lunes, 4 de mayo de 2020

LEMOS?

En maio tamén podemos ler e imaxinar mil e unha historia, crear mundos de fantasía, e por iso as propostas para Educación Infantil son:
Será verdade que hai alguén que rouba as palabras? proba a ver se no libro que vas a abrir hai ou non hai palabras, que palabras gusta de roubar? palabras fermosas? palabras feas? palabras de medo?...
Pero, por se non hai palabras podes comprobar que lle pasa á nena do parque, crear ti historias co terceiro libro ou ver que se pode facer coas manciñas.



E para Educación Primaria tamén temos propostas:
"Na pequena aldea de Devastana, Usha e as súas amizades regresan das vacacións cos nervios do último curso da primaria, ao final do cal terán que enfrontarse á temida reválida. Mais axiña a reválida pasa a un segundo plano, porque na vida hai acontecementos moito máis intrigantes ca un exame. Para empezar, Deepak non aparece por ningures. A seguir, Lakshmi deixa de súpeto de ir á escola. Será Usha quen de endereitar as cousas que semellan revirarse? As amizades vellas e novas, de lonxe e de preto, terán que axudar a Usha a facer fronte a todo tipo de desafíos".





"Unha nena e un neno pérdense cando saen a xogar no bosque arrasado polo último incendio. Un monstro grande e un mostro pequeno habitan nese bosque.Nenos e monstros vanse atopar. O medo dá paso á curiosidade e comezan a interrogarse. Quen son os nenos e quen os monstros?Unha historia divertida e profunda sobre o medo ao descoñecido, que esculca na propia natureza humana, coa que a autora Paula Carballeira obtivo o X Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2018".

"Por la noche, cuando la luna alumbra el camino, el ladrón de palabras sale con todo su equipo y se dirige a la ciudad. Allí, rastreando las voces y las luces, sin que nadie lo vea, trepa por los tejados. Comienza la cosecha... Una historia sobre la belleza de las palabras y su valor para comunicarse con el mundo, para sembrar amistades, para amar".


E para rematar SE DIVERTIDO QUERES PERMANECER UN LIBRO NAS MANS SEMPRE DEBERÁS TER!