ALTAS CAPACIDADES
Fonte: Protocolo ALTAS CAPACIDADES
|
CONCEPTO
|
A
national Association for Gifted Children (NAGC), as persoas con altas
capacidades intelectuais son aquelas que demostran un nivel de aptitude
sobresaínte (definido como unha capacidade excepcional para razoar e
aprender) ou competencia (desempeño documentado ou rendemento que os sitúe no
10% superior ou por encima respecto ao grupo normativo) nun ou máis dominios,
entendidos estes como áreas de coñecemento ou desempeño.
Seguindo
o modelo dos tres aneis de Renzulli (1978), terá esta consideración o
alumnado que presente:• unha capacidade intelectual superior.• un alto nivel
de creatividade
persistencia
nas tarefas de alta complexidade intelectual ligadas ás súas áreas de
interese
|
|
DISTINCIÓN DE TERMOS
|
|
A PRECOCIDADE INTELECTUAL: Supón un
desenvolvemento cognitivo máis rápido que o resto dos nenos e das nenas da
mesma idade. Fálase de precocidade intelectual cando as habilidades ou
capacidades se adquiren antes do esperado, seguindo criterios cronolóxicos.
O TALENTO: Refírese a aqueles nenos e nenas
que amosan unha alta capacidade para unha ou varias áreas concretas do
coñecemento e/ou habilidades excepcionais, pero non en todas. Hai que
diferenciar entre o talento simple (creativo, lóxico, matemático, verbal,
social, deportivo) e o talento complexo (académico, artístico-figurativo)
A SUPERDOTACIÓN INTELECTUAL:
Implica un perfil cognitivo superior e
homoxéneo, cun elevado dominio en todas as áreas de coñecemento ou
habilidades. No alumnado superdotado converxen un nivel intelectual elevado,
unha alta creatividade e gran persistencia en determinadas tarefas
DOBRE EXCEPCIONALIDADE:
As altas capacidades intelectuais, en certos
casos, veñen acompañadas de características doutras necesidades específicas
de apoio educativo ou ben de sobre-excitabilidades (termo acuñado polo
psicólogo Dabrowski) nalgún eido do desenvolvemento: emocional, sensorial,
intelectual... (por exemplo: medos irracionais, obsesións e manías
desmesuradas, fobia aos ruídos, hipersensibilidade ás etiquetas da roupa ou a
determinados tecidos, aversión a texturas concretas dalgúns alimentos,
inquietude mental en exceso que provoca desaxustes no sono). Esta casuística
coñécese como dobre excepcionalidade.
|
|
CARACTERÍSTICAS/INDICADORES ALTAS
CAPACIDADES
|
|
Adquiren aprendizaxes temperás de xeito
autónomo.
•Normalmente son rápidos ou rápidas na
adquisición e retención da información.•Amosan unha gran curiosidade
intelectual.
•Fan moitas preguntas, algunhas das cales
poden chegar a ser desconcertantes para a súa idade. Gozan
resolvendo problemas e coa actividade intelectual.
•Ven as relacións causa-efecto. Teñen
habilidade para conectar e establecer relacións entre datos aparentemente
dispares.
•Teñen habilidade para manexar abstraccións
•Presentan un razoamento particular,
interpretando a realidade e a información dunha maneira diferente ao
habitual.
•Teñen necesidade de xustiza, de verdade e
de equidade (sentido ético)
•Posúen riqueza de vocabulario e facilidade
verbal Expresan pensamento crítico cos e coas demais e consigo mesmos ou mesmas
•Amosan gran capacidade de observación
•Móstranse abertos ou abertas a novas experiencias
•Posúen alta creatividade e inventiva
•Gústanlles as formas novas de facer as cousas
•Teñen facilidade para concentrarse e estar atentas ou atentos, de forma
ampla e sostida, nos temas do seu interese
•Móstranse persistentes nas tarefas que lles resultan atractivas.
•Presentan unha gran actividade mental.
•Manifestan desagrado polas tarefas rutineiras e/ou repetitivas. Son moi
sensibles e poden presentar reaccións emocionais intensas.
