Xa iniciamos un novo mes, o mes de setembro!
A piques do inicio do curso faemos propostas competenciais que promoven a autonomía, a responsabilidade, a iniciativa ...
Como cada mes homenaxeamos a unha MESTRA DE SEMPRE: CLARA TORRES de Tui.
Algúns exemplos de actividades son:
-Crear cuñas publicitarias de receitas de cociña.
-Deseñar cronograma de tarefas corresponsables.
-Cear sen TV e conversar sobre os beneficios dunha alimentación saudable.
-Indagar sobre o funcionamento de determinados aparellos.
-Deseñar xogos ou xoguetes con material de refugallo.
-Explicar que tarefas resultaron complexas ao longo do día ou semana.
-Analizar gastos do mes e buscar estratexias para a reducción.
-Crear unha historia descriptiva que teña como protagonistas membros da familia.
-Deseñar problemas matemáticos empregando as medidas de capacidade e/ou lonxitude ...
Este mes tamén leva propostas de LITERATURA INFANTIL E DE ADULTOS e PROPOSTAS CINÉFILAS de adultos e infantil-xuvenil.
CALENDARIO COMPETENCIAL EDUCACIÓN INFANTIL MES DE SETEMBRO 20
CALENDARIO COMPETENCIAL EDUCACIÓN PRIMARIA MES DE SETEMBRO 20