A integración das Competencias Clave no currículo fai necesario que artellemos recursos ou fórmulas metodolóxicas que posibliten unha NOVA ARQUITECTURA DA EDUCACIÓN.
Unha desas fórmulas é crear PAISAXES DE APRENDIZAXE que integren diferentes procesos cognitivos, diferentes modelos de pensamento e o desenvolvemento de diferentes intelixencias.
Estas paisaxes de aprendizaxes deséñanse a través de marcos visuais a modo de posters que permiten navegar clicando a outros marcos nos que aparece información con textos escritos, imaxes, vídeos, ... a información non é, polo tanto, lineal.
Cada secuencia de aprendizaxe ten diversas posibilidades: para pensar, para buscar información, para reflexionar, para contrastar,.... tendo diferentes graos de complexidade e dificultade e o alumnado non sempre seguirá a mesma ruta. Todos chegarán a unha meta pero por camiños diferentes. Favorece, desta maneira, que o alumnado sexa conductor das súas aprendizaxes, promove a capacidade de organización, permite o traballo cooperativo, dinamiza que poidan coñecer as súas debilidades e fortalezas para pòder xestionarse mellor (metacognición).

Esta proposta metodolóxica integra un EVA, entorno virtual de aprendizaxe ou o que é o mesmo un PLE (Personal Learning Environment). Traballando dende este prisma pon en acción a andamiaxe, o conlicto cognitivo e o modelado.
As secuencias que se establecen en cada marco visual levaranos a outros submarcos ou subpaisaxes que integran TAREFAS INTEGRADAS, RESOLUCIÓN DE SITUACIÓNS PROBLEMA, INDAGACIÓNS NO MEDIO, APRENDIZAXE SERVIZO...que se resolverán empregando a comparación entre diferentes informacións, realizando ou construindo unha roda lóxica, establecendo viaxes no tempo, análises asociativos, remuiño de ideas, CTF (considero todos os factores), burbullas de pensamento,... A información pódena atopar nun escritorio virtual coma SYMBALOO.
Estes entornos virtuais de aprendizaxe posibilitan transformar a información en coñecemento, posibilitan que as tecnoloxías sirvan para as aprendizaxes e o coñecemento (TAC).
A medida que van resolvendo, executando as propostas ou transformando a información en coñecemento as paisaxes transfórmanse coa acción do alumnado e darán lugar a novas paisaxes de aprendizaxes máis ricas, máis creativas, máis intuitivas, etc. ca proposta inicial.
Por outra parte, as paisaxes permiten realizar un DESEÑO UNIVERSAL DE APRENDIZAXES (DUA)que significa realizar o mesmo que no eido da arquitectura: ter en conta as necesidades dos usuarios a priori para que non se precisasen adaptacións posteriores. Asi, se nas paisaxes contemplamos diferentes propostas, diferentes secuencias con diversos graos de complexidade ou dificultade podemos integrar a un maior número de alumnado partindo que a diversidade é unha realidade non só escolar senón social. É deseñar e integrar un currículo que dé resposta á diversidade de capacidades, habilidades, intereses, motivacións ou ritmos e estilos de aprendizaxe. Deste xeito non homoxeneizaremos a heterexoxeneidade aceptando como natural o diferente que se logrará se reflexionamos sobre diferentes graos de logro, desempeño ou consecución dos ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE.
Deseñando propostas didácticas que teñan como referente a diversidade faremos posible unha educación máis INCLUSIVA.
Un alumno-alumna, polo tanto, cando observa a paisaxe de aprendizaxe proposta pode decidir clicar no Symbaloo e analizar a información de 2 textos ou recursos sobre o relevo de Galicia para despois crear unha infografía, un mapa cognitivo ou un cartel coa información obtida. Pola contra, outra alñumna-alumno decidirá visionar un documental que aparece no Symbaloo para máis tarde comparar esa información coa que aparece nun link que o leva a un texto ou á wikipedia. Con toda a información decide realizar coma producto un documental do relevo da súa zona xeográfica onde se plasman as características do relevo.
Os 2 alumnos-as chegaron a transformar a información en coñecemento poñendo en acción diferentes intelixencias (visual, lingÜística, plástica ou a creativa), ademáis taménse puxeron en acción os piares da educación do século XXI dos que falaba DELORS (1996):
-aprender a coñecer
-aprender a facer
-aprender a estar e convivir
-aprender a ser

EXEMPLOS:
Agora só vos queda deseñar fantásticas paisaxes de aprendizaxe.