•Son independentes, prefiren o traballo
individualizado.
•Teñen intereses diversos, moitas veces non
coincidentes cos do seu grupo de idade.
•Mostran gran sentido do humor, que adoita
ser peculiar.
•Preocúpanse por temas transcendentais, como
a morte, a liberdade, a xustiza, a moral, etc
•Son perfeccionistas.
•Presentan desaxustes entre o nivel de
desenvolvemento cognitivo e a madurez socio-emocional
•Teñen preferencia por estar con persoas adultas
ou nenos e nenas maiores
•Cústalles aceptar decisións cando non as
entenden ou non lle atopan explicación razoada.
|
|
CONTEXTOS
E ÁMBITOS A AVALIAR
|
|
-Referentes
ao ámbito persoal do alumno ou da alumna
-Referentes
ao contexto escolar
-Referentes
ao contexto familiar
AMBITOS:
Intelectual e aptitudinal.
Pensamento
diverxente e creatividade.
Personalidade
e axuste socio-emocional
|
|
NECESIDADES EDUCATIVAS ALTAS
CAPACIDADES
|
|
Axuste emocional, enriquecemento curricular,
currículo atractivo, actividades creativas, oportunidade de aprender máis,
situación de experimentación, conductas normotípicas
|
|
INTERVENCIÓN NO CENTRO
|
|
a.Recoller no Plan Xeral de Atención á Diversidade as medidas de atención
á diversidade para o alumnado con altas capacidades intelectuais escolarizado
no centro educativo, incorporando e desenvolvendo estas nas distintas
programacións.
b.Ter en conta a consideración a atención educativa ao alumnado con altas
capacidades intelectuais á hora de organizar a distribución do profesorado.
c.Sensibilizar ao profesorado respecto ás medidas de atención á
diversidade para o alumnado con altas capacidades intelectuais, establecidas
na concreción anual do Plan Xeral de Atención á Diversidade.
d.Promover valores de solidariedade, respecto, tolerancia, colaboración,
etc; evitando, de ser o caso, comparacións indebidas referidas ás capacidades
do alumnado. Cada alumno e cada alumna debe aprender a respectar e valorar as
demais persoas, do mesmo xeito ca estas deben respectalo ou respectala.
e.Detectar as necesidades de formación do profesorado relacionadas coa
atención ao alumnado con altas capacidades intelectuais, desenvolver accións
formativas que dean resposta a estas necesidades a través das diferentes
modalidades de formación que se ofrecen, para os centros, desde a Rede de
Formación do Profesorado da Consellería de Educación, Universidade e
Formación Profesional.
f.Contemplar, na Programación Xeral Anual, a coordinación entre os e as
profesionais que interveñen co alumnado con altas capacidades
intelectuais, favorecendo e promovendo espazos e tempos para realizar
planificacións conxuntas coa finalidade de que a intervención educativa se
realice co maior grado de coherencia, de coordinación e de colaboración
posibles.
g.Impulsar metodoloxías cooperativas que
promovan a construción social da aprendizaxe, a participación activa do
alumnado, a interacción e a axuda entre iguais.
h.Potenciar o emprego de modelos e
metodoloxías que respondan aos principios do Deseño Universal de Aprendizaxe
e a ensinanza multinivel.
i.Facilitar o desenvolvemento das
potencialidades da alumna ou do alumno, evitando un excesivo nivel de
esixencia e un desaxuste nas expectativas.
j.Garantir a coordinación entre a familia, o
profesorado, os servizos de orientación e, a través da familia, profesionais
e/ou entidades que estean a participar ou colaborar no proceso educativo do
alumno ou da alumna.
k.Informar sobre a reserva de postos
escolares para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo, sexa
en 4º de educación infantil, sexa en 1º de educación primaria, sexa en 1º de
educación secundaria obrigatoria.
|
|
INTERVENCIÓN
NA AULA
|
|
a.Potencie o diálogo e a comunicación, dedicando tempo na aula á
reflexión oral -grupal e individual-, a facer preguntas, a formular
hipóteses, etc, nun ambiente de respecto e colaboración, considerando o erro
como parte esencial da aprendizaxe e xerando confianza para expoñer os
pensamentos e opinións, dada a diverxencia no pensamento do alumnado con
altas capacidades intelectuais.
b.Respecte a diversidade de todo o alumnado, sendo coidadosos e
coidadosas coas expresións usadas nas súas interaccións. En especial, que
acepte o feito diferencial do alumnado con altas capacidades intelectuais
como elemento enriquecedor do grupo.
c.Fomente un bo clima de aula, consensuando normas e pautas de
comportamento, empregando estratexias de cohesión de grupo e de resolución
pacífica de conflitos.
d.Interveña ante os posibles prexuízos e/ou
estereotipos que poidan xurdir na aula, evitando comparacións entre iguais e
tendo en conta que cada alumno e cada alumna é singular.
e.Promova habilidades de intelixencia
emocional para afrontar situacións que esixan a identificación, expresión e
xestión das emocións, así como aqueloutras que requiran empatía, comunicación
e comprensión das emocións das demais persoas.
f.Potencie o seu rol como mediador,
favorecendo que o alumnado sexa protagonista da súa propia aprendizaxe.
g.Compaxine actividades propostas polo
equipo docente con outras de libre elección do alumnado, apoiando a
adquisición de estratexias de procura de información e de formulación de
preguntas.
h.Posibilite o acceso do alumnado a
múltiples materiais e fontes de información para que afonden, de xeito
autónomo, nos temas do seu interese, e que lle ensine a planificar o seu
traballo.
i.Impulse proxectos que potencien a
creatividade e induza situacións de aprendizaxe nas que o alumnado poida
enfrontarse a problemas aplicando orixinalidade, fluidez e flexibilidade, e
logrando múltiples solucións.
j.Reforce a creatividade, o pensamento
diverxente e a iniciativa emprendedora, valorando positivamente o seu esforzo
e recoñecéndoo expresamente.
k.Facilite experiencias que favorezan a
abordaxe de retos intelectuais complexos.
l.Promova a motivación intrínseca con
aprendizaxes prácticas, útiles, funcionais e con impacto real no seu
contorno.
m.Ofreza posibilidades de éxito ao alumnado
en base ao desenvolvemento das súas potencialidades.
|
|
METODOLOXÍA SEM
|
|
O enriquecemento curricular enténdese, na
actualidade, como unha das mellores formas para dar resposta ás necesidades
presentadas por todo o alumnado dentro dun marco inclusivo de diferenciación
curricular. O enriquecemento, en xeral, busca infundir experiencias e
actividades adaptadas ao nivel curricular, intereses, estilos e ritmos de
aprendizaxe do alumnado que profundicen no establecido no currículo
ordinario, facéndoo, deste xeito, máis atractivo e interesante para o
alumnado. Un dos modelos educativos de enriquecemento curricular que mellores
resultados académicos logra obter nas últimas décadas é o Modelo de Enriquecemento Escolar para
todo o alumnado ( Schoolwide Enrichment Model), de aquí en diante modelo SEM de
Joseph Renzulli e Sally Reis (Renzulli, 1977; Renzulli & Reis, 1985,
1997). Trátase dun plan organizativo de enriquecemento e intervención
educativa pensado, nun primeiro momento, para estudantes cun rendemento
superior ou avanzado pero que, hoxe en día, é de aplicación a todo o alumnado,
unha vez comprobadas as vantaxes e beneficios que reporta e oferta desde a
investigación e a propia praxe educativa.
|
|
OUTRAS METODOLOXÍAS
|
|
STEAM, STEM, ABP, A. BASADO EN RESOLUCIÓN DE
RETOS, PROBLEMAS,…
|
|
PRINCIPIOS e CARACTERÍSTICAS METODOLOXÍA SEM
|
|
Principios:
Os centros escolares deberían ser lugares
para que se desenvolva o talento.
•É preciso promover niveis de excelencia e
calidade que contribúan ás novas ideas, produtos e formas de arte.
•Toda a comunidade educativa xoga un papel
importante na mellora da sociedade.
