia fomentaremos e dinamizaremos a aplicación e utilización de elementos e razonamentos matemáticos para enfrontarse ás situacións cotiás e reais.

3.-Competencia no Coñecemento e  Interacción co mundo físico: o noso alumnado terá competencia no coñecemento e interacción co mundo físico se favorecemos a habilidade e autonomía para interactuar co mundo físico comprendendo sucesos e feitos e previndo posibles consecuencias. Tamén se é quen de coidar do medio ambiente e de protexer a saúde individual e a colectiva. Para a adquisición desta competencia os docentes deberemos dinamizar e promover as habilidades de  investigación como formular hipóteses, observar, recoñecer evidencias, formular interrogantes, verificar, predecir, xerar solucións e novas ideas, descubrir alternativas.

4.-Tratamento da Información e Competencia dixital: o noso alumnado terá desenvolvida esta competencia se ten habilidade para buscar, obter, procesar e comunicar información pero tamén se esa información é quen de transformala en coñecemento e botando man das das TIC como elemento esencial para informarse, aprender e comunicarse en soportes orais, impresos, audiovisuais, dixitais ou multimedias. Para acadar o desenvolvemento desta competencia fomentaremos e dinamizaremos situacións nas cales sexa necesario resolver problemas reais, para a cal se recorrerá ao tratamento da información e ao uso dos recursos tic como blog, internet, teléfono, resolución de enigmas, busquedas do tesouro,....

5.-Competencia Social e Cidadá:  favoreceremos o desenvolvemento desta competencia se pomos ao alumnado en situación de ter habilidade para comprender a realidade social na que vive ao mesmo tempo que coopera, interacciona, resolve conflictos, toma decisións, elixe, se responsabiliza, ten consciencia das emocións e as autorregula, se coñece, se valora, se expresa en diferentes situacións, valora a vida comunitaria e comprende o seu funcionamento, valora as diferencias das persoas como algo enriquecedor, recoñece a igualdade de nenos e nenas , homes e mulleres, emprega a negociación e o consenso para chegar a acordos como forma de solucionar conflictos tanto no ámbito individual como no social. Ademais fomentaremos e dinamizaremos situacións nas cales sexa necesario resolver conflictos, dialogar, negociar, coñecer diferentes costumes, culturas, linguas, etnias, razas,....e tamén promovendo unha educación emocional enxerida no currículo e na vida da aula.

6.-Competencia Cultural e Artística:  o noso alumnado estará en proceso de adquirir e/ou adquirida  esta competencia se ten habilidade para comprender, coñecer, apreciar e valorar diferentes manifestacións culturais e artísticas, utilizándoas como fonte de enriquecemento e de gozo e considerándoas como parte do patrimonio dos pobos. Tamén serán competentes se son quen de apreciar o feito cultural en xeral, e o feito artístico en particular para o que deberán botar man de habilidades de pensamento, perceptivas e comunicativas, sensibilidade e sentido estético para poder comprendelas, valoralas, emocionarse e gozalas. Na educación infantil contribuiremos ao desenvolvemento desta competencia cando o centro e as aulas estean abertos ás diferentes  manifestacións culturais e artísticas, converténdose nuns espazos en que se aprecie e goce coa arte e coas manifestacións culturais, onde se potencie o emprego dalgúns recursos da expresión artística para realizar creacións propias; onde se manteña unha actitude aberta, respectuosa e crítica cara á diversidade de expresións artísticas e culturais e onde se impulse cultivar a capacidade estética e creadora de cada criatura e o interese por participar na vida cultural e por contribuír á conservación do patrimonio.

 7.-Competencia para aprender a aprender: o noso alumnado terá desenvolvida esta competencia se ten habilidade para iniciarse na aprendizaxe autónoma, de saber buscar información e ser capaz de continuar aprendendo de maneira cada vez máis eficaz e autónoma de acordo cos propios obxectivos e necesidades. Tamén deberá ir tomando conciencia das súas capacidades -intelectuais, emocionais, físicas- así como coñecer o proceso e as estratexias necesarias para desenvolvelas; deberá ser quen de interiorizar do que se pode facer por un mesmo e do que se pode facer con axuda doutras persoas ou recursos. Significa tamén que debe ser consciente do que se sabe e do que é necesario aprender, de cómo se aprende e de como se xestionan e controlan de forma eficaz os procesos de aprendizaxe, optimizándoos e orientándoos a satisfacer obxectivos persoais.

