Xa estamos en abril!
E seguimos apostando polas aprendizaxes funcionais para a vida e pola integración de OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE, ODS, na vida cotiá.
Ao mesmo tempo, ofertamos propostas de cine e de literatura para adultos e fillos-fillas.
E como cada mes visibilizamos unha MESTRA DE SEMPRE: CONSUELO MÉNDEZ ÁLVAREZ.
Algunha das actividades son:
Cear coa TV apagada e conversar sobre as accións que os seres humanos realizan influíndo no cambio climático, deseñar cronograma de tarefas corresponsables, pescudar sobre a rede hidrográfica galega, crear podcast sobre cine, literatura,...