•As persoas educadoras deben proporcionar
aos estudantes oportunidades, recursos e motivación para aspirar aos máis
elevados niveis de desenvolvemento do talento.
Características:
É un plan suficientemente flexible, que permite a cada centro educativo
desenvolver o seu propio programa baseado na poboación específica, nos
recursos locais e nas dinámicas de liderado do centro e as súas fortalezas.
•Pode ser aplicado a todas as áreas e materias contribuindo ao
desenvolvemento das competencias clave.
•Promove unha aprendizaxe de alta calidade, desafiante e atractiva en
todos os centros, independentemente da súa natureza, nivel e poboación.
•Non está destinado a substituír ou minimizar os servizos que xa existen
para conseguir maiores logros do alumnado. É fundamental que o profesorado se
forme nun coñecemento profundo sobre o enriquecemento e “infunda” prácticas
específicas para que a aprendizaxe sexa de alta calidade dentro do programa
do centro.
•Permite avaliar fortalezas, proporcionar oportunidades de
enriquecemento, favorecer unha aproximación curricular flexible e aproveitar
os recursos e servizos existentes.
•Persegue mellorar o desempeño de todo o alumnado en todas as áreas e
materias do currículo e mesturar actividades do currículo ordinario con
actividades de aprendizaxe enriquecidas.
•Promove o desenvolvemento das competencias profesionais docentes dos
centros escolares, unha profesionalización continua, reflexiva e orientada ao
crecemento profesional. Neste sentido perséguese a formación de profesionais
que orienten o axeitado desenvolvemento do currículo, a planificación e a
utilización de recursos.
•Favorece a creación de comunidades de aprendizaxe que sigan o código
ético e de respecto á diversidade cultural, intelectual e de xénero, que se
rexan por principios democráticos e de preservación dos recursos do planeta.
•Busca a cultura colaborativa entre os centros, o que deriva en maior
facilidade á hora de tomar decisións e de crear oportunidades.
|
|
MEDIDAS
ORDINARIAS
|
|
Adecuación
da estrutura organizativa do centro (horarios, agrupamentos, espazos) e da
organización e xestión da aula ás características do alumnado.
b.Adecuación das programacións didácticas ao
contorno e ao alumnado.
c.Metodoloxías
baseadas no traballo colaborativo en grupos heteroxéneos, titoría entre
iguais, aprendizaxe por proxectos e outras que promovan a inclusión.
d.Desdobramentos
de grupos.
e.Reforzo
educativo e apoio do profesorado con dispoñibilidade horaria
.f.Programas
de enriquecemento curricular.
g.Programas
de habilidades sociais.
|
|
MEDIDAS
EXTRAORDINARIAS
|
|
AC
Flexibilización
da duración do período de escolarización
|
|
AVALIACIÓN
DAS CCCC
|
|
Comunicación lingüística (CCL). O alumnado con alta capacidade
intelectual adoita ter un amplo vocabulario, unha grande capacidade de
argumentación e gusta de lecturas cun nivel de comprensión elevado.
Igualmente, teñen gran imaxinación e fantasía.
b.Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía
(CMCCT). O alumnado con alta capacidade intelectual goza resolvendo problemas
que lle supoña un desafío e acostuma a percibir rápido as relacións entre
feitos; é observador, orixinal e con predisposición a xerar diferentes
estruturas de pensamento; formula principios e xeneralizacións con
facilidade; aplica coñecementos dunha área ou materia a outra con moita
facilidade; gústalle inventar; etc.
c.Competencia dixital (CD). O alumnado con alta capacidade intelectual
adoita ter unha gran competencia nas tecnoloxías da información e da comunicación
(TIC), xa que, en moitos casos, usa as redes tecnolóxicas como fonte de
información para aprender temas que son do seu agrado.
d.Aprender a aprender (CAA). O alumnado con alta capacidade intelectual
adquire con facilidade conceptos novos e tenta dar sentido ás cousas, ademais
posúe unha gran curiosidade intelectual que debe ser satisfeita.
