lunes, 22 de febrero de 2016
LIBROS PARA SOÑAR, LIBROS PARA APRENDER
Este é o ano de Manuel María e, polo tanto, é de recibo convidarvos cunha proposta de aprendizaxe en clave de divertimento para que os máis cativos poidan coñecer algúns dos poemas infantís de Manuel María, a quen se lle adica o DÍA DAS LETRAS GALEGAS. A obra, de ritmos diversos, supón a posibilidade de escoitar a UXÍA e a MAGÍN BLANCO a través das letras de Manuel María.
Para adultos a proposta é o traballo musical 'Uxía canta a Manuel 
María´, editado pola Casa-Museo Manuel María en forma de CD, que vai 
acompañado dun porta-poemas con 52 composicións poéticas do escritor, 
unha para cada semana do ano e un código de descarga dun DVD realizado 
sobre poemas do escritor chairego.
'Uxía canta a Manuel María' reproduce o concerto “ao vivo” que a 
cantante de Mos, voz excepcional da música galega e sensibilidade feita 
canción, ofreceu na Casa-Museo do escritor en Outeiro de Rei o pasado 6 
de outubro, o mesmo día en que o escritor faría 86 anos. Un concerto 
pensado a xeito de “agasallo de aniversario” e, en palabras de Uxía, 
todo “un canto ao gardador das albas que nos fai crer aínda no ser 
humano”.
 


