O papel que teñen as familias na educación dos seus fillo se fillas e innegable e insustituible.
Pero os fillos e fillas non veñen con manual de instruccións e, por este motivo, é necesario promover accións e estratexias para guiar esa educación. Os departamentos de Orientación dos centros educativos e os E. Directivos deben ser os encargados de posibilitar estas accións.
Se queredes saber máis sobre diferentes aspectos que promovan un aprenndizaxe das familias e do profesorado sobre:
- REALIDADE SOCIAL, PERSOAL, ESCOLAR, EMOCIONAL DAS FAMILIAS NO S. XXI
- QUE DEBEN APRENDER FILLOS E FILLAS/ALUMNOS-ALUMNAS entre os 6-12 anos?: Piares da educación: aprender a coñecer, a facer, a convivir e a ser. Farei fincapé na importancia de aprender a vivir xuntos (Intelixencia interpersoal) e a ser (intelixencia intrapersonal-emocional). Consciencia emocional, autocontrol e autorregulación, autoestima, autoconcepto, autopercepción,..
- ESCENARIOS DE APRENDIZAXE
- QUEN EDUCA? EDUCACIÓN versus INSTRUCCIÓN: finalidade da educación familiar, compoñentes das aprendizaxes. Rol parental.
- DEBERES E DEREITOS DAS FAMILIAS CON RESPECTO AO E. DIRECTIVO, E. DOCENTE, D. ORIENTACIÓN: respectar, a dar información, a participar, a coñecer e apoiar o proceso educativo dos fillos e fillas, coñecer aos seus fillos, preocuparse por coñecer o funcionamento do centro, colaborar na mellora da convivencia e na prevención de conductas contrarias á convivencia, ...
- DEBERES E DEREITOS DO EQUIPO DOCENTE CON RESPECTO ÁS FAMILIAS: a escoitar, a respectar, a guiar, a orientar, a formar,...ao alumnado e as familias.
- NORMAS E REGRAS PARA A CONVIVENCIA DA COMUNIDADE EDUCATIVA: deberes e dereitos, asunción de responsabilidades, rol de cada membro
- ESTILO EDUCATIVO PARENTAL POSITIVO, CREATIVO E ASERTIVO: diálogo familiar, unificación de criterios, escoita activa, afecto, empatía, amor, tranquilidade, coherencia, ...
- ESTRATEXIAS PARA A RESOLUCIÓN DE CONFLICTO
- CONSENSO FAMILIA-PROFESORADO NA RESOLUCIÓN DE CONFLICTOS
Descargade o seguinte CÓDIGO QR