Mostrando entradas con la etiqueta calendarioscompetenciais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta calendarioscompetenciais. Mostrar todas las entradas

lunes, 1 de febrero de 2021

CALENDARIO COMPETENCIAL FEBREIRO 21

 






Xa iniciamos un novo mes con propostas diversas que integral un enfoque competencial e ODS. Neste mes os nenos e nenas de E.Infantil indagarán sobre disfraces, gravar audios de contos, realizar inventario de palabras con detrerminados fonemas, crear problemas matemáticos, escoitar música clásica, deseñar lista da compra ou planificar actividades corresponsables ou gravar cuñas publicitarios sobre libros ou alimentación saudable. Polo que respecta aos nenos e nenas de E. Primaria crearán podcast, realizarán estudios estatísticos comparativos dos día de chuvia, fotografar plantas ou xogarán o xadrez.
Para E. Secundaria teremos propostas relacionadas coa e rradicación da pobreza, o aforro de auga, un canal de Youtube sobre preferencia sde cine/literatura/música, recompilación de poesías ou cancións que falen de auga, indagación sobre o 23F e crear un podcast, búsqueda de medidas para reducir a contaminación etc.
As propostas lectoras tamén aparecerán e as de cine.

A muller sanitaria deste mes é CARMEN MOSQUERA, Pediatra (A Guarda)

lunes, 18 de enero de 2021

CALENDARIO COMPETENCIAL XANEIRO 2021

 





As propostas poden visualizarse nos seguintes enlaces
E a novidade deste ano 2021 é un calendario para alumnado de ESO con propostas que integran o currículo da etapa pero tamén visibiliza os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible amáis de literatura escrita por mulleres e recomendacións de cine.
As mulleres sanitarias do pasado e do presente aparecerán cada mes.


XANEIRO 21 EDUCACIÓN SECUNDARIA

XANEIRO 21 EDUCACIÓN SECUNDARIA 1

Aproveitemos as múltiples oportunidades destes calendarios para artellar unha nova forma de desenvolvemento curricular do presente e do futuro.