A sostibilidade, educación ambiental o consumerismo forman parte de ingredientes esenciais e claves para a conservación do planeta, para a mellora da vida.
No noso planeta de TUI queremos desenvolver actitudes proambientais e proconsumeristas a través da campaña DALLE VIDA Á TUA ROUPA. Con ela pretendemos REUTILIZAR as prendas para que cobren novas vidas e anden outros camiños.
O vestiario forma parte das nosas vidas pero, as veces, convértese nun artigo de luxo para algúns seres humanos. Por este motivo, resulta importante crear conciencias e hábitos solidarios entre o alumnado e familias. Aquelas prendas que están nos nosos armarios sen uso poden cobrar unha segunda vida, unha segunda oportunidade no corpo doutras persoas.
Facemos un convite a participar nesta acción solidaria ás familias e cidadanía. Aquelas persoas que o desexen poden axudarnos a embalar, etiquetar,....no centro de operacións da AULA DE PONTE INTERNACIONAL en horario de 9-14 horas.
Tódalas prendas que se recollan no centro deberán ser prendas de vestir en moooooi bo estado de conservación.
As prendas que pasen o "filtro" recibirán un proceso de lavado, pranchado, etiquetado e empaquetado.
As prendas levarán unha etiqueta creada polo alumnado co seu prezo: 1 kg de comida, 2 kg,…dependendo da talla, tecidos, tipo de prenda,…
As prendas de vestir serán trocadas por alimentos non perecedeiros en varios mercadillos solidarios.
Os alimentos serán entregados a CÁRITAS E S.O.S. BAIXO MIÑO
http://www.caritas.es/tuivigo/
https://www.facebook.com/sostomino.sostomino.3
Tódalas persoas que o desexen poden axudarnos na montaxe deste "TENDERETE SOLIDARIO"
ANIMÁDEVOS A DAR NOVAS OPORTUNIDADES DE VIDA ÁS PRENDAS DE VESTIR!
DATAS DO MERCADILLO SOLIDARIO: xoves 10 de abril e 22 de maio.