O mércores día 31 tivemos a primeira sesión da ESCOLA DE NAIS E PAIS a través das ondas da RADIO MUNICIPAL DE TUI.
Inaugurar esta nova andaina co catedrático MIGUEL ANGEL SANTOS GUERRA é un auténtico privilexio.
O profesor Santos Guerra é un referente nacional e internacional en temáticas diversas sobre o ámbito da educación.
Na temática de participación das familias nos centros educativos ten diferentes investigacións e publicacións.
A súa visión sobre a participación fai que teñamos que analizar o que pasa nos nosos centros con respecto á participación das familias pero tamén é necesario coñecer como debe ser esa participación.
Algunhas palabras que están detrás da participación son: confianza mutua, respecto mutuo, coñecemento mutuo,...
ENLACE
RESEÑA DA INTERVENCIÓN NA PRENSA