jueves, 1 de febrero de 2018

CALENDARIO COMPETENCIAL 2018 EDUCACIÓN PRIMARIA



Ás vosas mans chega de novo o calendario competencial para Educación Primaria

É un calendario “COMPETENTE” para facer posible o principio da EDUCACIÓN COMO TAREFA COMPARTIDA, EDUCACIÓN COMO COMPROMISO.

Non é novo que a educación debe sustentarse en tres piares fundamentais: A FAMILIA, A ESCOLA e a SOCIEDADE.

Coas transformacións sociais actuais urxe dotar ás familias de estratexias para o desenvolvemento de competencias básicas na contorna social, cultural e familiar.

Deste xeito as familias serán co-partícipes activas do proceso educativo dos fillos e das fillas.

E o esforzo compartido que se preconiza dende a LOE 2/2006 e a LOMCE 8/2013 será unha realidade

A finalidade será dinamizar aprendizaxes básicas para a vida dende enfoques competenciais.

Por outra parte, o medio social, natural, cultural é o mellor recurso curricular para aprender, para pensar, para pescudar, …

Dende hai uns anos resulta prescriptivo integrar no currículo COMPETENCIAS CLAVE para poder desenvolverse de forma eficaz, exitosa na sociedade actual e futura.


O seu desenvolvemento debe iniciarse dende o comezo da escolarización para que a súa adquisición se realice de forma progresiva  e coherente. Serán o referente para a práctica educativa e o paradigma educacional debe ser  o de aprender a aprender e aprender facendo.

No calendario aparecen propostas de aprendizaxe colaborativo  lecer con andainas, buscas do tesouro , de educación ambiental con reciclado, consumo responsable de luz e auga, suxerencias de lectura e cine, pautas para o desenvolvemento exitoso da fala e da linguaxe, a atención, a percepción, educación para a saúde  con creación de menús saudables, corresponsabilidade no fogar, valores, percepción e discriminación visual e auditiva,...
Dende o proceso de e-a poderase contribuír a mellorar esta competencia sempre que se permita imaxinar, emprender accións, desenvolver proxectos individuais ou colectivos con creatividade, confianza e responsabilidade. O paradigma educacional  sobre a forma de aprender e de ensinar non se debe  a acumulación de coñecementos, senón o desenvolvemento das posibilidades que posúe calquera das nosas alumnas e alumnos mediante fórmulas «de saber» e «de facer» contextualizadas á vida cotiá.

O noso desexo é que este calendario favoreza o desenvolvemento físico, afectivo, social e intelectual de fillos e fillas, pais e nais e demáis membros da familia dun xeito divertido, comprometido e en familia.




A continuación poderedes descargalos no seguinte enlace: