lunes, 29 de enero de 2018

ESCOLA DE NAIS E PAIS CURSO 17-18



Un ano máis queremos apostar pola formación das familias e, por suposto, do profesorado.

Este ano iniciamos unha travesía nova a través da Radio Municipal de Tui, os derradeiros mércores de cada mes, de 12:30 a 13:00 h.

Os derradeiros mércores de cada mes teremos faladoiros de educación denominados "PENSANDO NUNHA NOVA EDUCACIÓN".


Ao longo dos diferentes programas tentaremos, coas aportacións relevantes de diferentes persoas vinculadas á educación e de renome nacional e internacional, desentrañar enigmas, mitos e falacias da educación e ir artellando os PIARES DA NOVA ARQUITECTURA EDUCATIVA.

A primeira persoa que vai estar en antena é o Catedrático de Didáctica e Organización Escolar da Universidade de Málaga, MIGUEL ANGEL SANTOS GUERRA. Esta persoa é un referente en educación a nivel internacional e unha fonte de sabiduría educativa.

Este profesor impartiu Filosofía no Instituto de Tui e moitos de nós estamos vinculados á educación pola súa pegada pedagóxica.

Todas as persoas que o desexen poden deixar as súas preguntas no teléfono 664 061 200, e os invitados e invitadas resolverán as dúbidas ou facilitarán respostas ás inquedanzas.

O mércores día 31 de xaneiro as temáticas serán: 
AVALIACIÓN PARA APRENDER.
IMPORTANCIA DA PARTICIPACIÓN DAS FAMILIAS
NOS CENTROS EDUCATIVOS.