Contribuirase á mellora desta competencia dende o proceso de e-a deseñando unha práctica educativa que incida na potenciación da comprensión e da expresión lingüística, da memoria, da motivación, da observación, dos rexistros das aprendizaxes, do traballo cooperativo e por proxectos, da resolución de problemas, posibilitando por parte dos nenos e nenas a planificación e organización da tarefa que se vai realizar, a selección e o tratamento da información a través dos diferentes recursos tecnolóxicos.

8.-Autonomía e iniciativa persoal: o noso alumnado terá desenvolvida esta competencia se ten adquirida a conciencia e aplicación dun conxunto de valores e actitudes persoais interrelacionadas como a responsabilidade, a perseveranza, o autocoñecemento e a autoestima, a creatividade, a autocrítica, o control emocional, a capacidade de elixir, de calcular riscos e de afrontar os problemas, así como a capacidade de demorar a necesidade de satisfacción inmediata, de aprender dos erros e de asumir riscos. Por outra parte deberá ser quen de elixir con criterio propio, de propoñer proxectos e de levar adiante as accións necesarias para desenvolver as opcións e plans persoais -no marco de proxectos individuais ou colectivos- responsabilizándose deles tanto no ámbito persoal, como no social e no laboral.

Dende o proceso de e-a poderase contribuír a mellorar esta competencia sempre que se permita imaxinar, emprender accións, desenvolver proxectos individuais ou colectivos con creatividade, confianza e responsabilidade. O paradigma educacional  sobre a forma de aprender e de ensinar non se debe  a acumulación de coñecementos, senón o desenvolvemento das posibilidades que posúe calquera das nosas alumnas e alumnos mediante fórmulas «de saber» e «de facer» contextualizadas á vida cotiá.

O noso desexo é que este calendario favoreza o desenvolvemento físico, afectivo, social e intelectual de fillos e fillas, pais e nais e demáis membros da familia dun xeito divertido, comprometido e en familia.


DISFRUTADE EN FAMILIA!


RIDE EN FAMILIA!


 LEDE EN FAMILIA!


VISIONADE CINE EN FAMILIA!



Para que o mes de xaneiro estea a vosa disposición debedes premer no enlace de abaixo

https://www.dropbox.com/s/0e36v5hfb5p463y/XANEIRO%2014_2.pdf

Para que o mes de xaneiro estea a vosa disposición debedes premer no enlace de abaixo

https://www.dropbox.com/s/un80c3npgl7u6jr/FEBREIRO%2014%20EUROCIDADE_2.pdf








martes, 11 de febrero de 2014

CINEBLOG




Tal como escribiu no seu momento FERNANDO FERNÁN GÓMEZ, o cine é a mellor escola, a escola dos domingos (polos anos 60-70-80   o domingo  estaba asociado ao cine e en TUI tiñamos 3 cines, tres maravillosos cines cheos de recordos para moitos de nós: TEATRO PRINCIPAL, CINE YUT, CINE BOLÍVAR )
O cine permite que un ser humano viaxe a través da imaxes a mundo reais e fantásticos, que se emocione, se comprometa, valore, analice, …

O CINE permite adentrarse no coñecemento das costumes e realidades sociais e culturais. Por outra parte favorece formar opinións e visións sobre acontecementos pasados, presentes e futuros. De igual maneira promove  que se entre en contacto con valores, ideas, pensamentos, actitudes, normas, cores, movimiento, percepción e discriminación visual e auditiva, …

Lembrémonos de: PASEN E VEXAN!
QUE VEMOS?  UN ARTE, UN UNIVERSO APASIONANTE, DOCUMENTOS DE VIDA

ANIMÁSTE A DEIXARTE EMOCIONAR CO CINE?

A nosa proposta de cine para este mes é o film ROMPE RALPH onde aparecerán de forma explícita valores como a amizade, axuda, colaboración, superación, responsabilidade,…
O cambio sempre será posible con esforzó e superación. 
Se desexades ver unha ficha técnica e posibilidades de traballo premede aquí: http://revistas.upcomillas.es/index.php/padresymaestros/article/view/1710/1458
Outras SUXERENCIAS de CINE EN FAMILIA son:

                                         “ALICIA NO PAÍS DAS MARAVILLAS”


                                      “GRU, MI VILLANO FAVORITO"

                                             “ROBIN HOOD” (1938)

                                             


                                     "ROBIN HOOD" (animación Disney)

                                                            



                          "LOS CROODS, UNA AVENTURA PREHISTÓRICA”



