Un dos obxectivos ODS son Produción e Consumo Responsable:
- Calcula o que aforra unha familia se non paga nos establecementos as bolsas de plástico
- Dona a unha ong alimentos polo valor do aforrado na adquisición de bolsas de plástico
- Indaga sobre productos de limpeza biodegradables cambia productos biodegradables
- Busca onde existen países con crise alimentaria e localiza alimentos que non existan
- Realiza unha lista de productos de primeira necesidade
- Averigua de onde chega a froita que comemos e analiza a contaminación para transportala e chegar aos puntos de venda
- Averigua de onde chega a carne que comemos e analiza a contaminación para transportala e chegar aos puntos de venda
- Crea unha infografía ou cartel con alimentos de consumo diario moderados ou puntuais
- Realiza un listado de malas prácticas no teu fogar sobre alimentación, reciclado, consumo irresponsable de luz e auga
- Realiza unha gráfica pesando as sobras dos alimentos que se malgastan ao mes.
- cronometra o tempo de ducha e trata de buscar solucións para reducir o tempo ou o gasto de auga
- Realiza un vídeo con alimentos da zona tanto da terra como dos bosques ou ríos-mares
- Crea un decálogo de consumo responsable de auga e luz
- Indaga sobre a composición e elaboración do iogurt
- Indaga sobre a composición e elaboración do pan
- Entrevista a un gandeiro
- Entrevista a un agricultor
- Argumenta a importancia de profesións como gandeiro e agricultor
- Clasifica todos os días no teu fogar materia orgánica, vidro e plástico
- Recolle auga da chuvia para regar plantas
- Analiza e describe o consumo familiar
- Analiza o uso de papel, cartón e plástico no teu fogar e no colexio e realiza Propostas para reducir o seu consumo nun cartel-vídeo-infografía
- Indaga o consumo de enerxía eléctrica do fogar e realiza propostas para reducir o consumo
- Calcula a pegada ecolóxica da túa familia e do teu centro (consumo enerxía, auga, residuos, transporte)
- Usa recipientes reutilizables para levar o almorzo ao colexio
- Usa envases reutilizables para a auga
- Busca productos de temporada e fai un cartel para pegar na cociña
- Deseña unha horta sostible na tua contorna e/ou centro
- Organiza diferentes contenedores para a recollida selectiva de lixo
- Crea un decálogo de conductas de consumo sostible
- Realiza un listado de materiais non desechables que se poden usar no fogar e posible reutilización
- Realiza un listado de materiais desechables que se usan no fogar
- Anota o cumprimento do código de conducta de consumo sostible
- Realiza carteis para o centro que promova un consumo sostible
- Indaga sobre o custo social cando se realiza a lista da compra
- Indaga sobre o custo ambiental, social e económico dunha camiseta fabricada en España e en China, India ou Marrocos
- Busca e rexistra estratexias para reducir a cantidade de comida que se tira
- Deseña merendas e almorzos saudables
- Planifica a organización de separación de residuos no fogar
- Planifica a compra semanal sen usar envases ou bolsas desechables
- Calcula o gasto de auga e electricidade ao mes e busca estratexias para reducir o consumo
- Mide as emisións de gases de efecto invernadoiro
- Busca estratexias para a reducción de emisións de CO2
- Explica aos membros da familia a necesidade de non usar simultaneamante equipos que precisen gran cantidade de enerxía
- Busca medidas para a reducción de CO2 do transporte escolar
- Crea eslogan ou cuña para a reducción do consumo de enerxía
- Calcula e analiza o uso de carburante de toda a clase para ir ao colexio e extrae consecuencias
- Elabora un mural sobre o quentamento global
- Indaga sobre o efecto invernadoiro, as súas causas e consecuencias
- Indaga sobre o tipo de enerxias que se empregan no fogar e no centro
- Realiza unha lista de lugares da zona que vendan productos ecolóxicos
- Realiza un calendario mensual/infografía de alimentos de temporada
- Revisa os xogos e xoguetes e realiza unha selección dos que non empregues para donar a Ong, se están en bó estado
- Revisa prendas de vestir en desuso dos teus armarios para donar a ong, se están en bó estado
- Deseña cuñas para consumo responsable de papel