Xuntos podemos! Xuntos rachamos cada día as barreiras polo autismo!
Se queremos colaborar e facer visible esta diversidade aí vai a proposta, unha proposta SOSTIBLE que se relaciona cos ODS:
Rachemos barreiras organizativas, curriculares, sociais, comunicativas, físicas, sensoriais, cognitivas e as barreiras emocionais.
Precisamos continuar avanzando cara a unha escola inclusiva, que integre a convicción de que todos e todas somos diferentes, diversos e podemos aprender cando se artellan oportunidades e condicións axeitadas preñadas de igualdade, empatía, solidariedade, respecto, compromiso, implicación,...
Todo o alumnado ten dereito a unha educación inclusiva, equitativa e de calidade que
promova as súas oportunidades de desenvolvemento persoal, social e laboral ao longo da vida.
Para poder facer frente a este desafío debe existir unha escola aberta, flexible e sen perxuicios,... unha escola onde sexa posible aprender a vivir e convivir coa igualdade de
oportunidades.
Deixemos que sexan, deixemos que estean, deixemos que convivan!