É importante ter un marco estratéxico de metodoloxía onde sustentar a resposta á diversidade. A continuación, explicitamos un posible marco a partir do D. 229/2011 e diferentes Protocolos como S. Down, Altas Capacidades ou D. Auditiva.
METODOLOXÍA BÁSICA PARA RESPONDER ÁS
NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS E/OU N.E.A.E.
|
1.Transmitirase a información
mediante frases curtas, de forma
clara, con boa pronuncia e asegurándonos
de que nos está prestando atención. Verificarase sempre que o/a alumno/a
entendeu a información que se lle transmitiu promovendo as autoinstruccións. Completarase a información con audios onde aparezan as explicacións
e que poden ser escoitadas polo alumnado con n.e.a.e con auriculares.
2.As tarefas presentaranse secuenciando
a información paso a paso, fragmentadas
e graduadas segundo a
dificultade para unha mellor consolidación da aprendizaxe polo que ter en
conta as dimensións dos procesos cognitivos debe ser necesario. Este proceso
completarase con PICTOGRAMAS onde
aparecen as secuencias. A escoita dun audio coas secuencias complementa e
reforza estes pasos.
3.É preciso adaptarse ao seu ritmo
de traballo, deixándolle máis tempo, se fose necesario, para acabar a
actividade e, pouco a pouco, ir pedíndolle maior velocidade nas súas
realizacións.
4.É recomendable proporcionarlle pautas
de actuación, estratexias, formas de
actuar, instrucións concretas, en lugar de normas xerais de
carácter abstracto. Empregar rutas de
pensamento e organizadores gráficos pode ser unha boa opción. Tamén ter en
conta a diversidade de modelos de pensamento.
5.Empregarase máis a axuda directa
e demostracións (por medio do modelado e a imitación) ca longas explicacións.
6.Adaptarase a duración das
actividades a súa capacidade de atención. Polo xeral, é mellor planificar
moitas actividades curtas que
poucas de longa duración.
7. Evitaranse tarefas repetitivas
que supoñan a perda de interese e a posible aparición de condutas
inapropiadas e que poidan ser interpretadas de forma errónea.
8. Os contidos de aprendizaxe presentaranse mediante distintas
modalidades sensoriais, con imaxes,
gráficos, debuxos, pictogramas ou esquemas, cando sexa viable e/ou necesario,
e tendo en conta que a información interiorízana mellor empregando varias
vías de acceso: a través da vista, do oído, do tacto e mesmo manipulando
obxectos reais sempre que se poida.
9.Primarase a valoración do
esforzo máis ca o resultado do traballo realizado, para mellorar a
autoestima do alumno ou alumna e a súa motivación.
10.É conveniente ter preparado con antelación o material que se vai
utilizar e contar con material en
abundancia, por se houbese que modificar as actividades que se tiñan previstas nun principio.
11. Convén que existan unhas normas
claras sobre a utilización do material, e que sexan intelixibles para todo o alumnado.
Cómpre organizar o material na aula de
graduadas segundo a dificultade para unha mellor consolidación da
aprendizaxe.
12. Favorecerase o autocontrol e a
responsabilidade esixíndolle o cumprimento das normas acordadas para a aula e o centro.
13.Facilitarase a adaptación ao
cambio de actividade establecendo os apoios precisos en función das súas
necesidades.
14.É preciso adaptarse máis ao
nivel de comprensión que de expresión. En xeral a súa capacidade de
comprensión é superior á de expresión.
15.Reforzaranse os bos hábitos
(constancia, puntualidade, coidado...)
evitando facer xuízos a causa de condutas desaxustadas.
18.Facilitase autonomía e a
iniciativa e Non se lles proporcionará axuda naquilo que poidan facer por
si mesmos, evitando a sobreprotección,marcándolles
responsabilidades propias e sen permitir condutas ou accións que non se lle
permitirían ao resto do alumnado.