                                          “EPIC: EL MUNDO SECRETO"

jueves, 6 de febrero de 2014

Déixate atrapar polos libros: Contacontos creativos


Se pola maxia dun libro te queres deixar atrapar non tes máis que as súas páxinas abrir!
Ofrecemos estratexias para disfrutar cun libro entre as mans.
Cando viaxamos polas súas páxinas e nos mergullamos nas súas historias podemos vivir UN MUNDO DE POSIBILIDADES E DE EMOCIÓNS: DIVERTIRNOS, RELAXARNOS, DESCUBRIR, IMAXINAR outros mundos, CRECER, SER FELIZ, DETER O OTEMPO, SABER, APRENDER, PENSAR, DESCUBRIR O MUNDO, RIR, EXPLORAR, XOGAR, SOÑAR,...








DEIXATE ATRAPAR POLA HISTORIA DE: A VIAXE DE OLAF

Sesión: Venres 7 febreiro, aula de BALDRÁNS, 18 horas
OLAF  era un cativo, mooooooi pequerrecho!
Vivía nunha casa moooooi grande.
Un bo día, aburrido, púxose a camiñar, a camiñar,....
Durante a súa travesía atopou, atopou, atopou,...
¿que atoparía?
Se queredes coñecer, escoitar ou seguir a guía de lectura do conto preme aquí: Contos para durmir 1



martes, 4 de febrero de 2014

UNHA CAIXA MÁXICA DE POSIBILIDADES

Paseniño, paseniño o noso blog, o voso blog vai camiñando. Pretende ser unha caixa máxica con propostas atractivas para soñar, coñecer, descubrir, divertirse, rir, comprender,...

 Aí vai a proposta:
 Ao comenzo de cada mes faremos unha entrada cun CALENDARIO COMPETENTE que favorece o desenvolvemento de aprendizaxes básicas para a vida!

 1ª semana de cada mes: CLUBE DE LECTURA: DÉIXATE ATRAPAR! con propostas de libros e contos para ler durante o mes.Nesta sección teremos sorpresas cada mes pois persoas moi diversas do eido educativo, cultural, institucional,...farán o posible por ATRAPARNOS no interese por ler as súas propostas.
 2ª semana de cada mes: CINEBLOG: ORIENT-ARTE! con propostas de cine relacionadas con educación e valores.
 3ª semana de mes: ESCOLA DE NAIS E PAIS: ACOMPÁÑAME A APRENDERA APRENDER! onde faremos propostas de estratexias para a mellora de diferentes procesos cognitivos como memoria, atención, percepción, educación emocional, establecemento exitoso de normas e límites,...
 4ª semana de mes: APRENDIZAXES PARA A VIDA: SOSTIBILIDADE E SOLIDARIEDADE! nesta sección trataremos de reducir o consumo de auga, de luz, reciclar, reutilizar, campañas solidarias,...e tamén BÚSQUEDA DE TESOUROS: ENGAIÓLATE co patrimonio cultural de TUI, a emoción da Pedra.



lunes, 27 de enero de 2014

Educación e cine, unha maridaxe perfecta. "HOY EMPIEZA TODO" (1999) B. Tavernier

O film "Hoy empieza todo" é unha fiestra aberta que nos permite descubrir que unha escola pode ser unha illa de cores para escapar de realidades familiares e sociais duras, complexas e transformarse nun cobertor de posibilidades, de solucións e esforzos compartidos.Cada día debe "empezar todo": soños, ilusións, búsquedas.   

Outros links de interese:





lunes, 30 de diciembre de 2013

UNHA BENVIDA!