e.Competencias sociais e cívicas (CSC). O alumnado con alta capacidade
intelectual está moi preocupado polas desigualdades e as inxustizas, é
crítico co mundo e o contorno na que vive, gústalle explicar os seus
coñecementos a compañeiros e compañeiras, adoita preguntar e cuestionar as
verdades asentadas, é moi crítico e conta cun sentido do humor peculiar, que
pode non ser comprendido.
f.Sentido de iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE). O alumnado con
alta capacidade intelectual goza facendo as cousas de xeito innovador e teñe
iniciativa por aprender todo o que lle atrae.
g.Conciencia e expresións culturais (CCEC). O alumnado con alta
capacidade intelectual ten respecto polo patrimonio material e inmaterial e
goza con todas aquelas temáticas da súa preferencia.
|
|
INTERVENCIÓN
FAMILIAS
|
|
Observe o
desenvolvemento do seu fillo ou da súa filla, as súas manifestacións (FÍXARSE
NAS CARACTERÍSTICAS-INDICADORES) e, cando proceda, as rexistre.
b.Informe ao
profesorado titor das manifestacións e/ou dos comportamentos do seu fillo ou
da súa filla cando encaixan nos indicadores de altas capacidades
intelectuais.
c.Colabore
no proceso de avaliación psicopedagóxica.
d.Manteña
unha relación fluída co centro educativo, especialmente co profesorado titor
e coa xefatura do departamento de orientación, ofrecendo a súa axuda e
colaboración e trasladando a información relativa a calquera situación que
poida estar afectando ao seu desenvolvemento integral.
e.Sexa
informada polo equipo docente respecto dos estándares de aprendizaxe;
criterios de avaliación, cualificación, promoción e titulación, de ser o
caso, e das distintas medidas destinadas ao alumnado con necesidade
específica de apoio educativo. Na información sobre esas medidas poderá
colaborar a xefatura do departamento de orientación.
f.Colabore
no desenvolvemento académico, social e emocional do seu fillo ou da súa
filla, procurando que teña unha boa imaxe del mesmo e dela mesma, coidando as
mensaxes que, directa ou indirectamente, se lle transmiten e facilitándolle
experiencias gratificantes na procura de coidar a súa autoestima.
g.Promova o
desenvolvemento das potencialidades do seu fillo ou da súa filla, evitando un
excesivo nivel de esixencia e un desaxuste nas expectativas.
h.Responda
aos intereses do seu fillo ou da súa filla e ao seu afán de coñecemento,
favorecendo un ambiente variado en estímulos, consonte coas súas
potencialidades e cos intereses que amosa.
i.Evite todo
tipo de comparacións. Cada nena e cada neno é singular.
j.Fomente a
autonomía do fillo ou da filla, con orientacións claras sobre o xeito de
atopar respostas e solucións aos seus problemas sen temor ao fracaso.
k.Considere
a formación como unha vía para entender e atender mellor ao seu fillo ou a
súa filla: coñecer cales son as súas necesidades intelectuais, emocionais e
sociais; a importancia da colaboración coordinada co centro educativo; os
recursos existentes; etc, formación que pode realizarse a través da oferta da
administración, das entidades, das asociacións, etc.
l.Promova
valores de solidariedade, respecto, tolerancia, colaboración, etc; evitando,
de ser o caso, comparacións indebidas referidas ás capacidades do seu fillo
ou da súa filla. Cada neno e cada nena debe aprender a respectar e valorar as
demais persoas, do mesmo xeito ca estas deben respectalo ou respectala.
m.Favoreza o
desenvolvemento integral da súa filla ou do seu fillo, non centrándose
unicamente na parte cognitiva, tamén no ámbito socio-emocional, e
facilitándolle ferramentas e estratexias para xestionar a súa tolerancia á
frustración e os seus estados emocionais.
n.Valore o
esforzo e a constancia, recoñecendo o traballo ben feito aínda que non
perfecto, ensinándolle a aceptar os seus erros e aprender destes. É
importante fomentar hábitos de traballo e a implicación nas tarefas.
o.Colabore
co profesorado e co resto da comunidade educativa no proceso de inclusión,
especialmente nos procesos de cambio social cara ás altas capacidades
intelectuais, axudando a desterrar os mitos que están fortemente arraigados.
|