19.Fomentarase a responsabilidade
e autonomía no desenvolvemento das tarefas, utilizando estratexias de autoaprendizaxe
que permitan que os alumnos e as alumnas traballen por si sós na aula,
evitando a dependencia excesiva do persoal
de apoio ou dos compañeiros. O persoal docente pode facer de mediador,
para achegar os coñecementos ao
alumno/a, pero sempre buscando que o/a neno/a
sexa protagonista da súa propia aprendizaxe.
20.Ofreceranse situacións
educativas de éxito, que posibiliten a mellora do seu autoconcepto e da
súa autoestima no ámbito escolar, que fagan que se sinta capaces e valorados
como membros activos do seu grupo poñendo en valor a súa contribución a el.
21.Promoveranse as aprendizaxes
prácticas, útiles, funcionais, aplicables de maneira inmediata ou próxima
na súa vida cotiá, que fomenten a súa motivación
e que lles permitan percibir a súa utilidade (aprendizaxes competenciais)
22.Empregaranse actividades de
deseño universal sobre situacións da súa vida real, nas que poida participar activamente e
partindo sempre do coñecido onde existan diferentes niveis de logro ou
desempeño: Recortar e pegar palabras
que leven B con apoio visual, Rescribir palabras que leven o fonema /B/,
arrodear palabras que leven /B/ sen apoio visual, escribir palabras que leven
/B/, inventar frases onde pararezan palabras de 3 sílabas que leven /B/,
buscar no diccionario palabras con B e inventar una historia ou una poesía
...
23.Xeraranse situacións de
aprendizaxe motivadoras para manter a atención, procurando buscar
actividades próximas aos seus intereses e dentro da súa zona de
desenvolvemento próximo.
24.Pode ser conveniente aplicar programas
específicos de autonomía persoal, habilidades prosociais e educación
emocional, tendo en conta o contexto e dirixidos a promover a súa independencia.
25. Cómpre coidar a adquisición da
lectoescritura, priorizando a funcionalidade, utilizando metodoloxías que
apoien a comprensión e a asociación da palabra co seu significado
(métodos globais, enfoques contrutivistas, etc.), pois é necesario adaptarse
ao seu estilo e ritmo de aprendizaxe.
26.Introduciranse as TIC (teclados
ou calquera outro soporte) cando hai especiais dificultades na motricidade
fina, de maneira que non se free o avance nos contidos a pesar de non estar
adquiridas as habilidades na lectoescritura.
25.Non condicionar o proceso de adquisición da lectura e a escritura ao
desenvolvemento de destrezas previas, especialmente motrices, pois non todas
son imprescindibles para a adquisición dunha lectoescritura funcional.
26. Para iniciar a adquisición da lectoescritura, non debería ser un
impedimento a dificultade no eido da linguaxe e a comunicación, pois en
moitas ocasións, iniciarse neste proceso, supón unha mellora considerable.
27.No deseño de actividades contemplaranse os criterios de lectura fácil, ofrecer preguntas con alternativa de
resposta, propoñer tarefas de relacionar, sinalar, clasificar.
28. Metodoloxías STEAM, STEM, ABP,
ABProblemas, ABPensamento, GAMIFICACIÓN, AULA INVERTIDA, Paisaxes de
Aprendizaxe,…
29. Antes de iniciar un
nuevo aprendizaje es aconsejable poner al alumno o a la alumna en situación, para
eso se recomienda:-Utilizar vídeos, imágenes y otros materiales
visuales.-Realizar un mayor número de demostraciones o actividades para que
comprenda con más facilidad.-Escalonar en pasos más cortos o darle más ayudas
de aquellas actividades que resulten más complejas para el alumnado
.-Relacionar los contenidos de las diferentes áreas del currículo para
favorecer la comprensión, organización de los contenidos y la aplicación de
los mismos. El alumno o la alumna con discapacidad auditiva no puede escuchar
y escribir o ejecutar varias tareas al mismo tiempo. Conviene tener esto
presente cuando una explicación vaya acompañada de una demostración o
consulta de textos, mapas... y se deberá seguir esta secuencia: visualización
de la imagen, explicación y nueva visualización de la imagen.
|