Mostrando entradas con la etiqueta contidos creativos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta contidos creativos. Mostrar todas las entradas

sábado, 25 de febrero de 2017

CONTO CON MOITO CONTO: COCORICO

Aí vai as propostas do mes:
COCORICO
Había unha vez un pito que quería un biscoito..... pero, para que a MAMÁ GALIÑA, o puidese cociñar precisaba leña e iso era a responsabilidade de COCORICO.
QUEREDES SABER QUE PASOU ?
Pois a ler toca!

Quedáchesde con ganas de ler máis?
Pois a facer A MELLOR SOPA DO MUNDO coa receita que aparece no libro:

martes, 18 de marzo de 2014

OUTRAS OLLADAS... DE CINE



Alguén me falou estes días do traballo que un profesor de Historia está a desenvolver co seu alumndo. ("Vaia sorpresa! Pero se é Manolo!")
Existen moi poucas persoas que poderían xunguir e facer unha simbiose pefecta entre CINE E EDUCACIÓN e, unha delas, é Manuel González (referente en Galicia cando de cine se fala).
Durante uns días mergulleime nel e o principio educativo de "aprender facendo" e "aprender vivenciando" cobra un significado especial neste proxecto.

É bastante habitual, en conversas de docentes, escoitar que o alumnado está desmotivado, non ten interese, non quere aprender,...

Os tempos mudaron e, polo tanto, tamén mudaron  as formas de pensar, de procesar información,... O noso alumnado é un alumnado "nativo dixital"http://www.marcprensky.com/writing/Prensky-NATIVOS%20E%20INMIGRANTES%20DIGITALES%20(SEK).pdf)  polo que esa ferramenta ou recurso poder ser o elemento conductor de aprendizaxes pero empregado de forma creativa, reflexiva, crítica,...Por este motivo, as formas de ensinar deben mudar, deben "re-pensarse", deben "re-crearse".
No noso alumnado existe xa unha "lingua dixital" totamente incorporada á súa vida e este feito é unha realidade. Manexan a hipertextualidade, redes sociais, MTV, videoxogos, dispositivos móbis,...polo que é urxente un troco nos modelos de ensinanza e de aprendizaxe.
O cine pode ser o  recurso "máxico" (si hai receitas máxicas en educación) para traballar calquera contido curricular e o recurso motivador e ilusionante para aquel alumnado que non quere aprender.
A literatura, as linguas, a pintura, a escultura,...pode ser descuberta a través do cine.
Un exemplo pode ser o cine de animación de Petrov onde se visibilizan recursos pictóricos de Turner, Goya, Munch, Manet, Velázquez, Van Gogh,...e diversidade de recursos escultóricos.
http://www.youtube.com/watch?v=pa_RoSVFoFM  
http://www.youtube.com/watch?v=k8eimDwXAik 
http://ibdigital.uib.es/greenstone/collect/memoriesUIB/import/Sousa_Dominguez_Belen.pdf

De igual maneira, a historia do vestiario ao longo da historia pode ser estudiada perfectamente e de forma creativa a través de diferentes films. Outro referente importante é CLIPHISTORIA onde se plasman as posibilidades do ensino da Historia de España, de Galicia, ....a través de olladas cinematográficas. No espazo CLIPHISTORIA as temáticas históricas son: muller, educación. arte, literatura,...
Para saber máis premer no seguinte enlace