Existen recursos e ferramentas metodolóxicas creativas e activas para organizar coñecementos. Estes recursos son os MAPAS MENTAIS, BURBULLAS DE COÑECEMENTO e OS MAPAS CONCEPTUAIS.
A aprendizaxe baseada en competencias caracterízase pola
súa transversalidade, o seu dinamismo e o seu carácter integral dende
diferentes áreas de coñecemento e tanto nos ámbitos formais coma nos non
formais e informais; o seu
dinamismo reflíctese en que as competencias non se adquiren nun determinado
momento e permanecen inalterables, senón que implican un proceso de desenvolvemento
mediante o cal os individuos van adquirindomaioresniveis de desempeño no seu
uso.
De igual maneira debemos ter como referente que
debemos desenvolver diferentes modelos de pensamento como o
reflexivo, analítico, lóxico, analóxico, crítico, deliberativo,
creativo, práctico, sistémico e que as nosas secuencias didácticas deberán
promover que o alumnado poña en funcionamento variados procesos cognitivos
que integran os dominios COÑECER, COMPRENDER, APLICAR, ANALIZAR, SINTETIZAR,
AVALIAR E CREAR,... (Taxonomía de BLOOM revisada por Anderson y Krathwohl
(2001).
O marco teórico anterior lévanos a buscar
estratexias e ferramentas ou recursos metodolóxicos para promover esas
aprendizaxes competenciais.
Amáis
favorece a adecuación da
resposta educativa ás diferentes características, potencialidades, ritmos e
estilos de aprendizaxe, motivacións e intereses e situacións sociais e
culturais de todo o alumnado pois o noso obxectivo educativo de conseguir
que todas as persoas acaden o máximo desenvolvemento persoal e social posible
require que se lles facilite unha educación adaptada ás súas singularidades,
que se lles garanta unha igualdade efectiva de oportunidades e que se lles
ofrezan os recursos necesarios, tanto ao alumnado que o precise como aos
centros en que se escolariza.
Existen diferentes tipos de mapas conceptuais e algúns deles son: os de araña, xerárquico, organigráma, sistémico, multidimensional,...
Por todo o anterior, o
deseño e creación de mapas mentais, de burbullas de coñecemento e de mapas
conceptuais desenvolven procesos
cognitivos como a asociación, a reflexión, a análise, a organización, a categorización, a
contrastación, a compilación, a
organización, o resumo, a planificación,...
Estes anteriores recursos metodolóxicos
dinamizan de organización e representación do coñecemento empregando gráficos e
esquemas.
Os mapas conceptuais foron
creados por NOVAK.Existen diferentes tipos de mapas conceptuais e algúns deles son: os de araña, xerárquico, organigráma, sistémico, multidimensional,...