sábado, 11 de abril de 2020

ESCOLA DE NAIS E PAIS: A REALIDADE


Estes días de confinamento vai facer realidade que sexa necesario PENSAR E REPENSAR UNHA NOVA EDUCACIÓN.
A realidade actual fai que se teñan que reformular as sesións programadas.
Nestes momentos é importante reflexionar, formar e informar ás familias de como afrontar o fin de curso e o que está preocupando agora: AVALIACIÓN & CUALIFICACIÓNS 3º trimestre. As familias deberán ser as verdadeiras protagonistas nestes momentos e a súa voz debe ser escoitada.
En primer lugar haberá que coñecer e valorar o acontecido dende o 13
Trataremos de dar respostas a:
-O curso está "perdido"?
-Pódese recuperar o non aprendido?
-Débese valorar e cualificar o traballo realizado nos fogares?
-Debería existir o aprobado xeral?
-Cando se incorpore o alumnado deberase tentar aproveitar o tempo para aprender o que quedou?
-...
Neste tempo de confinamento tamén é tempo de aprender xuntos e xuntas!