Ás vosas mans chega de novo o calendario competencial para Educación Infantil
É un calendario “COMPETENTE” para facer posible o
principio da EDUCACIÓN COMO TAREFA COMPARTIDA, EDUCACIÓN COMO COMPROMISO.
Non é novo que a educación
debe sustentarse en tres piares fundamentais: A FAMILIA, A ESCOLA e a SOCIEDADE.
Coas transformacións
sociais actuais urxe dotar ás familias de estratexias para o desenvolvemento de
competencias básicas na contorna social, cultural e familiar.
Deste xeito as familias
serán co-partícipes activas do proceso educativo
dos fillos e das fillas.
E o esforzo compartido
que se preconiza dende a LOE 2/2006 e a LOMCE 8/2013 será unha realidade
A finalidade será dinamizar
aprendizaxes básicas para a vida dende enfoques
competenciais.
Por outra parte, o medio social, natural, cultural é o mellor recurso curricular para aprender, para pensar, para pescudar, …
Dende hai uns anos resulta prescriptivo integrar no currículo COMPETENCIAS CLAVE para poder desenvolverse de forma eficaz, exitosa
na sociedade actual e futura.
O seu desenvolvemento debe
iniciarse dende o comezo da escolarización para que a súa adquisición se
realice de forma progresiva e coherente.
Serán o referente para a práctica educativa e o paradigma
educacional debe ser o de aprender a aprender e aprender
facendo.
No calendario aparecen propostas de
aprendizaxe colaborativo lecer con andainas, buscas do tesouro , de educación
ambiental con reciclado, consumo responsable de luz e auga,
suxerencias de lectura e cine,
pautas para o desenvolvemento exitoso da fala e da
linguaxe, a atención,
a percepción, educación para
a saúde con creación de menús saudables,
corresponsabilidade no fogar, valores, percepción e discriminación visual e auditiva,...
Dende o proceso de e-a poderase
contribuír a mellorar esta competencia sempre que se permita imaxinar,
emprender accións, desenvolver proxectos individuais ou colectivos con
creatividade, confianza e responsabilidade. O paradigma educacional sobre a forma de aprender e de ensinar non se
debe a acumulación de coñecementos,
senón o desenvolvemento das posibilidades que posúe calquera das nosas alumnas
e alumnos mediante fórmulas «de saber» e «de facer» contextualizadas á vida
cotiá.
O noso desexo é que este calendario
favoreza o desenvolvemento físico, afectivo,
social e intelectual de fillos e fillas, pais e
nais e demáis membros da familia dun xeito divertido, comprometido e en
familia.
A continuación tedes o enlace para poder descargar os meses de xaneiro e febreiro de 2018:
XANEIRO 18
XANEIRO 18 2º PARTE
FEBREIRO 18
FEBREIRO 18 2º PARTE