Estamos iniciando unha travesía que nace coa intención de ser compartida. Dende a Xefatura do Dto. de Orientación do centro (T. Domínguez Pérez, Doutora en Psicopedagoxía) pretendemos que este recurso Tic  sexa unha fiestra aberta á realidade social, cultural, familiar, educativa,...un instrumento de comunicación, de interacción, de compromiso entre todas as persoas que conforman a Comunidade Educativa do CRA MESTRA CLARA TORRES. De igual maneira, será un espazo aberto á cidadanía, a todos os docentes e familias que queiran ter un espazo para aprender en comunidade e para medrar xuntos como persoas.
Ten tamén a finalidade de ser unha folla de ruta  para a titoría e a orientación coas familias para que saiban educar máis e mellor e, polo tanto, promoverá que acompañen e guíen os roteiros educativos e os aprendizaxes dos fillos e fillas porque son CORRESPONSABLES da súa educación.
Este blog terá varios menús:  
-Metodoloxía e Intervención Educativa: Neste apartado atoparedes estratéxicas metodolóxicas creativas, activas, globalizadas, cun carácter integral, significativas, contextualizadas,...e tamén propostas de intervención educativa para dar respostas exitosas á diversidade do alumnado e das familias polo que servirá para adecuar metodoloxías, adecuar as estructuras organizativas das aulas, para deseñar programas específicos individualizados,...(art. 8 do D. 229/2011)
-Cine: Tódolos meses publicitaremos propostas para disfrutar co cine, para imaxinar dende o cine...vai ser ESE CINE QUE NOS MIRA.
-Libros para aprender: Visibilizaremos publicacións sobre educacións de temática diversa tanto para familias coma para as persoas docentes.
-Libros para imaxinar: Ler será un camiño para soñar, para descubrir, para sentir,...e por este motivo faremos propostas lectoras para nenos e nenas e tamén para as persoas adultas xa que temos claro que as criaturas nunca serán lectoras e terán gusto pola lectura se os adultos que están ao seu carón nunca están cun libro entre as mans.
-Calendario Competencial: cada curso escolar editarase un calendario con propostas de actividades funcionais e prácticas para desenvolver no contexto familiar para que as aprendizaxes sexan situadas, contextualizadas e para que se desenvolvan no contexto informal. Neste calendario aparecerán mil posibilidades de acción para cada día da semana relacionados co ámbito da autonomía, da corresponsabilidade no fogar, do descubrimento de recantos con encanto, da comunicación lingüística, da toma de decisións, da música, da lectura, do cine,...
-Radioblog: propostas en audio con temática variada (orientacións sobre autonomía, desenvolvemento emocional,  aprender a obedecer,...) para as persoas que non teñen tempo para ler e asi poden escoitar mentras camiñan, mentras fan un xantar ou toman o sol,...
-Aprender a pensar: retos e rutas para ensinar e aprender a pensar.
-Faladoiro: obradoiros para falar de educación
-Aprendizaxe Servizo: Propostas e secuencias didácticas onde o alumnado e as familias aprendan facendo un "servizo" á comunidade. á cidadanía.
-Lexislación: enlaces de normativa educativa e protocolos de atención á diversidade.

Entre todas e todos faremos posible o que a LOMCE 8/2013 nos prescribe:  "A educación é a clave ... para a formación de persoas activas con autoconfianza, curiosas, emprendedoras e innovadoras, ...de crear valor individual e colectivo, capaces de asumir como propio o valor do equilibrio entre o esforzo e a recompensa.
Por outra parte "é necesario adquirir dende idades temperás competencias transversais, como o pensamento crítico, a xestión da diversidade, a creatividade ou a capacidade de comunicar, e actitudes clave como a confianza individual, o entusiasmo, a constancia e a aceptación do cambio. A educación inicial é cada vez máis determinante por canto hoxe en día o proceso de aprendizaxe non se remata no sistema educativo, senón que se proxecta a longo de toda a vida da persoa.

Por todo o anterior, traballaremos "para  propiciar as condicións que permitan o oportuno cambio metodolóxico, de forma que o alumnado sexa un elemento activo no proceso de aprendizaxe.... A globalización e o impacto das Tecnoloxías da Información e da Comunicación fan que sexa distintaa súa  maneira de aprender, de comunicarse, de concentrar a súa  atención ou de abordar unha tarefa".   
A educación é o medio máis adecuado para construír a personalidade do noso alumnado. desenvolver ao máximo as capacidades, conformar a súa propia identidade persoal e configurar a súa comprensión da realidade, integrando a dimensión cognoscitiva, a afectiva e a axiolóxica.
Os principios rectores do noso Departamento de Orientación serán:
  • A inclusión educativa
  • A educación como unha tarefa compartida
  • A participación e a implicación das familias  e da comunidade cidadá.
  • A equidade
  • A igualdade de oportunidades
  • A capacidade de esforzo
  • A alfabetización emocional
  • Aprendizaxe permanente
Os ámbitos que traballaremos serán, entre outros:
  • Atención
  • Escoita activa
  • Memoria
  • Razonamento
  • Educación emocional
  • Formación familiar
  • Conciencia Fonolóxica
  • Lectoescritura
  • Competencias Básicas-Competencias Clave
  • Aprendizaxes Básicas para a vida
  • Estratexías para a autonomía e iniciativa persoal
  • Técnicas e rutas para aprender a aprender
ACOMPAÑÁDENOS  NESTA ANDAINA EDUCATIVA PARTICIPANDO!